Páginas

miércoles, agosto 19, 2009

[et al.]

promiscuo, como le Déjeneur sur l´herbe
desbocado e transgresor, coma o código de Hammurabi,
irreflexivo, coma o que gravaba nas trabes do seu castelo "¿que sais-je?"
utópico, coma a omnipresencia do deus,
irregular, como a circulación sanguínea,
egoísta, como unha arroiada tropical,
tan oscuro coma os versos do amor oscuro,
indecente, coma o imperativo categórico,
inseguro, como a segunda lei da termodinámica,
e perverso, como Sherezade,
ofensivo, coma o aloumiño do sol no corpo maltratado de unha muller,
desacougante, como a gymnopedie nº 1 de Eric Satie,
tan falso como a verdade que di o poeta,
pecaminoso, iso si, coma todolos santos e mártires,
perigosísimo, como os Cronopios e frío como o gálata moribundo,
incorrecto e desleixado, coma o soneto 88 de Shakespeare,
ofensivo, como o epigrama de Marcial,
e falso, coma o aleph e o zahir, tolo, enaxenado, desordenado, efémero, envelenado....

3 comentarios:

  1. Gústame moito Ana, soas nova e profunda e, ao tempo, fíos de escuma batentes sobre unha rocha de palabras
    despréndense dos teus versos.

    ResponderEliminar
  2. buahhhhhhh...¡que bonitoooooo!!! grazas neno, que ben que sabes!!!

    ResponderEliminar
  3. cãosemdono9:30 p. m.

    Inseguro como a segunda lei da termodinámica?? Pero bueno!! Realmente non se me ocurre mellor exemplo de inexorabilidade que ese!

    ResponderEliminar

¿e ti que opinas de todo esto?