En tempos de Aspasia, Pericles foi o home máis famoso do seu tempo. Con frases tan aparentemente sinxelas coma esta é moito o que se pode facer dende a literatura para arranxar o mundo. E Galeano é unha desas voces imprescindibles que emprega a escrita para denunciar a inxustiza. A súa obra é esoutra cara da moeda dunha historia que non recolleron os libros de texto, outra versión dos mesmos feitos que contan os xornais máis prestixiosos. É unha escrita activista, que toma partido e que denuncia con afouteza a programada perversión dun sistema que rexeita a procura da felicidade. As veas abertas de América Latina máis que un libro, foi unha revolución. Foi o primeiro grande espello de Galeano, un enorme espello no que todo o mundo puido ver os horrores do pasado e do presente de América Latina e mesmo entendelo. As veas é un fresco grandioso ao modo do muralistas mexicanos. Galeano, do mesmo xeito que Siqueiros, Ribera ou Orozco, tamén liga os seus materiais primeiro, as súas verbas no seu caso, para inmediatamente fixalas na argamasa aínda húmida, nas feridas aínda abertas, para que a cor, a dor, os feitos, penetren e, ao secarse, se fixen. Galeano é un creador, un artista que traballa coa palabra e a súa finalidade máis que estética, é ética. Por iso non lle pode afectar que o rexeiten como historiador porque sinxelamente, non o é, o di expresamente. A súa intención non é a obxectividade, pola contra, decide claramente tomar partido. Coa nobleza e claridade que o caracterizan sempre dixo que a súa obra non prentende ser historia, entre outras cousas porque non quixo nunca illarse da realidade, dos feitos, con esa coiraza dunha suposta obxetividade, unha ferramente sobrevalorada ou, cando menos, malentendida moitas veces, nunha historia ao servizo do poder. Un xogo sucio, un engano e unha pretendida posición de neutralidade que se nega a desequilibrar unha balanza que emprega unidades de medida diferentes segundo conveña e no que as víctimas valen tanto coma o peso das súas ánimas. Unha obxectividade que, para moitos aspirantes a historiadores son como aqueles depósitos de formigón onde a mafia facía desaparecer o corpo do delito. Asi quedaron acochados para sempre moitas mulleres e homes que removeron a terra para deixar a semente que agroma hoxe a xeito de grandes verbas que nos protexen da escravitude, da violación, dos xenocidos, e que nos lexitiman para elixir opcións sexuais, relixiosas ou políticas. Espellos, unha historia casi universal, é outra historia universal da infamia. Poucos libros levan un título tan acaído porque espellos son os invisibles que nos ven, os esquecidos que nos lembran. Son eses seres esquecidos que tamén loitaron malia non ter monumentos, rúas ou monografías que os lembren. Son, por exemplo, Micaela Bastidas, Bartolina Sisa, Gregoria Apaza, que tamén morreron descuatizadas con Túpac Amaru. Son Esther Balestrino, María Ponce e Azuzena Vilaflor, as fundadoras das Nais da Praza de Maio, ás que o asanino Ángel Rubio bicou sinalándoas como pasaxeiras preferentes dequeles malditos avións que as botarían vivas ao Pacífico, xunto con outros tantos disidentes, ou non, da dictadura. Son Ada Byron, a filla do poeta e inventora da primeira linguaxe de programación. Son tamén heroes esquecidos como os campeóns olímpicos de México Tommie Schmith e John Carlos que foron quen de subir ao podio cos puños negros en alto para denunciar a humillación racial nos Estados Unidos. E son tamén, pais, paisaxes, artistas, inventos, fotografías, momentos, sinfonías, poetas, lendas, cidades, guerras, xogos, deportes, dictaduras, manifestos, e moitas máis cousas que mudan de significado porque se pintan con outras cores e se miran baixo outras luces. Nos espellos, ademais, as verbas lénse ao revés. E esto é o que fai o autor, invertir os termos, o da dereita para a esquerda, o de arriba para abaixo, do ceo ao inferno, de home a muller....e o espello nos devolve unhas imaxes máis axeitadas nas que nos sentimos moito máis cómodos, coma se nos decatásemos de socato dunha doenza por ter levado durante moito tempo os zapatos do revés.
