A derradeira vez que ofrecín un premio fixen un grande amigo, así que confiando en que se repita a experiencia e que está a caer a visita número 50.000 celebrareino de novo cun agasallo libresco ao comentarista máis xeitoso do post anterior. ¿o premio? Está claro.....
VERSIÓN EN CASTELÁN: La última vez que ofrecí un premio hice un gran amigo, así que confiando en que se repita la experiencia y que está a caer la visita número 50.000 lo celebraré de nuevo con un regalo libresco al comentarista más "xeitoso" del post anterior. ¿el premio? Está claro.....
VERSIÓN EN CASTELÁN: La última vez que ofrecí un premio hice un gran amigo, así que confiando en que se repita la experiencia y que está a caer la visita número 50.000 lo celebraré de nuevo con un regalo libresco al comentarista más "xeitoso" del post anterior. ¿el premio? Está claro.....
Preparo as opos de historia mentres reflexiono que tipo de historia queremos transmitir... e me dou un pouco de noxo!
ResponderEliminarDe verdade que a HISTORIA é isto? Despois de estudar cinco anos os estudos regrados e outros moitos os sen regrar négome a aceptar como verdadeira a "obxectividade" da Historia: As experiencias das persoas son únicamente nomeables se,dun xeito ou outro, saíron gañadoras, dá o mesmo o tipo de historia do que esteamos a falar (das ideas, social, económica, etc);O
sufrimento da xente so existe de xeito cuantitativo;As experiencias de mais da metade da poboación mundial están representadas nuns poucos nomes.A HISTORIA non chega a nomearnos en mais dun un por cento, cando non nos oculta deliberadamente.
Nunca me considerei historiadora, de feito non exerzo como tal, ao xeito tradicional .Pero non entendo o dilema dalgún comentarista.
As palabras de Galeano sempre me devolveron ao chan como lectora de historia. Xustiza POÉTICA? Chámao como quieras.
Anímome a escribir polo premio. A verdade é así materialista! Con todo, o premio só me anima a escribir.Sego ler a páxina con regularidade. Internet é a miña fiestra ao mundo porque dende hai unha semana teño a perna esquerda en standby (encontros nocturnos coas escadas da casa). Miro co olliños golosóns a carpa que colocaron no xardín do meu barrio para celebrar o Día das letras Galegas. Este párrafo o digo poñendo mirada de Gato con Botas, por ver se dando peniña agasállasme co libro. Quero ese exemplar e ilusióname que veña da túa man.Muases.
madi, e non é porque non haxa máis participantes, o premio está ben merecido. As túas reflexións son, dende logo, ben interesantes e falan dese outro xeito de ensinar moito máis humano que nos faga, ou mellor, nos devolva a sensibilidade, a capacidade de sentir compaixón cara o outro, e tamén nos faga cuestionarnos sobre a perda de tempo e de vidas que supón facer estatísticas sen pensar en derrubar os muros, as fronteiras que nos obrigar a matarnos ou a deixar morrer aos que teñen a mala sorte de atoparse no lugar equivocado, que podemos ser todos. Galeano é unha desas voces que te lembran que eres home/muller e que levas impreso no teu ADN unha tendencia a solidariedade, malia todo, moitos pensan que é a depredación e a deshumanización o que nos fará libres e felices, e mira ti onde estamos.
ResponderEliminarMadi, escribene un correo cos teus datos (ambb@uvigo.es) e o libro é teu.
Recupérate axiña desa doenza e sorte coas opos.
Prezada Ana! Grazas pola tua xenerosidade co libro e no teu comentario.Ti sempre tan querible!!
ResponderEliminarAs ganas e as ideas de ensinar historia para comprendermos xuntos o mundo no seu funcionamento están aí, aínda que non sei se o farei ben.
En canto ao premio, so teño mágoa por se a miña broma da chantaxe emocional privou a ésta páxina do rico debate que hai sempre. Pensei moito e creo que volvo á miña posición de raposiña mirona. Sei que aínda teño moito que aprender de vós.
Garda o libro por aí, ou non o merques aínda.Aínda non quero saír do escondrixo.
Muases.