tag:blogger.com,1999:blog-27995621.post540264809883938851..comments2024-03-26T07:23:35.624+01:00Comments on Blog de Ana B. Bande: El mapa y el territorio, Michel HouellebecqAna Bandehttp://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comBlogger9125tag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-56990176577604292272011-10-22T21:06:26.125+02:002011-10-22T21:06:26.125+02:00que razón tes! son tan humilde que podo asimilar g...que razón tes! son tan humilde que podo asimilar gabanzas dese calibre sen que iso me leve a pavonearme (weno, só un chisco, pero por mor do meu apelido :)
Á próxima invito eu fixo :Dcrispavonhttps://www.blogger.com/profile/07425403916674946280noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-76476124010090917852011-10-21T15:23:17.454+02:002011-10-21T15:23:17.454+02:00Cris Pavón, a humildade dende logo faivos máis gra...Cris Pavón, a humildade dende logo faivos máis grandes ás novelistas (e digo novelistas no sentido que fala Zweig), ti, que tes unha obra inconmensurable e por iso mesmo -agardo que por pouco tempo- inédita (vergonza para os nosos editores) falas de analfabetismo? ¿ti que andas na procura dos segredos que agochan as sinapses e as forzas misteriosas da creación? escribe, escribe e sigue escribindo fai o favor e que che traduzan ao inglés, seguro no na outra beira entenden algo de literatura e veñen por ti, amén!Ana Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-77845430217537256332011-10-20T23:25:31.871+02:002011-10-20T23:25:31.871+02:00Ana, I love you (e iste tampouco o lin, deus, en ...Ana, I love you (e iste tampouco o lin, deus, en que analfabeta estoume convertindo?) Tempo que me aforras, darling. Pero si lin Residuos, de Tom McCarthy, eicho pasar, gustoume un montón, e xa que logo merquei C, do mesmo, pero en inglés, na web da FNAC, seguro que sen lentes estaba, e tamén pódocho pasar porque seguro que non o vou ler nesa lingua. Galaxia traduciuno xa. Que modernos de la hostia son. bkñscrispavonhttps://www.blogger.com/profile/07425403916674946280noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-62868640905823564462011-10-18T20:00:38.636+02:002011-10-18T20:00:38.636+02:00Suxiro incorporar un novo artículo ó código penal ...Suxiro incorporar un novo artículo ó código penal vixente:

Artigo 25.366 bis: Será reo de lesa majestad y privado de alimento literario durante un período de 1000 a 2000 años el que de forma verbal y recurrente profiriere, verbalmente o por escrito, alguna de las siguientes expresiones: "autor/novela de culto", "obra imprescindible", "escena impagable", "microcosmos" o "antihéroe".

La pena a imponer lo será en su grado máximo si se refiere especial pero no únicamente a cualquiera de los autores mentados en los comentarios que anteceden.cãosemdononoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-51439608288639724822011-10-18T16:21:57.453+02:002011-10-18T16:21:57.453+02:00Sí, é certo iso da loita permanente do lector pola...Sí, é certo iso da loita permanente do lector pola constitución do seu propio canon. Forma parte das eleccións que cada día facemos, ou mellor dito, dos abandonos, coma di o detective. Porque o mundo está ahí como un encantador supermercado (non sei se ao modo Houellebecq, non lle lin ese panfleto) do que temos que ir cada día descartando ideas, productos, persoas, vicios, virtudes, e como non, libros, que son unha especie de síntese de todo o anterior. Os "demasiados libros" fan pouco doado este expurgo (horrible palabro onde as haxa) tan necesario como esgotador, pero cando se atopan textos coma os de Zweig, e perdonen a insistencia, esquécense rápidamente todos eses esforzos e sabemos que podemos tirar dun fío que nos asegura un período de lectura e lecer plenamente satisfactorio. Os escritores que pagan a pena, son os que non fan/fixeron profesión da súa arte e certamente hai cada vez menos, por non dicir cero coma cero cero cero un nos andeis das nosas librarías. Auster, é certo, tiña que ter parado logo da Triloxía pero sendo un profesional da escrita....e co resto pasa o mesmo, Murakami soa xa a marca, dame a impresión