miércoles, marzo 28, 2012

¿pódolle facer unha pregunta?

si non é sobre si abrimos o día da folga, adíante, biblioteca, boas tardes, non, non sei se abriremos o vintenove, ¿eu? e non lle sei,perdoe, creo que non teño que explicarlle o que vou facer o vintenove, disculpe, nada, non hai e que, adeus, ¿Juan de Austria?, si, nena, Juan de Austria, tenía una foto enorme pegada debajo de la tabla de mi pupitre, pero ¿por qué Juan de Austria?, es que era estilosísimo, y bueno, por supuesto que me gustaba como figura histórica, todavía tengo esa foto en mi casa, y me sigue gustando, ¡uf! como pesa este libro!, deje, A., se lo acerco yo a su casa al salir, de eso nada, si pude con la compra podré con estos tres tomos, pero mira, si hasta trae los patrones para hacer los trajes que llevan los personajes del Quijote, si, Á., y por lo que pesa también parece que entre esas páginas estén los molinos de viento, boas tardes, non, non sei o que farei o vintenove, non, non creo que teña problema ningún se devolve tarde os libros, non non llo podo asegurar, disimule, son libros, non enfermos nin expedientes sancionadores de facenda, boas tardes, si Á., cando queira ven con eses papeis antigos y lemos esas curiosas partidas de nacemento dos que non tiñan que ter nacido, si, dime, esta compañera que quiere preguntarte para ser bibliotecaria, ¿si?, xa pero e que estou a desfacerme de todo o material, non non teño nada pero para ir a un exame tes pre prepararte ben, eu quería ser conserxe pero é que é moi difícil, total bibliotecaria cuns días abonda, total é porque é gratis e son poucos temas e coa puntuación...perdoa Á., ¿que dicías dese libro de Alarcón?, si unha ganga, cinco euros na libraría de vello pero cincuenta pesetas no sesenta e un, era carísimo, ¿no sesenta e un?, si, daquela cincuenta pesetas era un dineral, boas tardes, non llo podo dicir, e que é unha folga xeral, iso sería como se me pedise que lle dixera o que vou votar nunhas eleccións, falo por min, a miña decisión é que o máis seguro é que quen sabe, eu tampouco lle sei, boas tardes, Ei! M., ti sempre co século de ouro a voltas, cala, cala, estou contentísimo, librei por pouco, son administrativo da xunta, ¿e iso?, foron dous anos pero pagou a pena, ¿pódollo facer unha pregunta?, eh..., claro que si, como non, dígame, é que teño un libro na casa de hai tres séculos e gustaríame restauralo, sabería vostede, non, non sei o que vou facer, a folga xeral, perdoe, ¿restauralo?, ah bueno, pois, agarde, son N., a compañeira de M.A., dos cinco libros que lle deches un deles non o pedira, o abecé da pragmática, mírollo agora mesmo, non temos ese libro, si que o teñen, disculpe é que hai que escribilo así todo seguido, e mire xa de paso quería preguntarlle ¿van abrir o día vintenove?, pois non, creo que se celebra a Reconquista, non, iso é mañá, ah si, o vintenove é a conmemoración da Batalla de Lepanto, certo, non non imos abrir, faremos unha foto de grupo tipo familia real e marcharemos mercar tortas celtas na praza da Constitución, eu concretamente irei vestida de Juan de Austria.

martes, marzo 27, 2012

impotencia

a impotencia ten a faciana dunha besta ferida de morte pero a min amosóuseme nantronte nas bágoas insumisas dun vello que apreixaba coas mesmas mans que inspiraran a Moldes, coa mesma forza os couces das canas que se deitan na eira logo da sega, coa mesma determinación do medo a escoitarse cuspir no canto de falar, apreixaba, digo, os ferros da rexa dunha casa que é, como tantas, unha mesa de sacrificio na que se ofreceron fígados, esperanzas, uns pouquiños patacónss que se gañaron mirando sempre ao chan, porque era o que había que limpar e porque había que disimolar amarguras, na que se ofreceron, digo, anos, vidas e outras moedas que non tiñan valor de uso, que sabería el, pobriño joder, do que perdía, e sobre todo, que ía saber do traballo que ía dar tanto sacrificio agora reducido a catro zapatillas vellas que apreixa contra o corazón cando solta por breves segundos os barrotes do seu cárcere, un cinto de coiro co que canaliza unha rabia que non ten nome de grandísima que é, tranquiliño, home, vaia sentar, tome un vasiño de auga, ¿está só?, e el acouga só un chisco, pero ese pouco é un mundo de tranquilidade, da media volta e saloucando coma un meniño vai co seu tesouro na procura de alguén, e ao pouco ven ela...ese xa é outro cantar, é a ancestral e feminina metáfora da perseverancia no amor obrigado e do coidado do xoguete máis querido estragado en mil anacos, non esqueceremos esa faciana de bondade quen sabe se imposta, penso nos días que lle quedan ata que se lle partan as costas nunha mala postura cando teña que darlle a volta á besta...

