Estou
vivo, iso podo decircho
con seguridade, porque sinto como
se me rompen articulacións e extremidades,
tamén esta sensación de vertixe, e unha moi leve
tamén esta sensación de vertixe, e unha moi leve
brisa que refresca un corpo queimado por esta febre,
penso que hai alguén aquí comigo, sinto por veces o bafo
penso que hai alguén aquí comigo, sinto por veces o bafo
dalgún doente, por veces, aínda que estou completamente durmido,
podo adiviñar un corpo a carón do meu corpo, mesmo semella que unhas
podo adiviñar un corpo a carón do meu corpo, mesmo semella que unhas
mans queren acariciarme e cando comezo a disfrutar desta brevísima felicidade
as feridas volven abrir e a carne racha con máis facilidade, ata que volvo quedar illado da existencia....
as feridas volven abrir e a carne racha con máis facilidade, ata que volvo quedar illado da existencia....
Pois eu ás veces non sei se estou morto ou só mal enterrado.
ResponderEliminarjajaja! que bo!
ResponderEliminarse queres, kedamos pra tomar unha copiña a tres metros baixo terra, e así resucitas un chiskiño
Yoli