miércoles, marzo 30, 2011

Inneres Auge ¡grande Battiato!



Para Lula e Sir John Moore por se se animaN a traizoalo


Come un branco di lupi che scende dagli altipiani ululando o uno sciame di api accanite divoratrici di petali odoranti precipitano roteando come massi da altissimi monti in rovina.Uno dice che male c'è a organizzare feste private con delle belle ragazze per allietare Primari e Servitori dello Stato?Non ci siamo capiti e perchè mai dovremmo pagare anche gli extra a dei rincoglioniti? Che cosa possono le Leggi dove regna soltanto il denaro? La Giustizia non è altro che una pubblica merce... di cosa vivrebbero ciarlatani e truffatori se non avessero moneta sonante da gettare come ami fra la gente. La linea orizzontale ci spinge verso la materia, quella verticale verso lo spirito. Con le palpebre chiuse s'intravede un chiarore che con il tempo e ci vuole pazienza, si apre allo sguardo interiore: Inneres Auge, Das Innere Auge La linea orizzontale ci spinge verso la materia, quella verticale verso lo spirito. Ma quando ritorno in me, sulla mia via, a leggere e studiare, ascoltando i grandi del passato... mi basta una sonata di Corelli, perchè mi meravigli del Creato!.

esta maldita...e adiviña


Esta maldita veu para quedarse, vese que está a gustiño deitada bilateralmente a carón do acetábulo. Ao comezo fixen coma que non a vía, pasaba de largo. Eu. Erguía a cabeza e seguía pa´delante toda chula, coma se alguén moi importante me agardase a poucos metros. Ata facía que me falaban polo móbil ou de socato saudaba ao vento con tal de facela sentir incómoda. Nada. Cuspille, zosqueille, deixábaa ao seu aire e en canto se durmía ciscáballe por riba un balde de auga xeada para amolala. Nin se inmutou. Non dixo ren. Latente. Si. Sentía o latexo no seu curruncho e noutras contornas afastadas do seu solar recén expropiado. Din que hai que afacerse a este novo contexto. Aprender a convivir cuns veciños incómodos que te espertan a golpe de taladro de madrugada debe ser algo semellante. E se aínda ameazan con traer a todos os seus parentes e amigos prepárate a conciencia. Vai artellando un manual de uso dunha rutina distinta e incómoda que che fará sentir pésimo, como diría Martín Romaña. Terei que facerlle un sitio e poñer boa cara. Manda truco, andar disimulando a estas alturas. Pilloume desprevenida, facendo que facía, pero se pensa que vou quedar de brazos cruzados ollándoa con carraxe trabúcase. Estarei amoreando verbas indoloras ao redor do arrecendo do incondicional. Ese non doe nunca.

¿sabedes que cousa cousiña é a que aparece na foto?

viernes, marzo 25, 2011

booooooommmniversidade! (II) o asundo das capelas

Cando lin os primeiros titulares sobre o tema das capelas universitarias pensei que o asunto ía de departamentos e chiringuitos, tal é a consolidación e aceptación da metáfora. Pensei que o debate ía polo intrincado rueiro da deprimente universidade que o profesor Bermejo non deixa de criticar. Esa burbulla que segue a medrar cunha saúde a proba de bomba mesmo na cerna dun sistema paralizado pola crise. Esa dimensión do real na que un profesor se ausenta por un motivo justificado, debe garantizar que la docencia que no tiene quede cubierta del siguiente modo: el profesor que no tiene clases designa a otro para que no imparta las clases que no existen. Ese otro acepta no impartir las clases que no hay con todo su esfuerzo y se lo comunica a la dirección de su departamento, que, después de estudiar el caso, informa favorablemente de que no se den por parte de quienes no las iban a dar las clases que ya no existían. De lo que, a su vez, se informa al decano, que expresa su asentimiento a que se designe para no dar las clases que no existen a un profesor que no las dé, pudiendo tener que informar al rector si el profesor que no iba a dar las clases que no tenía se ausentase más de una semana (1). Pero non era tal. A cousa era de capelas propiamente ditas. As de dicir misa e confesar coas rodas do muíño dos de sempre. A detención dos estudantes que asaltaron a capela de Somosaguas da Complutense é pouco máis que un vasiño de auga fresca na travesía dun deserto asfixiante de apatía e conformismo que xa se está facendo insoportable. Que unhas rapazas con pouca roupa interrompan o discurso totalitario dun oficiante que non admite réplica paréceme un acto humanitario que representa a moitos miles de cidadáns paralizados pola impotencia. O de deter a estes rapaces por blasfemia e por delitos contra o sentimento relixioso e incluso o de solicitar a dimisión do rector Sr. Berzosa son reivindicacións dos que queren perpetuar o status quo de atraso e sometemento para seguir termando do choio. E o choio é o de sempre, o da mafia santa que quere seguir mercadeando coas miserias humanas confesión e hostias mediante. Non houbo blasfemia ningunha e no dos delitos contra o sentimento relixioso, que curioso ¿non? unha ameaza que semella provir do cumio do Sinaí, unha pozanca onde podemos ir a parar absolutamente todos os que falamos o que nos ven á cabeza porque cremos vivir nunha democracia case perfecta. Haiche cousas. E ¿que tal se lexislásemos contra delitos contra outro tipo de sentementos moito máis acaídos cos tempos? delitos contra o sentemento de moralidade ou de ética, contra o sentemento de estética, contra o sentemento de solidaridade, contra o sentimento de piedade, de compaixón ou de intelixencia, si, ¿por que non lexislamos contra delitos que ofenden á intelixencia?
(1) Bermejo, J.C. Gestores honoris causa.

