
Christiane Stallaert, traductóloga, antropóloga e hispanista artella neste contundente ensaio unha interesante proposta interpretativa de dous fenómenos tan distantes temporal como espacialmente como son o nazismo e a Inquisición. A posible desconfianza inicial que pode suscitar a metodoloxía comparatista na análise de dous fenómenos históricos aparentemente tan dispares resólvese cunha contundente obra na que sobrancean puntos de vista novedosos que convidan a traspasar fronteiras ás veces nada sutilmente construidas por estudos tan canónicos coma insolventes á hora que interpretar feitos históricos. Decatámonos axiña da solvencia desta investigadora que parte non só dunha competencia rigorosa e multidisciplinar, senón tamén dunha imprescindible humildade no momento de traducir significados do pasado. O libro é, sen dúbida, un exemplo a imitar do productiva que pode resultar a metodoloxía dos estudos culturais na construcción e difusión de significados cando hai unha auténtica vontade investigadora. E aquí hai, dende logo, moitísimo material, tanto primario coma secundario -documentos históricos e documentos historiográficos- analizados e traducidos cunha transparencia que non deixa moito marxa a aquela desconfianza inicial da que falabamos. Para o noso país, este estudo importa sobre todo porque a lenta agonía do propio tribunal inquisitorial prefigurou a aínda máis lenta e dolorosa agonía da peculiar cosmovisión que a arroupaba. Catro gueras intestinas en torno á cuestión da identidade nacional e unha dictadura de corenta anos impregnada de nacionalcatolicismo non abondaron para desterrar dunha vez por todas os ecos da cosmovisión casticista no plantexamento da historiografía española.
Sí, pero algúns de nós aínda contamos con escudo protector que nos protexe dos raios letais ideolóxicos dos "austeros" e peñita desa: por exemplo, e só por citar un, A memoria da nación (Camilo Nogueira, Xerais, 2001).
ResponderEliminarmmmm...e que xa o título ese fala por sí mesmo, deses libros, can, como moito a contraportada...e digo eu ¡quen virás sendo! mira que removo e removo refugallo daquela época da mina e nada, non caigo...
ResponderEliminar