lunes, marzo 26, 2012

reivindicación da tristeza...





levar a contraria non só é bo para ese alemán que todos levamos dentro, axuda a comprendelo e a convivir con el antes de tempo, compre afacérmonos a certas apoteosis, proba a rexeitar consensos institucionalizados sobre a cruel incógnita, é deliciosamente elegante e saudable a tristura, hai quen colle enchentes por necesidade, velaí ven o verán, e hai quen a amorea por vicio, bebe con eles, atraógate sen medo, non mata, o que mata e desprezala e deixar que todos pensan que lle rimos as grazas a tododiós, empezando por ti, que vas á folga, ou por ti, que non vas, vólvete á choiva sobre as leiras do algodón que non colleitaches e chora polos estrafalarios froitos que colgan das árbores....

sábado, marzo 24, 2012

Os fíos que sobran

Cando miña nai me ensinou os segredos da costura eu preguntábame que pasaría con eses fíos que sobran cando xa non dan para seguir cosendo e hai que anoar e cortar cos dentes para enfiar de novo. Hoxe sei que con eles técense os mellores panos, os mais suaves ao tacto, igual que coa paixón que sobra se tecen momentos máxicos que estaban condeados ao esquecemento.


nota que atopei nun libro de relatos de Augusto Monterroso. ¿por que estará escrito coa miña letra?

No es tan fácil vomitar pájaros...

No es tan fácil vomitar pájaros, pero no al no poder evitarlo, al menos, puedo considerarme un ejemplar único en mi especie. Porque a la continua e irreprimible secrección de sustancias gelatinosas entre las encías ya algunos están acostumbrados e incluso han convertido en arte la transmutación de sus bocas en seres que, no por su excelente vulgaridad, dejan de ser imaginarios. No puedo deciros si es necesario haber vivido largo tiempo en habitáculos prebiogenéticos totalmente reconocibles sólo a seres en formación con cierta capacidad intelectual que les permite suponer que no van a ser eliminados deliberadamente por la descarnada moral de unas cuantas amebas circundantes. No es fácil vomitar sustancias fornicadoras que ocupan espacios originalmente modelados para el desarrollo autónomo de miembros y facultades experimentales que podrían metabolizar la angustia del desconocimiento en la ilusión de una latitud fija y eterna. Cuando vomitas pájaros sólo te planteas las infinitas posibilidades de las propiedades de la forma, por eso es arte. Porque es una irrefrenable lucha contra la creación.

jueves, marzo 22, 2012

fumadores con lustre...

