Páginas

miércoles, noviembre 19, 2008

Allegro vivace

As verbas avantaban a máis velocidade da permitida e circulaban en paralelo polas ateigadas autoestradas de ata cinco vían polas que o arume adoitaba infiltrar a súa música de fondo. A nocturnalia completouse cando orillou o escatolóxico científico que onte tivo que ir un pouco máis a modo por mor da latitude. A treboada sigrid co seu vento do norte arrincaba follas e gargalladas que facían perigoso calquera intento de adiantamento. Aínda menos mal que a fortune nos trouxo á estilosa penélope glamour. Co seu écharpe ao vento fixo moito máis levadeira a carreira na que unha luna ¿despistada luna? non facia máis que deixar obxectos perdidos en cada curva. Algúns faltaron pero agardamos novas incorporacións. O que si quedou moi, moi claro, despois de escoitar á nosa enviada especial neoiorquina e que iremos a N.Y.C. e pernoctaremos no piso de Alex.

14 comentarios:

  1. Anónimo10:24 p. m.

    Non había outra foto na que eu tivera aínda máis cara de parva??? Cousas que quedaron no tinteiro: a vida sexual dos anxos escritores, a importancia do Facebook nas nosas vidas ou como argallar ben co bluetooth (Por certo á loiriña coa boina calada imóslle facer un recebemento curuñés comme il faut) Quérote dona Ana, coma sempre, esta blogueira de xoguete ós seus pés. E ó resto dos comensais, honradísima de ter compartido esta xornada con mentes tan preclaras. No meu caso non recibiu mal Polonia a esta turca ....

    Pero qué pinta de borracha teño na foto!!!!

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida a que estaba más desperta nese momento era a cadela.

    Menudos caretos!!!

    Foi unha boa trola

    ResponderEliminar
  3. Por certo, Sigrid esquenceu mencionar a bonita histria de amor que nos contaches.

    "O primeiro que vin ao chegar a Santiago foi..."

    ResponderEliminar
  4. Por deus santo, premede a foto para ampliar e desta vez convido a unha ronda completa ao que descubra onde se agocha o tesouro...seica iamos moi motivados logo da troula...non podo...non podo...coa risa, e desta vez o que menos importa son os ollos, os beizos e a ollada de vicio e calo que aínda me ides culpar de escurrir o bulto...rubéeeeeeeeeeeen!!!!

    ResponderEliminar
  5. Anónimo4:44 p. m.

    Cara de bébedos? non por deus, Sue Ellen. Cara de ledicia infinita!!!!!! Haberá que facer unha nova blogoquedada para falar de todos os (prometedores) temas que quedaron sen desnrolar :)
    ¡¡¡Cadea para a fotógrafa!!!!
    Bicos penetrantes.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo5:23 p. m.

    Ola Ana!
    Canto tempo sen te mirar... Espero que non pases outros trinta e cinco anos, como da outra vez.
    Vas ir ao homenaxe a don Marcos?
    Espero que nos vexamos.
    E constato con estupor que o doutor dos Piñeiros participa en outros contubernios! (y cómo se arrima el tío)
    jajajajajajajajajajaja
    Para que rías, Ana, un vencello a youtube, unha actuación musical máis ou menos da época en que ti e máis eu eramos a familia de Nazaré...
    XA SEI, PARECE IMPOSIBLE. É REAL

    ResponderEliminar
  7. Anónimo6:14 p. m.

    O comentario que non me atrevo a poñer no teu post:

    Nesa foto, a destacar, os ollos vidrosos e inxectados en alcol do can e
    máis o paquete inconmensurable (carga á esquerda, menos mal) do señor de
    gafas fashion e postura protomodelística; debera ser a comidilla do
    blogomillo.

    Sigrid: Pregunto, sen maldade, atendendo á súa descrición: ¿vostede é a
    da boina? ¿A miúda de bufanda gris? ¿A do abrigo marrón? ¿A fotógrafa?

    Moi bonita a foto: e vaia sexsymbol o individuo do cráneo rasurado. Cómo
    me pon...

    Miguel Carballeda (con enlace á páxina www.once.es)

    ResponderEliminar
  8. Julio,
    Pero Julio...¿existiu eso de verdade? xúrocho, eu non me enteraba de nada, case non lembro ver a TV naqueles anos, a min o que me ten abraiada e verte agora, estás feito o thriller da psicodelia
    :)
    O da cea aínda teño que solucionar problemas coa axenda da moza e regular o nivel de estrés, xa falamos.

    Contubernios todos,
    Certo, quedaron moitos paradigmas por refundar e desenrolar todos eses temas a fondo coa mesma gana de troula.

    ResponderEliminar
  9. Anónimo12:48 a. m.

    jajajajajaja
    Levamos trinta e cinco anos sen nos vermos. Ou sexa, que mudamos celularmente, completamente, cinco veces. Por iso que non te estrañe a mudanza: De San Xosé á psicodelia.
    Preguntoume hoxe a miña muller, Chus, lembras? se viñas á homenaxe a don Marcos.
    Anímate, Ana: Propóñote irmos ao parvulario do Couto, tirarmos unhas fotografías, enfiar cara aos viños, apañar unha media bimba, rematar a dita bimba na cea y aquí paz y después gloria.
    Beixos.
    {cumprimenta da miña parte a Aser}

    ResponderEliminar
  10. Buaaaaaaaaaaaaaaa Julio, a ese plan non podo dicir que non, vou ver se merco unha botelliña de jotabé e fago algunha falcatruada esta noito para turrar da manta. E xa postos (porque de eso vai a cousa ¿non si?) podíamos rematar aquel belén, eso si, sen violencia de ningún xénero que vas para a cadea.
    ¿como non vou lembrar a Chus? Dalle unha apertíiiiisima da miña parte.
    Ah!!! J.Keiht de la Medela de Todos los Santos, a dedicatoria da psicodelia foiche cousa do exmelenas, e aínda menos mal que se cortou un pouco, nin che conto o llutube que che tiña preparado, mándareicho polo privé.

    ResponderEliminar
  11. Anónimo3:32 p. m.

    Quérote, Ana!!!!!!!!!
    Propoño absenta antes de whisky José Benito.
    E dille ao ex-jedellas, porfa, que pendure aquí ese youtube.
    Non esquezas a fotografía no parvulario!!!!

    ResponderEliminar
  12. Anónimo10:47 p. m.

    Amiga Ana: sinto dicirche que, a estas alturas, xa hai cheo total para a cea homenaxe. Están xa 290 persoas apretadísimas nun lugar que dá para 260-270 xustas, non hai sitio para ninguén máis. De feito, ese plus de vinte-trinta débese a que se habilitou outro lugar aparte que está xa cuberto a día de hoxe, pero non hai espazo para máis xente. Xa se pechou a c/c. e xa non quedan tarxetas nos lugares onde se podían retirar. Moito me amolaría que viñeras a cousa feita e non puideses entrar. Se ves a outra cousa e, de paso, te achegas, miraríase a ver se por casualidade hai un oco, pero non hai nada seguro. Síntoo.

    ResponderEliminar
  13. Grazas polo aviso Api. Dádelle unha aperta fortísima da miña parte a Marcos ao que se cadra teño a fortuna de velo por aquí na charla sobre o blogomillo. Agardo para o seguinte contubernio, que se pode ser en Auria mellor que mellor.
    Julio, esa quedada para voltar ao parvulario queda pendente e tamén o da media bimba, eu tamén te quero, xa o sabes.

    ResponderEliminar

¿e ti que opinas de todo esto?