Páginas

domingo, noviembre 15, 2009

Pasatempo artístico de temporada.


Celebro a actualización de pasatempos vangardistas coa miña particular proposta.O caso é que o autor desta composición retoume hai un tempo a descubrir algunhas das referencias que me sinala. Para contentar ao artista teño que adiviñar polo menos cinco artistas pero eu só vexo por aí agochado a Munch e O Bosco. A ver oh....un pouco de axuda, amigos!

8 comentarios:

  1. O debuxo de abaixo á esquerda podería ser o perfil de Gala durminte no cadro de Dalí "Sueño causado por el vuelo de una abeja alrededor de una granada un segundo antes de despertar" (1944).
    Deixo o enlace:
    http://personal.telefonica.terra.es/web/jack/dali/sueno.htm

    ResponderEliminar
  2. á dereita, no centro máis ou menos, parece unha señora sentada que ten moita pinta de ser Whistler's Mother (Arrangement in Gray and Black) [http://en.wikipedia.org/wiki/Whistler%27s_Mother]
    E o d'ao lado podería ser unha menina?
    Non o vexo moi claro, pero ollo, que me tiveches media hora aquí apampando para atopar máis!
    bicos!

    ResponderEliminar
  3. pois non amigxs, o artista dime que non...a seguir...

    ResponderEliminar
  4. Anónimo11:13 p. m.

    eu vexo a picasso no gernika (cabeza marrón), algunha cousa das anatomías de leonardo (figura de abaixo á dereita) e os peitos en amarelo pode ser modigliani??

    ResponderEliminar
  5. Rue Valette8:00 a. m.

    Por dicir algo, por non quedar calado e, talvez o máis importante, porque me fastidia non ter a solución! A min paréceme ver a Goya e os seus grabados e, aínda máis, os debuxos de Castelao no seu Diario 1921.
    Esta vez non vou poder reclamarlle cervexa no Hipólito (aínda me debe unha, pero secadra xa caducou o prazo).

    ResponderEliminar
  6. Anónimo, nin guernika, ni leonardo ni modigliani, pero xa se sabe que en arte as interpretacións son libres...
    Rúa Valette, fenomenal, vou agora ao Hipolito a saldar contas, podes ir por alí cando queiras, so tes que dicir que es amigo meu...ei...que ben quedei joé! bicazo!

    ResponderEliminar
  7. Ana, un día destes armo unha e obrígoche a pagar as que debes. De la Rúe, non as dea por perdidas tan doadamente, home, que a esta hai que poñela a andar.

    ResponderEliminar
  8. Bronca inmerecida, dama do vento!

    ResponderEliminar

¿e ti que opinas de todo esto?