M.C. era unha fumadora auténtica, celebro que agora sexa unha ex e que se lle teñan enchido os sucos daquel coiro avellentado mornamente pola química que se lle engade ao tabaco, fumaba, con boquilla, moito menos pracenteiro que foder con condón, pero eu que ía saber daquela, de fumar con boquilla, digo, se andabamos todo o día turrando de ducados para non deixar nin un miserable centímetro cubico da aula libre de fume, eran tempos aqueles, fumaba tododiós, os progres e os parquerolos (así lle chamabamos aos pijos porque lles molaba xuntarse no parque máis céntrico da cidade), os paletos e os modernos, os alumnos e as profesoras, pero eso si, ningunha fumaba como M.C., que estilazo miña nai, coa dereita enchía o encerado cunha bibliografía en alemán sobre pobos indíxenas do cono sur que non iamos consultar nunca, mentres, daquel brazo esquerdo, medio vestido de negro colgaba a man delgadísima que botaba un fume diferente ao noso, cicais porque agarraba a boquilla dun xeito tan varonil e tan heterodoxo como só podía facelo, M.C., porque noutro calquera, prender o pitillo co polegar e o indicador sería unha vulgaridade, e logo estaban eses outros fumes que molestaban a certa profesora con tan pouca idea política como para proclamarse roxa a todas horas, e claro, molestáballe o fume de M.A., porque M.A. non vía por que carallo tiña que rirlle as grazas á Cuba de Fidel, si, foi así, non lle molestaba o noso fume, molestoulle o de M.A. e así llo dixo cando lle mandou apagar o pucho e liscar de clase, mira ti, rematou liscando ela, a máis progre, a mais lista, e seguimos engulindo soíños e despolitizados, vapordios, todo aquel fume que M.A. cuspía no dunha aula universitaria que fora deseñada orixinalmente para se un entrechán onde se gardarían as bicis...daquela universidade mellor non meneallo...eran outros fumes!

...y por fin dejó de cuestionarle su virilidad...

cuando le contestó con aquello de que era más hombre que dios...

martes, marzo 20, 2012

De tu ventana a la mía, Paula Ortíz



O sábado foi un día de sorte. Canto escoitei á novísima Paula Ortiz falar da súa película nun programa de R3 xa presentía algo bo, mais logo de vela pódovos asegurar que estamos ante unha grandísima obra. A sabedoría desta directora, como case sempre ocorre, amósase na aparente sinxeleza do relato. O dominio da técnica cinematográfica é transversal, dende o guión, pasando pola fotografía, o son, a montaxe, todo é absolutamente maxistral. Cicais a emoción que nos atrapa dende o comezo non esté tanto nas historias en sí, que son poderosísimas, senón nun xeito novo (para min) de acceder a elas. Porque a Violeta, a Inés e a Luisa chegamos, -case esquecendo que hai unha patalla no medio- polo tacto da formica dos setenta, polo arrecendo a terra e a papoulas, polo son das bolboretas...é así como funciona, certamente, unha sensación que de socato nos fai saltar na butaca porque sentimos a dor e a paixón e a esperanza e a ledicia e a melancolía dun bico que nunca se deu na propia carne...e o fío que vai tinguindo do bermello o nobelo da paixón e do desexo é o que nos devolve a Violeta, a Inés e a Luisa, tres estadios de muller e de historia tan endiañadamente emparelladas como só o poden estar cos seus amores reais ou soñados. Se o cine español vai por aquí que trema Bergman na súa tumba...non perdades esta experiencia!

aburrimiento

Como no quería aburrirse diseñó un detalladísimo plan para acabar con su vida, sería el crimen perfecto, pero no quería dañar a nadie, por lo que planificó un aburrimiento programado, dos horas diarias de paseo ensimismado por las céntricas calles, dejaría que a sus amigos y conocidos les alimentase la pena por el dolor ajeno, compraría sospechosos productos en la farmacia de su barrio, se dejaría caer, lo más literalmente posible, sobre la barra del bar en el que apenas había entrado hasta hacía poco, por miedo a aburrirse, y luego, sin que nadie le viera, para evitar sospechas, compondría palíndromos, leería microrrelatos de Monterroso y se atrevería con algún soneto, todo muy clandestino, para que nadie sospechase de su infiel cordura, y así fueron lloviendo los días, le tomó gusto al jueguecito diario y hasta acabó por aburrirse de verdad alguna tarde observando mentirosamente cabizbajo la partida diaria de tute de los jubilados en el parque, se sorprendía a sí mismo ingiriendo juguetonamente alguna que otra pastilla que rimaba con el color de su estado de ánimo, y aprovechaba el mareo para dejarse caer, lo más literalmente posible, sobre la barra del bar en el que ya no era tan intruso, se olvidaba el plan diario y se ponía con sus palídromos en los grasientos márgenes del incipiente periódico atrasado del día, comenzó a mezclar literatura con fármacos de alta graduación y se sentía pésimo, verdaderamente estaba alcanzando cotas de una sobreactuación que ya engordaba exageradamente la compasión de los vecinos, pero no cejaba en su empeño, no quería aburrirse, eso nunca, quería acabar con su vida aburrida y morir de aburrimiento, demostrarle al poeta que no era siempre inocuo inventar frases aparentemente sin sentido, así que se decidió a componer la elegía de su vida con los resultados de su analítica más reciente, dejaría pistas de su confusión en su desordenado piso y se dedicó por las noches, cuando no actuaba para nadie, a recolocar los muebles y los libros y la ropa y las fotos, y los apuntes y las facturas, por estricto orden asonante, sólo el policía mas idiota de la comisaría repararía en ello y claro, quien lo creería cuando mascullase tal anomalía todavía con la salsa de tomate asomándole entre los dientes...

