A RUTINA DE PERALEJOS (III)
Unha das cousas máis incribles que ten a vida laboral de Peralejos é que a preguiza vaise acumulando, coa mesma facilidade que os hidratos de carbono se transforman en grasas, nunha especie de bonos, que segundo o número de calorías non consumidas poden clasificarse en trienios, quinquenios ou sexenios. Funciona de xeito semellante ao milagre do pan e os peixes, e un bo día aparéceche na nómina un concepto novo de retribución que fará do noso protagonista un dos traballadores máis fachendosos do lugar. A antigüidade ten para Peralejos tanto valor que é o único da especie animal racional ao que non lle importaría que o tempo pasase aínda máis rápido, con tal de ir acumulando bonus.
P.D. Peralejos ameaza con independizarse deste blog. Láiase de ser un incomprendido e me di que está facendo un curso onlain sobre blogs para montar o seu propio chiringuito. Que me vai pasar a factura do curso e que por suposto pensa facelo en horas de traballo. ¡que morro este tio!
"low cost". Pero de tódolos xeitos, mellor se pos "baixo custo" (ou coste, tampouco hai que ser máis torquemadistas que o Torquemada) e evita o anglicismo. Claro que os Peralejos falan inglix, así que se supón que é unha especie de estilo indirecto...
ResponderEliminarEn fin: low cost. QUé difícil é ser censor/corrector