Durmiches completamente vestida e con esa maldita canción petando contra as túas tempas e érgueste tan de socato que me asusto. Vés onda min cunha ollada nova, que non coñezo, pero que temía dende hai tempo, e co puño da túa enrugada camisa límpasme a cara para borrar as pegadas das despedidas dos derradeiros días. Malia todo este carmín con que me enzoufas intúo perfectamente a decidida violencia dos teus movementos, mais apenas te recoñezo xa, sobre todo eses novos afeites que me fan trousar, e esas roupas que recuperas dun armario que tiñas agochado baixo unas preciosas sedas de Benarés. Vés cara min, agardo que me limpes a cara, que me deixes verte. Teño a esperanza de que este sexa o meu pesadelo, o eterno retorno dos centos de imaxes que tiven que soportar cicais noutros tempos. ¿onde estás M.? ¿quen remexe nas nosas cousas e guinda ao lixo os teus discos? ¿por que cheiras a visitas? O eco dun colgadoiro baleiro e certo arrecendo que gardei da tua suavísima pel enchen a oscuridade tras o fecho co que te despides....
buf! vas ter que superar unha proba se queres mais, de momento,quero as túas impresións sobre S., e sobre todo un fío do que turrar para saír da situación en que quedou logo de S.IV...
Gracias por la visita.
ResponderEliminarY, siempre, es un placer visitarte.
Grazas Raquel, vou agora mesmo discutir ese post sobre a exposición do Marco, non concordo en absoluto! ¡¡¡muac!!!
ResponderEliminar¡¡¡anónimoooooo!!!! ¿onde andas????
ResponderEliminarAndo eiquiiiiiiiiiiiiiiiiii, sigue, sigue, que non para a música Para S!
ResponderEliminarbuf! vas ter que superar unha proba se queres mais, de momento,quero as túas impresións sobre S., e sobre todo un fío do que turrar para saír da situación en que quedou logo de S.IV...
ResponderEliminar