Unha intepretación feminista do capitalismo patrimonial.
Heather Boushey.
Heather Boushey é a
Directora Executiva e Economista en Xefe do Centro para o Crecemento Equitativo
de Washington e coeditora dun volumen de 22 ensaios sobre cómo integrar a desigualdade
no pensamento económico, "Despois de Piketty: A Axenda para
a Economía e a Desigualdade". A súa investigación céntrase
sobre a desigualdade económica e as políticas públicas, específicamente o
emprego, a política social e o benestar económico familiar, e seu derradeiro libro
é " Finding Time: The Economics of
Work-Life Conflict " de Harvard University Press. The New York
Times ten afirmado que Boushey é unha das "voces máis vibrantes
neste campo" e Politico nomeounea dúas veces como unha das 50 principales "pensadoras, facedoras e
visionarias que están transformando a política estadounidense". Boushey
escribe regularmente para os medios de comunicación populares, incluindo
" The Room of Debate" de The New York Times , "The Atlantic ,
and Democracy" ; aparece regularmente nas cadenas de
televisión Bloomberg, MSNBC, CNBC e PBS. Anteriormente, foi economista xefe
do equipo de transición de Hillary Clinton, e como economista para o Center for
American Progress, o Comité Económico Conxunto do Congreso dos EE. UU., o
Center for Economic and Policy Research e o Economic Policy
Institute. Forma parte da xunta directiva dp Opportunity Institute e é editora
asociada de Feminist Economics . Recibiu o seu doctorado en
economía na New School for Social Research e a súa licenciatura de Hampshire
College [1]
O Capital no século XXI, de
Piketty tense convertido hai tempo nun fenómeno editorial incuestionable. Que
esto ocurra cun tratado académico de economía é, non cabe dúbida, síntoma de
que a economía constitúe unha preocupación de primeira orde na actualidade. Ata
certo punto esto é consecuencia, como é lóxico, da inquietude no
ámbito académico e da inseguridade da
cidadanía perante as incertezas que se derivan da grande recesión económica.
Dado que o fenómeno
Piketty tenta ser un texto que explicativo do estado do mundo, e non só da economía -de non ser así non se
entendería tal éxito- temos que prestar moita atención ao seu contido, e dende
logo situármonos no punto de escepticismo que toda predición dende este ámbito
debe suscitar. Non creo que debamos axeonllarnos ante a contundencia con que nos
falan as e os economistas. É certo que o enorme aparello científico co que se constrúe
a teoría económica fai que estes tratados nos asoballen con gráficos e estatísticas.
Ádoitan construír con eles modelos nos que semella que só a posteriori queren encaixar
unha realidade que siempre é máis complexa e con variables que, ou ben non se
teñen en conta porque non son doadamente cuantificables e polo tanto susceptibles
dun tratamento metodolóxico convencional ou simplemente se ignoran por factores
ou causas tan diferentes como unha moda determinada nunha área de investigación
ou un xeito de ollar a realidade puramente convencional que non ten en conta determinados
aspectos porque simplemente non interesan ou non se coñece a forza que poideran
ter na configuración da nosa sociedade e da nosa economía. Fronte ao canon no
económico, están as voces que dende a rigorosidade e a crítica nos obrigan a
cuestionarnos os dogmas cos que aparentemente temos a obriga de construir a
nosa visión, económica, neste caso, da realidade. Refírome a tratados tamén moi intrincados ás veces
pero ben interesantes polo que tieñen de desmitificadores como a Economía enmascarada de Steve Keen.
O Capital no século lo XXI de Piketty, ten sido xa moi sometido a crítica, dende logo, pero dende a
perspectiva de xénero non hai, no noso contexto académico, moitos materiais
para este debate en particular. Por iso é especialmente relevante Debatindo a Piketty, especialmente a
ollada de Heather Boushey, unha economista moi descoñecida aínda no noso país
por non estar traducida, aínda que leva ya moito tempo investigando sobre
temas de desigualdade no traballo e sobre conciliación familiar.
