e para comisións adhoc, e para xs que cantaron para facer currículum, e para xs que preguntan o que non saben, e para xs que teñen carné de tribuno vitalicio, e para xs que adoran a nosa señora da calidade e non saben facer unha o cun canuto, para xs fichas que só fichan no bar onde soan o nariz coa mordida de novos convenios, para xs que se autocompulsan e autororrixen, para xs que elixen aos que xs teñen que elixir perpetuando un cursus honorum de seu e de noso que celebramos na praza publica ao son de cincocentas gaitas, mentres os bos e xenerosos marchan un a un en vos de baixo custo para volver só polo nadal, para xs que non precisan saber cantonés, e para os que teñen a sorte de ter por pariente aos curacas da deputación ourensá, en fin, para todos os baltares e vilas e carides e betanzos e garcías e formosos...[et.al.]
Grazas A., para ti unha lembranza do xenio
...este vals con la boca cerrada...
...porque te quiero te quiero amor mio...
gracias por existir E.M.
Juas, juas, juas!
ResponderEliminarAi miña raíña roubáchesme o pensamento, pero o escribiches mellor e logo falan da limpeza das oposicións.
ResponderEliminaré moi curioso observar que os aludidos nunca se dan por aludidos, é unha confirmación da rigorosa naturalidade coa que as falcatruadas fan ao monxe...e tamén ver arporizarse aos que non teñen vela nin enterro nin asunto...cousas, anita!
ResponderEliminar