Páginas

miércoles, noviembre 28, 2007

Pasatempo artístico...

Esta miña derradeira teima polos pasatempos artísticos ten moito que ver cun dos blós que máis me entretiñan e que adoitaba visitar a cotío. Gustábame ese convite á participación creativa, esoutro xeito de aprender navegando. A imaxe que vos amoso é unha pintura de Tansey. Esta obra foi empregada por un coñecido estudoso da arte para explicar a teoría do ollo inocente. Veña, a pensar un pouco entón, ¿quen era ese filósofo e de que teoría estamos a falar?

15 comentarios:

  1. Anónimo1:06 a. m.

    Sóame moi remotamente de ter lido nalgunha ocasión algunha cousa sobre o que di. Será Gombrich por casualidade?

    (Eu de arte teño moi pouca idea)

    ResponderEliminar
  2. Anónimo8:10 a. m.

    Madame Bande, encántame ver como recupera as propostas lúdico-didácticas que nos facía aló polo verán. Aproveito para dicirlle que non esquezo a cervexa que me debe (Orlan) e que algún día lle cobrarei.
    Supoño que neste caso (a dificultade é elevada, que conste en acta), refírese a Arthur Danto e ás súas disquisicións sobre a posibilidade/imposibilidade de 'saber' que unha obra é unha obra de arte se unicamente nos queremos valer da percepción sensorial (algo así era,e o pretexto as caixas Brillo de Warhol).

    ResponderEliminar
  3. Anónimo9:29 a. m.

    ¡Derradeira non, carallo! ¡Será a última, que esperamos que lle queden moitas!

    ResponderEliminar
  4. Ollo inocente... Sendo unha vaca ten explicación.

    Eu tería que dicir o mesmo que o apicultor, porque supoño que non sei de máis.

    Tio Pepín: para min que a Bande é boa pagadora, perda coidado que esa cervexa cae. E a súa argumentación, se non gaña o premio, élle interesante e cheira a acertada: hala, alá vou a apuntar no google: Arthur Danto

    Saúdos para os comentaristas (agás o torqui, que é un pesao, e bicos para a señora da casa)

    ResponderEliminar
  5. Arrediós, co comentario bonito que acababa de poñerme e vai e me sae non sei que demo de fallo no servidor: Gombrich e a retroalimentación da expresión. Ese é o conto: un non pinta (ou escribe, ou etcétera) o que ve senón que ve o que pinta.

    Contáballe antes con moito máis xeito que desta vez, seguro, que sobre Gombrich e as imaxes icónicas (creo que un dos seus libros se titula así) fixen eu un traballo na carreira (un, non máis) cunha compi que me facía tolón (como o chocallo da vaca), e, cando o estabamos expoñendo diante de toda a clase, certifiquei o meu fracaso (no traballo e no chocalleo) ó me decatar de que ela era a segunda ou terceira en abrir a boca de aburrimento. E o jodido era que a min o tema (do traballo, falo agora) gustábame. Hai que ser friki.

    Por certo. Se ten o libro "The Use of Images" no que o Ernestito defende esta teoría, xa mo vai prestando (se pode). E se o ten traducido, mellor.

    ¿Ven qué útil é o google? Claro que un encontra o que busca, e non busca o que encontra, suponse. Vou escribir unha teoría do ollo inocente aplicada ó Google.

    E xa lle deixo o bló para usté, vale, vale... Pero se gañei premio mo comunica, ¿eh?

    Bicos bicosos.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo1:46 p. m.

    Eh, oiga, R.R., que o primeiro que dixo o de Gombrich fun eu. Así que, de acertar, o premio é meu. Que vostede xa ten o seu. Non me sexa acaparador.

    ResponderEliminar
  7. É probable que non acerte, pero eu creo que detrás de todo esto escóndese Ortega y Gasset e a súa 'deshumanización del arte' ou, aínda mellor, 'La rebelión de las vacas'.
    Por se acaso, poñendo a venda antes da ferida, eu voto pola tese do tío Pepin, quen ó parecer xa lle tiña gañada unha cervexa a Ana neste tipo de probas.