No seu capítulo de Debatindo a Piketty preséntanos, en
poucas páxinas, unha análise das tesis deste economista dende un punto de
vista completamente novedoso, aínda que sempre dende unha clara intención de
complementariedade ás ideas do economista galo. O novedoso da súa análise é que
a autora observa a realidade económica dende unha perspectiva similar á de
Piketty aceptando algunhas das súas premisas, como a existencia dun estado de desigualdade económica e
unha interpretación orixinal sobre o mesmo atribuíndoo a un posible retorno a
un sistema de “capitalismo patrimonial”, pero engadíndolle a nosa economista
aspectos que, ao seu xuizo, lle faltan precisamente a Piketty por obviar
enfoques e datos que tradicionalmente non se teñen en conta na elaboración dos
discursos económicos canónicos. Tamén é novedoso por incorporar un punto de
vista de xénero dado que existen evidencias, como o feito de que mailia as mulleres, non computar no PIB, sí que contan para a econonomía; de feito contan
tanto que as consecuencias, tanto de aplicarlles un réxime particular e
diferente no ámbito económico como o de promover políticas de igualdade, son
directamente responsables do crecemento ou do decrecemento económico.
A tese central de O Capital no século XXI de Piketty, é que
estamos a vivir unha volta ao “capitalismo patrimonial”, o que significa que o
crecemento económico semella depender outra vez das rendas do capital máis que
das do traballo. Sen dúbida é esta unha declaración importante e a debater,
porque de ser verificada significaría unha regresión a modelos económicos
propios do século XIX e que xa dabamos por superados. De dar
por certa esta hipótese, ou para demostrala, teríamos que atender á institución
que fai posible esta acumulación do capital, é dicir, ao réxime das herdanzas. A proposta de Piketty é, dende
logo, desacougante e contén, ademáis, unha advertencia que
considero moi productiva na orde da investigación económica, porque reflicte
que “a distribución do patrimonio sempre ten sido profundamente política e non
pode reducirse a un puro mecanismo económico”. Nesta sentenza contense, non sei
se ao seu pesar, unha invitación a dubidar de toda unha serie de tratados de
economía que se teñen artellado casi exclusivamente en base a modelos
apriorísticos sen ter en conta outras realidades, cicais a realidade mesma. Na
obra de Piketty hai unha ¿disimulada? proposta para que pensemos a economía
dende unha óptica diferente, incorporando o papel das instituciones e da
política, é dicir, os xeitos nos que nos organizamos como colectividade, como
sociedade, e a súa incidencia no crecemento. Boushey acepta o reto, dende logo,
ofrecento unha análise sumamente interesante e complexa que paga a pena
descubrir porque non só somete a crítica a metodoloxía e as conclusións de
Piketty, senon que fai un percorrido pola teoría económica para incorporar o
punto de vista feminista, amosando unha visión do futuro que pode agardar ás mulleres.
Boushey analiza a
versión neoclásica da economía, optimista por natureza, e a súa posible
repercusión nas mulleres. Neste sentido convídanos a repensar as sucesivas
teses que dende Kunzets a Chang-Tai-Hsieh teñen insistido tanto en que o
crecemento sempre, como se foxe maxia, ten como consecuencia a reducción da
desigualdade. Boushey convence porque a súa crítica constrúese conxugando, ou
mellor dito, compaxinando, as afirmacións teóricas orixinais da economía
canónica, someténdoas a debate, con datos reais que deberían sustentalas.