de que escriben para plantexar debates sobre a súa obra e non para deleite estético nin intelectual dos lectores.Ana Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-27519295589545760932011-10-17T11:02:26.397+02:002011-10-17T11:02:26.397+02:00Eu creo que en cada leitor/a desenvólvese unha loi...Eu creo que en cada leitor/a desenvólvese unha loita permanente pola constitución ou estabelecimento do seu propio canon, por aqueles autores e libros que fundamentan a sua biblioteca de imprescindíbeis. Por falar de autores vivos, eu hai unha presada deles que deixaron de interesarme especialmente despois das primeiras leituras. Un deles, como non, é Houellebecq. Se non lembro mal, lin en primeiro lugar AS PARTÍCULAS ELEMENTAIS, que non acabou de convencerme, como xa dixen. Probei logo con AMPLIACIÓN DO CAMPO DE BATALLA, que me pareceu mellor que o das partículas, aínda que na mesma liña, e aos que se lle podía aplicar o teu comentario tan brillante e certeiro sobre O MAPA E O TERRITORIO. E aí quedei, sen interese polas publicacións posteriores. E iso que este último púdeno comprar onte a metade de prezo. Pero non, teño a sensación que o que vou atopar no novo mapa e territorio é unha "ampliación" do seu campo de batalla literario e ideolóxico. Outros dous autores cos que me pasou algo parecido son Paul Auster e Haruki Murakami. De Paul Auster xa non sei en cual quedei, se en A NOITE DO ORÁCULO ou en VIAXES POLO SCRIPTORIUM. Aínda que con A TRILOXÍA DE NOVA YORK pode que xa bastara para coñecer o mapa e o territorio austerianos. Así e todo, é un autor ao que lle teño un certo cariño e non descarto seguir adentrándome na sua leitura. De Murakami lin tres e creo que xa quedei farto, aínda que tampouco descarto ler KAFKA NA PRAIA, que alguén me dixo que era o mellor. Non sei, non sei, despois de TOKYO BLUES... Un amigo anda nas últimas páxinas de 1Q84 e, bueno, que ten a sua intriga, que se le mui ben e sas cousas que xa sabemos. En contra (dito cariñosamente) destes tres, citarei outrs tres autores vivos que lle están gañando a partida e que queren facerse un sitio na miña biblioteca persoal. O outro día estiven na FNAC e non deixei de visitalos. Tratase de Coetzee, C. McCarthy e Philip Roth. Pero iso xa é outra historia, que é a mesma historia.detective crepuscularnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-71258546715207031482011-10-14T21:24:03.317+02:002011-10-14T21:24:03.317+02:00Bueno... en Francia houbo xente que si que sabia p...Bueno... en Francia houbo xente que si que sabia provocar. Por exemplo a Serge gainsbour si que lle gustaba moito chocar a xente, como aquel dia que queimou un billete de 500 francos para protestar contra os impostos... Por certo, téñoche que aconsellar un libro xenial "Exercicios de estilo" de Raymond Queneau. Esta en galego e tédelo na biblio. Lichelo algunha vez? A min nunca me coincidira e lin un cacho nunha clase, e encantoume, téñoo que ler enteiro. Bico!Flohttps://www.blogger.com/profile/05626554929885759697noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-23303837448102234942011-10-14T15:45:02.259+02:002011-10-14T15:45:02.259+02:00Non podo soportar aos infantes terribles e Houelle...Non podo soportar aos infantes terribles e Houellebecq, aínda por riba, paréceme un infante terriblemente rancio (ideoloxica e literariamente).SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-21065911504037164702011-10-14T09:21:45.378+02:002011-10-14T09:21:45.378+02:00Saiuche perfeito, Ana. Mellor non se pode dicer. L...Saiuche perfeito, Ana. Mellor non se pode dicer. Levaba tempo desexando ler algo así sobre Houellebecq. Xa era hora que alguén dixese tan ben dito o que algúns pensamos. Lembro aqueles tempos de Vieiros ou Arroutadas que saira o asunto deste escritor de apelido impronunciábel e eu dixera sen tanto fundamento como o dis ti, Ana, que AS PARTÍCULAS ELEMENTAIS era unha sublime e engolada tontería, cuxo onanismo presuntamente provocador non provocaba nen a un neno de 5 anos. Pero bueno, é un autor de culto e iso é o que conta. Noraboa polo comentario.detective crepuscularnoreply@blogger.com