Os resultados da pasada xornada electoral xerarán unha enxurrada de discursos onde sesudos politólogos e analistas verquerán o xarope resultante da destilación/deconstrucción das causas do que nin os máis optimismas conservadores se atreveron a pensar. DoUs pasos atrás, imos facer as maletas, involucionismo, o de sempre....as eternas ladaíñas. Un final de liga no que ninguén cuestiona a saúde xeral dun corpo enfermo ao que se pensa curar coa simple expulsión do míster. A miseria da política, a mesma que fai fregar as mans das moscas alternativamente gañadoras é doada de analizar para os tamén altamente cualificados casemileuristas que non teñen tempo de ollar editoriais de marcas blancas. Votamos moitos e votamos maioritariamente pouca ideoloxía, segundo presumen algúns. Votamos involución seica porque preferimos males coñecidos, baltares de toda a vida cos que xa case almorzamos a gusto. Atopámonos cómodos nesta cinta de moebius na que nos saudamos centos de veces ao día. Para rachar coa complacencia de ser perdedores dun xogo archicoñecido non abonda con repintar o taboeiro ou repartir outra vez cartas. Teríades que ter a afouteza de rachar coa baralla amosando ben as súas marcas e reescribir en limpo as normas do xogo, pero sobre todo non descansar ata comprobar a súa asimilación por tódolos xogadores. Pero Eolo campou a gusto mudando a paixase e a banca deixou en pelota picada a todos os que apostaron un patacón de máis. Algunhas formigas precipitáronse máis as outras disimularon e seguiron avanzando cara a.... P.D. Como catarse para este día de paixón propoño reflexionar ao abeiro da proposta do señor das lándoas.
CLIC.
Isto pasa cunha aspirina?
ResponderEliminarjajajaja...non suroeste...esto non pasa nin co bálsamo de Fierabrás, nin coa apócema de Panoramix...esto é coma sarampelo ou as vexigas, hai que pasalo...
ResponderEliminar¡Oooleeeee! (me disimule el casticismo), ¡guapa!
ResponderEliminarAimirubenazo....quemeáresucitao!!!!!!! Iujuuuuuuuuuuuuuu!!!! Vouuuuu!!!!
ResponderEliminar