Por exemplo, no que
atinxe á curva do crecemento de Kunzets, Boushey lémbranos que foi o mesmo
autor da teoría o que recoñeceu que o seu modelo estaba máis fundamentado en
“ilusións” que en datos empíricos. No modelo neoclásico todos semellan coincidir
en que nunha economía na que o capital humano (a preparación, a aptitude, a
habilidade das persoas que traballan) é o que conta, nunca se xustifica o coste
de desperdiciar talento con políticas pouco sensibles ao fomento da
igualdade. Con esta premisa, a clase
política tería na súa man reducir a pobreza, decidíndose a incluir no sistema
económico a todas a persoas que teñen sido tradicionalmente excluidas por razón
de xénero ou raza. Esta previsión de Boushey, aínda que dunha lóxica
aparentemente incontestable, bátese precisamente nos nosos días coas políticas
en boga de retroceso en materia de igualdade.
Habería que preguntarse
e reflexionar moito sobre este feito; sobre si realmente é o factor humano (a
habilidade das e dos traballadores) o que está actuando como estímulo ou motor
de crecemento, nun momento coma o noso no que tanto homes como mulleres teñen
unha preparación moi superior ás esixencias do mercado laboral e que ademáis ou
ben están no paro ou traballando en postos moi por debaixo da súa capacitación
profesional.
Na ollada pesimista que
nos presenta Boushey a escasa confianza que ofrece o crecemento como factor de
inclusión é cicais onde reside o maior interese do texto. Aquí Boushey
armoniza as teses de Piketty coas do feminismo ao resaltar as metodoloxías que
comparten (preminencia dos datos, avaliación dos mesmos e incorporación das
instituciones sociais como actores económicos) pero sobre todo interésanos
porque sinala algunas das estridencias daquelas teses, principalmente as
derivadas das contradicións que supoñen o empeño de Piketty por rachar coas
teorías económicas modernas e a súa simultánea
incapacidade para crebar os modelos
estándares que precisamente é o que critica. A partir desta lagoa Boushey incorpora a teoría feminista porque é precisamente empregando esta metodoloxía cando realmente se cuestiona o modelo clásico e canónico ao incorporar variables, datos e perspectivas novedosas. O feminismo económico, efectivamente, xa tiña
recoñecido a importancia das ciencias sociais e das estructuras de poder nos
resultados económicos. O feminismo económico tamén tiña xa feito unha crítica á
metodoloxía do uso dos datos nas investigación económicas, cunha crítica das
fontes moi relevante, porque tiña sinalado que a unidade fiscal tomada, a
unidade familiar, non era axustado, por non ofrecer datos desagregados que
permitisen un estudo de calidade de determinadas institucións ou de factores
tan relevantes como a importancia da raza ou o xénero na economía.
Por otra banda, Boushey
critícalle a Piketty que cando fala de capitalismo patrimonial está
comentendo un erro de base, porque o emprego deste sintagma non é neutro ao
referirse espefícamente ao estudos das herdanzas a través dos pais, o que deixa
fóra a posibilidade de observación da muller no estudo desta institución
imprescindible na hora de abordar unha investigación rigorosa sobre o capitalismo
patrimonial.
Boushey, a partir de
aquí, expón un contrafactual do libro de Piketty, porque refire os resultados
aos que Piketty chegaría no caso de ter empregado una ollada de xénero no seu
estudo. Boushey incorpora argumentos e perspectivas a unha investigación coa
que comparte moitos argumentos pero que que contén elementos que a limitan
na súa capacidade de comprensión da
situación económica do mundo actual, que é, en definitiva, o obxectivo de Piketty. ¿Cal son estes elementos ou as súas fallas no Capital
no século XXI?
En primeiro lugar e cicais o máis relevante son os datos. Piketty emprega estatísticas tributarias, pero unha vez máis e igual que fixo co PIB, esta fonte non abonda porque para coñecer a evolución do proceso de transmisión de herdanzas é imprescindible ter en conta o proceso de incorporación da muller ao traballo ou o emparellamento selectivo como mecanismo de movilidade social. Unha vez máis a crítica a Piketty o déficit do propio obxectivo que é a incidencia das institucións sociais, económicas ou culturais que marcan o matrimonio, as relacións de xénero ou a familia como aspectos que determinan completamente o réxime das herdanzas. Boushey descobre con sorpresa este déficit para interpretar o contexto na obra de Piketty cando precisamente é o autor o que incorpora datos directamente collidos de fontes literarias que falan precisamente da importancia das estratexias matrimoniaies e do papel da muller en relación coa economía no século XIX.
