Xa outros fixeron reseñas acertadísimas sobre esta magnífica exposición que podemos disfrutar na Casa das Artes en Vigo. O meu crítico particular lémbrame a extraordinaria pintora galega Maruja Mallo. Non está de máis aproveitar esta ocasión para amosar un pouco o orgullo de contar entre nós con mulleres artistas cunha obra excepcional que merece moito maior recoñecemento.
Gusto máis, moito máis, de Maruja Mallo ca da Lempiska. Pero non por afinidade xeográfica.
ResponderEliminarClaro amigo Arume, eu tamén, o post non era un desafogo nacionalista senón artístico.
ResponderEliminarEu perdinme a exposición (por despiste, encima!) e non sei se poderei ir. Para min andan aí-aí,pero se cadra eu quedo con Lempicka :) Non só por levar a contraria.
ResponderEliminarApertas!
A cual mejor..
ResponderEliminarAbrazo
A min gústanme as dúas pero penso que Maruja Mallo non está no lugar que debería (como outros moitos pintores galegos)e que xa é hora de remedialo.
ResponderEliminarconcordo con Mrs.Doyle, vai chegando o momento de lembrar a Maruja Mallo. Se cadra, até podiamos comezar a facelo nós mesmos no blogomillo. Por qué non?
ResponderEliminarEu tamén penso que Maruja Mallo é unha inmensa descoñecida, e con todo teño que dicir que nestes últimos anos spuiden admirar parte da súa obra en pequenas /medianas exposicións tanto en Vigo como en Compostela. Quedei namorada da súa pintura
ResponderEliminarNon fun a expo de Lempicka ainda, pero coñezo ben os seus cuadros expostos en varios museos de Europa. Segue parecéndome de volumes cortantes e duros...
Concordo totalmente co último comentario de Susana C. e engado: un pouco reaccionaria e cun toque kitsch. Pode que iso guste agora, tras pasar polo pop. No meu comentario á exposición, non quixen ser moi crítico, pero véxoa sobrevalorada. Coma o de Kahlo. As circunstancias vitais parecen prevalecer ás estéticas.
ResponderEliminar