Páginas

miércoles, mayo 21, 2008

Catarse

Non está pasando / ¿afacers a esto? / o que non vemos non existe / o que vemos TAMPOUCO / as verbas non serven / NIN AS ARMAS / nin a filosofía / nin a DEMOCRACIA / ¿e pódese escribir poesía logo disto? / non son desastres nada naturais / hay moitos culpables / impotencia / ¿chorar? / din que esta xente sempre ten un sorriso no rostro / que terían pensado facer ao día seguinte, ou cando maiores / ¿non é a mesma foto que viña no mesmo xornal cando o tsunami? /"non, o que ocorre é que o mar traballa do mesmo xeito" / ... / ... / ... / ...
(son as primeiras reflexións que fago ante as fotos do horror...bueno, tamén dixen polo baixo ¡puto mundo!...sinto a crudeza de hoxe pero precisaba algo de catarse -imposible cando o que se mira é a realidade- se pode ser colectiva, mellor)

5 comentarios:

  1. e ¡¡viva a hipocresía do Banco Mundial!! como estes países non lle paga a deuda externa entón non lles envía diñeiro. Estou contigo ¡¡PUTO MUNDO!!

    ResponderEliminar
  2. Banco Mundial, FMI, Nacións Unidas...están perfectamente documentados os seus crimes contra a humanidade ¿pero que se pode facer cando os seus dirixentes son os descendentes dos Chicago Boys que son o modelo das mafias no poder?

    ResponderEliminar
  3. Anónimo9:53 p. m.

    Tardei un pouco en ver que se trtaba...se seres humans!!!! con vidas, soños, plans, odios, amores. E para nos, unha foto máis do horror. Qué noxo me da este puto mundo.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo10:32 p. m.

    Será difícil, incluso, saber o número de "vidas, soños,plans,odios,amores". Non interesan; sen petróleo, sen turismo, sen nada interesante para o noso puto cuíño occidental.
    Ademais, non notades que dende que está o terremoto de China, coa que evidentemente nos unen moitos mais intereses (económicos?) case xa non se fala de Myanmar?

    ResponderEliminar
  5. Claro que o notamos, é que os pobres teñen ata a mala sorte de sincronizarse nas desgracias. Uns desastres eclipsan a outros. E os periodistas seguen a traballar con esa odiosa máxima de "non deixes que a realidade che estrague un titular", pois eso veño de comprobalo agora mesmo. A noticia da TV1 era "a nosa web foi a primeira en anunciar a detención do etarra..bla...bla...bla..", o que importa e a puta web, por detrás quedas os etarras, e máis atras os feridos e os mortos destes sinistros e anacrónicos personaxes. En fin, que menos mal que temos xente con cámaras dixitais e blós polo amplo mundo para que os que queiramos vexamos o que pasa. Ademáis é curioso o mal visto que está esto de ser conscientes da morte, do sufrimento e da compasión...e máis curioso é todavía que sexamos os ateos máis recalcitrantes os que amosemos un pouco de humanidade. ¿onde están as declaracións da igrexa condeando a Berlusconi e adláteres, aos dictadores birmanos que non nos deixan saltar un puto muro para axudar a esta xente? Non, se aínda lle temos que pedir perdón ao do botox por non estar de acordo coa súa mafia! ¿pero a que representas os dirixentes dos nosos Estados? E digo eu...¿por que non se globaliza tamén a política e deixamos de matarnos por estar máis alá ou máis acá dunha raia? Porque tódolos mortos son polo mesmo, por estar dun lado ou do outro.

    ResponderEliminar

¿e ti que opinas de todo esto?