Páginas

domingo, abril 29, 2007

Nosa Señora da Ascención....a motor

Velaquí o resultado da fusión do sagrado e o profano, a ciencia e a fe, o espiritual mundo das ideas e o prosaico da tecnoloxía fundidos nunha obra de imaxinería cando menos...curiosa...as vilas e rúas portuguesas sempre nos sorprenden. A foto fíxena onte nunha capela financiada polos motoristas portugueses que se atopa na Montaña da Penha.
Guimaraes, guimaraesturismo

6 comentarios:

  1. Anónimo8:41 p. m.

    Coincencia tal vez buscada entre o chocho e a montaña pois ambos elementos corren fiados pola presenza da santa Catalina. Pero agora xa se elevou o listón.Teño visto moita iconografía, e non deixa de sorprenderme a capacidade de inventiva ou de reinterpretación do concilio trentino,dos menestrais da igrexa e sobre todo do propio pobo.O da Santa Liberata xa o tiña asimilado pero esta modernidade.... creame certas inquedanzas pois se a Virxe non subiu os ceos por abducción sacra senón por tracción mecánico en forma de hélice - eso sí asida a un eixe de cruz grega- non quero pensar as ocurrencias escultóricas que nos pode deparar o tema da Anunciación,a Natividade, ou as multiples aparicións ca Nai de Cristo poda facer nun futuro.

    ResponderEliminar
  2. É a virxe de Loreto que se transportou polos aires. É a patrona da Aviación. Daí a Hélice.

    ResponderEliminar
  3. O chocho da Santa Catarina e agora esto. Como se entere Rouco Varela!

    ResponderEliminar
  4. coido que seré eu a responsable, pero case todo o simbolismo da igrexa semellame extremadamente ridículo. Nin falar desta virxe-cóptero!

    ResponderEliminar
  5. Velaí unha reppresentación gráfica impagable das teorías concordacionistas... uf!, que cousas!

    ResponderEliminar

¿e ti que opinas de todo esto?