[Para Uxío, grazas pola visita]
VERSIÓN CASTELÁN: En tiempos de Aspasia, Pericles fue el hombre más famoso de su tiempo". Con frases tan aparentemente sencillas es mucho lo que se puode hacer desde la literatura para arreglar el mundo. Galeano es una de esas voces imprescindibles que emplea la escritura para denunciar la injusticia. Su obra es la otra cara de la moneda de una historia que no recogieron los libros de texto, otra versión de los mismos hechos que cuentan los medios más prestigiosos. Es una escritura activista, que toma partido y que denuncia con valentía la programada perversión de un sistema que rechala la búsqueda de la felicidad. Las venas abiertas de de América Latina más que un libro, fue una revolución. Fue el primer gran espejo de Galeano, un enorme espejo en el que todo el mundo pudo ver los horrores del pasado e del presente de América Latina e incluso entenderlo. Las venas es un fresco grandioso al modo de los muralistas mexicanos. Galeano, igual que Siqueiros, Ribera u Orozco, también liga sus materiales primero, sus palabras, para inmediatamente fijarlas en la argamasa todavía húmeda, de las heridas aún abiertas, para que el color, el dolor, los hechos, penetren y, al secarse, se fijen para siempre. Galeano es un creador, un artista que trabaja con la palabra con una finalidade máis que estética, ética. Por eso no le puede afectar que o rechazen como historiador porque sencillamente non lo és, lo dijo siempre. Su intención no es la objetividad, al contrario, decide claramente tomar partido. Con la nobleza y claridad que lo caracterizan, siempre dijo que su obra no prentende ser historia, entre otras cousas porque non quiso nunca aislarse de la realidad de los hechos con esa coraza de una obxetividade, una herramienta sobrevalorada o, cuando menos, malentendida tantas veces, que hace una historia al servicio del poder. Un juego sucio, un engaño y una pretendida posición de neutralidad que se niega a desequilibrar una balanza que emplea unidades de medida diferentes segund convenga y en el que las víctimas valen tanto como el peso de sus almas. Una objectividad que, para muchos aspirantes a historiadores, funciona como aquellos depósitos de hormigón donde la mafia hacía desaparecer el cuerpo do delito. Asi quedaron ocultos, para siempre cientos, miles de mujeres y hombres que removieron la tierra para dejar la semilla que hoy brota en forma de grandes principios que nos protegen de la esclavitud, de la violación, de los genocidos, y que nos legitiman para elegir opciones sexuales, religiosas o políticas. Espejos, una historia casi universal, es otra historia universal de la infamia. Pocos libros llevan un título tan acorde, porque espejos son los invisibles que nos ven, los olvidades que nos recuerdan. Esos que también lucharon pese a no tener monumentos, calles o monografías que los recuerden. Son, por ejemplo, Micaela Bastidas, Bartolina Sisa, Gregoria Apaza, que también murieron descuatizadas como Túpac Amaru. Son Esther Balestrino, María Ponce e Azuzena Vilaflor, las fundadoras de las Madres de la Plaza de Mayo, a quienes el asesino Ángel Rubio besó para señalarlas como pasajeiras preferentes de los maltidos aviones que las arrojarían vivas al Pacífico, junto con otros tantos disidentes, o no, de la dictadura. Son Ada Byron, hija del poeta, inventora del primer lenguaje de programación. Son también héroes olvidados como los campeones olímpicos de México Tommie Schmith y John Carlos que subieron al podio con sus puños negros en alto para denunciar la humillación racial en los Estados Unidos. Y son también, padres, paisajes, artistas, inventos, fotografías, momentos, sinfonías, poetas, leyendas, ciudades, guerras, juegos, deportes, dictaduras, manifiestos, e muchas más cosas que cambian de significado porque se pintan co outros colores y se miran bajo otras luces. En los espejos, además, las palabras se leen al revés. Y esto es o que hace Galeano, invertir los términos, lo de la derecha para la izquierda, lo de arriba para abajo, del cielo al infierno, de hombre a mujer...para que el espejo nos devuelva unas imágenes más acordes, en las que nos sentimos mucho más cómodos cómodos, como si de repente nos diésemos cuenta de un viejo dolor a cusa de haber llevado siempre los zapatos del revés.