jueves, marzo 15, 2012

eu creo que todo comezou a foderse....

no mesmo segundo no que o primeiro técnico de calidade mandou parar a producción para explicarlle ao traballador que levaba corenta anos facendo parafusos como fabricar parafusos segundo un puto diagrama de fluxos que el mesmo debuxara logo de facer un curso intensivo de pouerpoin.

Foto: unha bonita tarde en Pontevedra

miércoles, marzo 14, 2012

Instrucción para fumar un pitillo, primeira parte

O cigarro, pitillo ou pucho é un obxecto doadamente identificable malia certas semellanzas que presenta con algún que outro chintófano, como un petardo, por exemplo, un chisco máis perigoso sobre todo se se quere prendelo do mesmo xieto. Non ven ao caso facer unha detallada relación das diferencias que hai entre o pitillo e o petardo pois as posibilidades de mercar un no canto do outro son certamente ínfimas, e de darse tal circunstancia as consecuencias de fumar un petardo ou de facer estourar un pucho tampouco ían ser motivo para que a terra deixase de xirar. Decátese vostede da forma cilíndrica do pitillo e repare na singularidade das súas cores. A parte máis longa, comúnmente de cor branca é unha vaíña de papel finísimo que contén a nicotiana tabacum, unhas herbas secas que seica foron avistadas por primeira vez en boca dos taínos cando tiveron a desgraza de botar o último pitillo en paz na súa vida. A outra parte, xeralmente de cor amarelo, laranxa ou vermello, é a embocadura. A propia palabra xa nos introduce na seguinte etapa. Teremos que empregar o trebello máis a man co que se poida prender lume para acender correctamente o cigarro. Cunha primeira calada terá vostede que notar que se lle adormecen as carnes ou que está un pouco bébedo. Se non é así, quite o pucho da boca inmediatemente e golpee a parte que bota fume contra a superficie da mesa porque seguramente está vostede fumando o filtro, e, bueno, non é que sexa velenosa a goleta pero non é cuestión de estragar a cabicha e prenderlle lume á casa, aínda que certos aspectos da súa decoración inciten a facer unha falcatruada tal. É doado quedar un pouco chinado logo dun episodio crítico como este, así que sería bo, mentras se recuperan folgos, facerse un chuculún ou cicais trompearse moderadamente cun grolo de anís, que sempre é bo para abrir o apetito nicotinoso...

martes, marzo 13, 2012

Roque Barja, o deus Machín...

Roque Barja, o deus Machín, Non mires abaixo, Brick Lane, mente activa, greguerías, que delgadísima estás, Chesterton e a paradoxa, hospitais para incurabeis, Fondamenta idem, Laura a peixeira morría coa risa porque á súa colega seica lle fixeron o transplantarone de tímpano en lugar equivocado (díxolle abríndose de pernas), preguntelle a hora, ¿tes hora?, tres veces e as tres me responde educada e tímidamente, ola, debía de pensar que esa señora de medias negras xa no tiña idade para vestir pantalón curto e calentadores punkis e seguramente o relacionou con algún tipo de trastorno que a facía saudar por triplicado, e por iso respondía reglamentariamente, cantas cousas graciosas poden pasarche nun día, 65 impulsos cos pes estilo ra e de espaldas, son una ra auténtica, no nos entendemos, ¡canto malentendido!, ¿como que tentou suicidarse?, pero se xa tiña os días contados igualmente, ¡que delgadísima estás!, e dalle, que qué estou facendo, agora estoulle comendo o coello á avoa, e a avoa ao escoitarme escacha coa risa, riquísimo tú, memoria, memoria, lisca por calquera buraco, só tes que saber ler as instruccións, non sabe o que son as instruccións, xa sabes construir a túa propia cámara estenopeica, ¡adiante!, nenos que queren liscar da aula, fuxir de Wagner mentres a Woody Allen éntranlle ganas de invadir Polonia, uns cans entraron na cafetería, eu non os deixei pasar ¡se me van quitar a concesión este mes!, ía mirarse das cervicales e xa estaba perdido, ay prima ¿que dicirche en momentos así...

lunes, marzo 12, 2012

¿que sabía yo de ti....?

