Páginas

sábado, febrero 13, 2010

Malgré tout.

Malia todo, encántame ser muller, só dende este outeiro espido e exposto a climatoloxía máis rigorosa se pode disfrutar a gusto a ridícula propensión de tantos homínidos hiperevolucionados a ollarnos dende a atrofia conxénita e deliberada do seu ollo reptiliano. Dende este outeiro gozamos, algunhas ilusas, dos aloumiños dos escasísimos machos que aínda son quen de camiñar erguidos malia a gravidade animal dun pene que ameaza con turrar deles ata o centro da terra. E dende aquí, ademáis, non se escoitan as deposicións dos retrofalantes que seguen tremendo diante do feminino, bueno, do feminino e do singular, que xénero e número aquí teñen moito que ver, o que queira entender que entenda, e o que non que se achegue a un outeiro.

Pegada da foto: Elaboración propia nun fermosísimo recuncho da ría viguesa.

4 comentarios:

  1. por que somos ilusas as que recibimos agarimos de quen non anda atrofiado? a min encántame ser muller. e ao meu home, tamén lle encanta.

    ResponderEliminar
  2. Aos homes (vou ser ousado empregando o plural) encántanos que vos encante ser mulleres
    E se o pito turra por nós até o mesmísimo NiFe...maloserá que non veña tamén.

    ResponderEliminar
  3. ...que non veña tamén algunha con nós.
    (A neurona patina máis do debido)

    ResponderEliminar

¿e ti que opinas de todo esto?