Boushey pregúntase polas estratexias actuáis no ámbito da movilidade social e do matrimonio como dinámicas que non veñen reflectidas nas estatísticas pero que se manteñen como unha vía para reducir a desigualdade. Fálanos doutros datos, doutras medidas e constrúe hipótesis que deixan espazo para interpretaciones abertas, interesantes e complexas, que, dende logo, ofrencen unha lectura moito menos ríxida na que todos e todas podemos implicarnos e tirar as nosas propias conclusións. Non hai sentenzas nin fórmulas que pechen previsións de futuro, e, neste sentido, a economista norteamericana apunta a que a situación da muller é un dilema que pode resolverse en direccións moi variadas; pode ser que o crecemento económico empurre a unha necesaria igualdade, digamos que por imperativo de eficiencia do sistema, pero tamén podemos crer que as elites, aínda maioritariamente masculinas, empreguen o seu poder para intervir no proceso de transmisión de herdanzas distópico que conduza irremesiblemente a un retorno ao patriarcado decimonónico. Estas mesmas cuestión son as que plantexan hoxe investigadoras como Mercedes d´Alessandro. Dende logo, incorporar a perspectia de xénero é abrir unha porta á interacción con outros aspectos que hai que ter en conta na análise do sistema económico capitalista no que vivimos.
En primeiro lugar e cicais o máis relevante son os datos. Piketty emprega estatísticas tributarias, pero unha vez máis e igual que fixo co PIB, esta fonte non abonda porque para coñecer a evolución do proceso de transmisión de herdanzas é imprescindible ter en conta o proceso de incorporación da muller ao traballo ou o emparellamento selectivo como mecanismo de movilidade social. Unha vez máis a crítica a Piketty o déficit do propio obxectivo que é a incidencia das institucións sociais, económicas ou culturais que marcan o matrimonio, as relacións de xénero ou a familia como aspectos que determinan completamente o réxime das herdanzas. Boushey descobre con sorpresa este déficit para interpretar o contexto na obra de Piketty cando precisamente é o autor o que incorpora datos directamente collidos de fontes literarias que falan precisamente da importancia das estratexias matrimoniaies e do papel da muller en relación coa economía no século XIX.
Boushey pregúntase polas estratexias actuáis no ámbito da movilidade social e do matrimonio como dinámicas que non veñen reflectidas nas estatísticas pero que se manteñen como unha vía para reducir a desigualdade. Fálanos doutros datos, doutras medidas e constrúe hipótesis que deixan espazo para interpretaciones abertas, interesantes e complexas, que, dende logo, ofrencen unha lectura moito menos ríxida na que todos e todas podemos implicarnos e tirar as nosas propias conclusións. Non hai sentenzas nin fórmulas que pechen previsións de futuro, e, neste sentido, a economista norteamericana apunta a que a situación da muller é un dilema que pode resolverse en direccións moi variadas; pode ser que o crecemento económico empurre a unha necesaria igualdade, digamos que por imperativo de eficiencia do sistema, pero tamén podemos crer que as elites, aínda maioritariamente masculinas, empreguen o seu poder para intervir no proceso de transmisión de herdanzas distópico que conduza irremesiblemente a un retorno ao patriarcado decimonónico. Estas mesmas cuestión son as que plantexan hoxe investigadoras como Mercedes d´Alessandro. Dende logo, incorporar a perspectia de xénero é abrir unha porta á interacción con outros aspectos que hai que ter en conta na análise do sistema económico capitalista no que vivimos.