¿que sabía yo de ti además de que tenías una voz grave y una cierta aspereza de carácter seguramente forjada en el devenir de la desconfianza que regala la vida? NADA. Pero no le consiento al dolor su aburrida emboscada. No voy a llorar tu ausencia con la vulgaridad de una impostada lágrima que disimula tan mal el egoísmo que siempre se esconde en el duelo. Compartimos alguna historia de hijos, puede que alguna anécdota profesional y poco más. Pero fíjate, siempre quedamos inmortalizados en alguna capa de material que a la larga será una prueba de una inexistencia o de un sueño. Algunos seres vivos con suerte se hicieron roca y hoy son tesoros en los que tratamos de descubrir geologías que quizás expliquen los misterios de la vida. Tu dejastre ciertos rastros que me enfrentan con la estúpida e impertinente prisa de la muerte. Descubro tu nombre ¿inventado? B. V, F. Saturnino Del Icono Dorado Ascendente y que te preocupaba el mundo. Pero no tuvieste tiempo de rematar con la explicación de Naomi Klein. Supe más cosas de ti, aunque fuesen asuntos pendientes, Fernando. Sé que no habías conocido aún los deltas de los principales ríos, que no habías tenido tiempo de recitar la obra completa de tu poeta favorito, que habías enterrado unas cuantas monedas en un mercado de futuros que aún nadie te había explicado convenientemente. No habías pronunciado ni un par de palabras en farsi, ni habías conocido la mitad de las especies de pájaros que te despertaron muchas mañanas, sólo habías conocido los nombres de unas pocas cumbres y no te habías mojado los pies en más de un par de océanos, como mucho....así que, es cierto, Fernando, debe de haber otra dimensión en la que el tiempo no nos pille a medio vestir.

jueves, marzo 08, 2012

lunes, marzo 05, 2012

¿medo?...non teño tempo....


Lembro unha tarde de inverno ruando contigo polas calellas máis vellas de Auria, eramos tres, e ti ollabas os pés porque houbo quen xogaba a turrar uns sorrisos a conta dunha certa dificultade idiomática. Sorprendíame tantísimo que viñeras dende o outro lado da mar océana para investigar un recuncho deste fisterre que non paraba de facerche todo tipo de preguntas, como aquela tan estúpida sobre se non ías ter medo de vivir soa nunha cidade descoñecida, á que respondiches cun sorriso que non deu disimulado a naturalidade dese pragmatismo tan tópico e ben artellado que vos caracteriza a@s norteamerican@s : ¿miedou? nou, no tttengo tiempou. Fíxome e non me fixo graza. Foi agradable decatarse da singularidade da diferenza pero non che nego que quedei algo pampa coa túa decisiva aposta polo útil. Ata entón nunca eu tiña reflexionado sobre se o medo requiría tempo, e que podía unha xestionalo dacordo con criterios económicos. Non sabía tampouco que fose posible tratalo coma un obxecto bidimensional sobre cuya posición e mesmo a súa existencia podiamos decidir ou non. Eu, entón, trataba co medo doutro xeito, digamos que lle deixaba moito espazo, deixábao vivir. As consecuencias desta xenerosidade eran inavaliables daquela, e hoxe, grazas a ti, en parte, podo xogar con el como o mago coa pomba. Pero non ao xeito de Gregorini, que non podía manexar a omnipotencia, senón ao xeito voso, moito menos literario, certo, pero imprescindible se se quere ter tempo para gozar, ou o que é o mesmo, para vivir. Con todo esto, queridísima Allyson, só quería dicirche que hoxe o meu pensamento está todo o día contigo e que sei que o medo non ten posibilidade ningunha fronte ao teu pícaro sorriso.