sábado, enero 26, 2008

Os crimes de Oxford...


Pois que queres que che diga Alex, non che saiu unha boa película. Semella que o obxectivo e facer cine que non pareza español. Mal plantexamento este. Moi malo. Fixeches unha escolla de marketing, unha mestura estrafalaria que non entendo para nada. Elijah Wood do peorciño, deixando aparte que non se pode deixar de ver a Frodo magreando nunha Watling que se queda relegada a un papel de mero obxecto sexual porque ademáis caíches no topicazo de reservar a first position ao lado masculino. A escea da cociña na que aparece a moza vestida co mandil... no comment, do peorciño. Iso si, John Hurt sempre nos lembra o savoir faire do que é un bo actor, el tampouco cría nada do que acontecía ao seu carón...creo que máis que centrado no seu papel de intelectual canalla estaba abraiado pola mediocridade do producto. Terei que ir ver Mortadelo e Filemón para esquecer esto.

7 comentarios:

apicultor dijo...

Non vin a película, pero teño que confesar a miña debilidade pola sensualidade carnal de Leonor Watling.

Un é débil e ten que recoñecelo.

Ana Bande dijo...

Si, a verdade e que esta muller é unha preciosidade, mágoa do partenair que lle buscaron e de papel tan pouco definido...Non penso que sexa debilidade sentirse atraído pola beleza.

torredebabel dijo...

a peli ainda non a vin pero o libro que deu orixe á pelicula non é tan malo. O autor é un escritor e matemático arxentino chamado Guillermo Martinez que ven edificando unha obra interesante.

apicultor dijo...

A verdade é que o Harry Potter este ten unha pinta insípida como actor. E non pega nada coa preciosidade de Leonor. Supoño que na películade a "química" ha de ser cero.

Un pracer saudala, Ana. Que teña unha boa semana.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

A cantante de Marlango é bocato di (Claudia) cardinale. Pero non a irei ver. Amólame o Alex.

cansendono dijo...

Ola! Dubidei ata última hora de se me meter na sala de Expiación ou destes criminais Crimes. Errare humanum est: deixeime levar pola debilidade que teño polas ocurrencias de bacharel gamberrete do tal Alex e metínme onde non debera. O guión parece unha colección de aforismos dun manual de seudofilosofía zen de gasolineira salpicado con citas extemporáneas do Muy Interesante. O Frodo este reconvertido en matemático de posgrao é menos crible que unha promesa electoral de Rajoytero ou Zapatoy. Non se sabe de onde demo sae a nena Watling nen que carallo pinta na historia, e -o que máis me cabreou- qué demo ve no mingurrias do Frodo para fixarse nel. A violonchelista que vive coa súa mamá é aínda máis estraña e pinta menos, agás pola simple cuestión numérica de ampliar o elenco de sospeitosos da secuencia criminóxena. O atrabiliario profe Hurt, metade canalla metade filósofo, é o único personaxe mínimamente interesante en todo este tinglao absurdo que, por riba, presenta un desenlace concebido ás carreiras e sen xeito, cuxas pezas están encaixadas a golpe de martelo pilón. Menos mal que Oxford parece ben interesante. Aínda que bastante menos que Santiago, por exemplo.

En fín. Sempre nos quedará El Día de la Bestia.

Bicos et apertas, cuando no lambetadas.

Ana Bande dijo...

Prezado Can,
Non lin crítica máis atinada que a túa. Si, menos mal que nos queda El Dia de la Bestia, levas razón.