jueves, noviembre 26, 2009
Cuñadxs somos todos.
viernes, noviembre 20, 2009
Con Alfredo no Volter, ano 82.
Para Rafa, agradecida do seu convite para colaborar co seuOurense No Tempo
O texto deste post publicarase en Ourense No Tempo, un click descontrolado fixo que saíra aquí antes de tempo, desculpen os comentaristas.
domingo, noviembre 15, 2009
Pasatempo artístico de temporada.
Celebro a actualización de pasatempos vangardistas coa miña particular proposta.O caso é que o autor desta composición retoume hai un tempo a descubrir algunhas das referencias que me sinala. Para contentar ao artista teño que adiviñar polo menos cinco artistas pero eu só vexo por aí agochado a Munch e O Bosco. A ver oh....un pouco de axuda, amigos!
miércoles, noviembre 11, 2009
Terapia.
O psicólgo veña a facer preguntas estúpidas ¿que quere descubrir? pero se o levo escrito na cara, preguntoulle polas súas primeiras lembranzas, A. cóntame o teu primeiro recordo, unha lagartixa corría entre os meus pes pequechos e perdidos, e bágoas, desolación, frío...e logo un vello que sae dunha casoupa, máncame ao collerme e próeme ao bicarme coa súa barba, logo méteme na súa cova, si A. pero teus pais ¿onde andaban?, alí no río, e máis aló, C. e A. xogaban, non querían saber de min, eu ía dun lado a outro na procura de, tamén lembro, tómate o teu tempo A. reláxate, ollo o teu caderno, imaxino gráficos pretenciosos e sabiamente inútiles, o psicólogo veña a facer preguntas estúpidas, cóntollo M.? ¿cóntolle que non teño traumas? mellor erguerse e que se deite el aquí, si tamén lembro iso, si, si, houbo moitos episodios de violencia, e medo, sobre todo ao achegarse o nadal, ao achegarse unha data de celebración obrigada, pero logo coñecín a M., e bueno, creo que o pasado, unha película mal enfiada, pero eu estou aquí para que me explique por que son tan feliz, ¿que non hai test para iso?, vale, pois lembro, lembro...
Pista da imaxe: O Paseo, Marc Chagall
O misterioso incidente do tanga a media mañá.
A foto é só un reclamo, todo parecido coa realidade é pura coincidencia. Pista aquí.
viernes, noviembre 06, 2009
Jockey full of Bourbon.
A ansiedade turra da miña vontade contra a noitiña, teño que liscar mercar a miña dose como calquera ionqui, por iso non me mete medo a sinistra ruela que me leva cara a máquina expendedora, e non me sinto estraña a carón dos afiliados á última hora. Facianas talladas polo hábito de enviar vascas sen mastigar cando cada minuto deixa a súa coitelada nun corpo cicais demasiado limitado para tanta violencia laboral. Facianas que adoitan conxelarse nun sorriso tan sinceiro como as incongruencias que provoca unha chea por noite. Os corpos non aguantan. Os deles, os que están no bar, á vista está que non. As moedas caen na máquina coa indiscreción das olladas dos subalternos da noite. Sempre o mesmo ritual. Logo cúspeme os cartos á cara, gústalle que lle entren a modiño, quere verme humillada cada día recoñecéndolle meu vicio ben clariño. Agora toca o máis atrevido. Devolver un sorriso a cada un destes atlantes que non terman de si. Ese momento no que a camareira mais eu facémonos chiscadelas de solidariedade nas que nos contamos unhas cantas historias. Onte, as dúas deixamos que Mohamed nos amosase a súa mercadoría e nos falase dos seus pequenos aos que con sorte verá nun ou dous anos. Cantas pulseiras non terá que vender para liscar da súa aldea e volver coas mans baleiras. Desubicados estamos todos. Esta rapaza preciosa, delicadísimamente maquillada, non tiña que estar aquí, agasallando sorrisos de veludo a cambio de indecentes verbas que estouran fóra de tempo e lugar. ¿ou si?. Dan ganas de recolocar as cousas, de baleiralo todo e limpar ben a cidade para logo estender un pano como aqueles que se poñían a clareo. Boa noite e boa fin de semana a todxs.jueves, noviembre 05, 2009
Tempo.
-Non, irei a modo, paseniño, non che doerá nadiña.
- Pero...¿estarei preparada?
- Si, és unha muller consecuente.
- Pero é que as veces dubido...
- Normal, a dúbida e a túa razón de ser. Non a miña.
- Non sei...eu non te chamei...¿ou si?
- Non, non me chamaches, pero sabías que devecía por ti, e aínda así teimabas pola miña insistencia. Foi doado deducir...
- Claro, deducir...ese monstro.
- Muller, non dramatices. Veña, acouga e disfruta co que queda.
- E que queda? ¿canto queda?
- ¿Canto? Esa teima vosa co tempo. Queda todo e queda nada. Se cadra aínda nada empezou e xa estás cismando.
- ¿decatareime de algo? ¿haberá cambios importantes?
- Claro. Pero sentiráste ben, ata liberada.
- Vale, pero non me manques.
Foto: A.A.F.R.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)