Páginas

martes, abril 05, 2011

Santuario, Edith Warthon

O primeiro que me pregunto sempre que descubro un texto feminino desta exquisita factura é como foi posible que autoras da calidade de Edith Wharton sexan aínda hoxe tesouros por descubrir para o grande público. Seica Santuario é un texto menor desta autora. Sendo un relato dunha perfección e beleza sublimes celebro poder adiar momentos de lectura apaixoantes coa Casa da Alegría, Ethan Frome ou A Idade da Inocencia. O pracer acádase cando se dispón da vontade e posibilidade de retardalo. Coma cando nenos deixábamos o máis rico da comida para o final. Santuario é unha novela curta, 168 páxinas, nas que a autora somete á lingua a durísima proba de ser quen de describir as sensacións máis sutís e imperceptibles que pasan pola cabeza de Kate Orme/Kate Peyton. Non hai unha frase improvisada. Cada verba e cada lugar que ocupa está milimétricamente pensada para erguer un relato que podería construirse coas cores mesturadas na paleta dun paisaxista que coñecera todos os matices cos que a néboa debuxa a campiña inglesa. A excelencia do traballo seguro que ten moitísimo que ver coa tradución de Pilar Adón e dende logo coa riqueza dun prólogo tamén exquisito da tamén escritora Marta Sanz. Os libros de Impedimenta son de colección, cada exemplar que cae nas miñas mans corre o risco de non voltar aos anaqueis da biblioteca de ricos que son.

2 comentarios:

  1. Totalmente dacordo.Edith Warton e Wilie Collins son dous dos deuses do meu altar. Recoméndolle, tamén nesa marabillosa editorial dúas cousas moi diferentes, pero, coma di vostede, de exquisita e impecable factura:
    1) Diccionario de literatura para snobs
    2) Las señoritas de escasos medios de Muriel Spark

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

¿e ti que opinas de todo esto?