    ResponderEliminar
  8. Anónimo5:31 p. m.

    Pois eu non teño ni idea, agora eso si a vaca está preñada, de cinco ou seis meses.

    ResponderEliminar
  9. Anónimo6:17 p. m.

    Certo é, señor apicultor. Pero o caso é que isto é como os concursos da tele e vaille dicir a señorita Bande: a resposta é incorrecta. E logo a min: E a vostede acabouselle o tempo a medio comentario. Creo que estamos perdidos (os dous) e a Señora da Casa non acaba de dicirnos a resposta correcta e completa.

    ResponderEliminar
  10. Anónimo6:21 p. m.

    O filósofo francés de orixe suízo Lavachequerie.

    ResponderEliminar
  11. Anónimo6:39 p. m.

    Pois pode ser Danto, de quen non lle lin nada sobre a súa teoría da arte, aínda que sei que a tal existe. Nada máis.

    Velaí unha tese de doutoramento sobre este particular: Teoría da arte en Danto. Léana e fáganme despois un resumo, que eu non teño tempo. Moitas grazas.

    ResponderEliminar
  12. SOLUCIÓN:
    Danto, Arthur C. "Más allá de la caja brillo.
    "A proba do ollo inocente é un irónico e inxeñoso cadro do artista estadounidense Mark Tansey. Con seriedade burlona, representa un experimento que podía ter existido. Levouse unha vaca a un museo de pintura no que vemos dúas obras identificables.O xato, obra de Paulus Potter en 1647, e un dos cadros de hacinas de heno pintados por Monet na derradeira década do século XIX. O cadro de Tansey, que semella pintado en 1910, data en realidade de 1981, de xeito que o tempo "da" execución e o tampo "na" execución someten ao ollo do espectador a unha proba na que queda maliciosamente ambiguo se o que constitúe a proba do ollo inocente é o cadro de Tansey ou o que representa.

    Parabéns tío Pepín, deu vostede coa resposta perfecta, acertou co nome do filósofo e coa teoría. Efectivamente Danto interesouse no tema de se as obras de arte o eran só polo que nos din os sentidos, neste caso o da vista. Concretamente interesoulle o tema da inocencia do ollo porque segundo él estamos moi condicionados culturalmente á hora de valorar algo como unha obra artística. O experimento consistía en determinar se a vaca (que se supón que non sabe nada de arte...) reaccionaba perante unha representación, neste caso sexual e alimenticia e de aí se sacarían as conclusións pertinentes.

    Vánselle acumular as cervexas, Pepín, vai ser mellor que comeze a dar conta delas, das multas por exceso de alcol no sangue non me fago cargo.

    Grazas a todos por participar e como vexo que vos gusta o xogo...mañán máis que agora marcho cear con dúas amigas estupendas.

    P.D. Son mala malísima pero o que máis me gustou do xogo foi que non acertase o apicultor, je...je..

    RR. Mañá voulle dedicar o día ás lecturas que me manda e llas devolvo co selo do Torquemada, pero o de verdade. Bicos.

    ResponderEliminar
  13. Meu deus...Api, estamos escribindo ao mesmo tempo pero o teu comentario entrou antes que o meu, asi que "todo mi gozo en un pozo", acertaches de pleno, veña pois outra xerra...agora sí voume.

    ResponderEliminar
  14. Co apoio do Apicultor ou sen el, penso presentar recurso a esta decisión arbitraria (que non arbitral): insisto en Gombrich e na retroalimentación da cousa esa que xa non me acordo. A expresión, iso.

    ResponderEliminar
  15. Joder, isto é como a administración, ¡arrehostia! Ós recursos non lle fan puto caso...

    ResponderEliminar

¿e ti que opinas de todo esto?