Páginas

miércoles, abril 29, 2009

Espertares...




É un auténtico e delicioso roubado con zoom completamente ilegal este que comparto con vós. Delicioso espertar dunha longa sesta reparadora onde os haxa. Pouco me faltou para aplaudir a estes dous dende o meu balcón, a lavadora pode agardar, eternamente, mentres na rúa se detecten estas fermosísimas expresións de xenerosidade. Preguntémonos alomenos se non deberiamos avaliar ese exceso de corrección e autocensura que practicamos ata en soños, e agora vou vixiar que non pase ningún tribuno da plebe que os amole...

4 comentarios:

  1. Se esto segue así, Citroën sur Mer vai parecer París, con todas as parellas besándose sen recato...
    Que arda París!

    ResponderEliminar
  2. Ahhh!
    Que sorte, que sorte ti por mirar e eles por estaren!

    Imaxinas que deshinibiran e fixeran o acto aí, diante de ti, diante de nós? Non falo de porno, non oh! Agarimosos e apixoados.

    ResponderEliminar
  3. La de la foto12:01 p. m.

    ¡Me pillaste con el otro! ¡Espero que no se entere mi compañera! ¡¡Malditas blogocronistas sentimentales!!

    ResponderEliminar
  4. cãosemdono5:30 p. m.

    Confesa! Voyeurismo ou envexa? (eu respostaría: ambaslasdois!)

    Bicos, apertas et lambetadas!

    ResponderEliminar

¿e ti que opinas de todo esto?