jueves, marzo 24, 2011

O sillón Voltaire

Teño que elixir unha silla. Ergonómica. Ou sexa, que a partires de agora o acto de tomar asento, será outra cousa, algo deliberado. Quero dicir, que estarei sentada de xeito consciente. Que parvada ter que pensar que unha está sentada, que si as pernas debuxan un ángulo recto, que se as costas están curvadas de máis, que se por puro despiste cruzo as pernas e me volve caer o castigo. Pois bueno, elixo dúas sillas. Unha a ergonómica. Penso na crueldade dun aceno ¿deliberado? da de asuntos económicos. Esquezo. Non paga a pena. Cor vermella, a silla. A ergonómica. Pero velaquí está un novo proxecto. Unha nova lectura. E co ánimo máis ou menos recuperado fago o xuramento de que hai cousas que se deben de seguir facendo. E entón e cando me atopo co sillón Voltaire. Sentada na silla ergonómica vermella e de deseño, sento no sillón Voltaire e deixo falar ao feiticeiro...non andar cargando con tanto libro, anabande, non andar enmelancolizándose unha todo o tempo porque novamente se está de volta de tanto, anabande, non permanecer sen escribir, anabande, non tirarse nun sillón calqueira, só no sillón Voltair, anabande...o feiticeiro non para coas súas consignas mentres eu leo prospectos en clave literaria. [imaxe]

martes, marzo 22, 2011

microposts

...pero se eu o único que quería deixar era o tabaco....pois si que a fixen boa, si...

viernes, marzo 18, 2011

encantadora presenza

Quedo coa túa oferta de respiración sincronizada e coa poesía do meu querido e coñecido anónimo, irmán e poeta. Imaxínote agochado no recuncho dunha silveira de versos deliberadamente esquecidos entre as apergamiñadas capas dun libro de coro, por exemplo. Os mellores non destacades nadiña, que encantadora presenza a vosa.


La noche existe,
yo la he visto,
yo la veo.
oscura ,negra,
pero de vida llena.
Sombra democrática,
compañía ciega,
la miro y ....
no, no puede ser,
se acopla a mi
déjame!
demasiado oscura,
vete!
demasiado negra...
brilla el sol,
la vida empieza.

Versos de A.B. e foto de A.F.

lunes, marzo 07, 2011

Arkivio Véneto I: moréta

Celebro conxuntamente antroido e o día internacional da muller cun post veneciano. Queda así inaugurada oficialmente esta nova sección da lagoa onde fincarei todas as brìcole que amarrarán as ocorrencias deste período de intensa inmersión no lameiro sobre o que se ergue
a cidade máis fermosa do mundo. O antroido é tempo de transgresión. Unha paréntese onde, só en apariencia, se pode esquecer o ríxido control social e están permitidas todas as falcatruadas que sexamos quen de imaxinar. Unha especie de recreo ou válvula de escape que non ten outra función que a de confirmar a necesaria e irremediable volta á normalidade esto é, a volta ás cadeas, ás rutinas, ao rego. Esta especie do mundo do revés só dura na nosa latitude e nos nosos tempos escasos días. Na Serenísima era carnaval gran parte do ano. Pasaban a maioría do tempo posando, actuando. Por iso cicais foi Venecia o berce dos personaxes dramáticos máis universais. Arlequín, Pantaleón, Colombina...que ás veces semellan comportarse cómicamente mais que nos falan dunha realidade tan dura e curtida como as carautas dos burattini da commedia dell´arte. Entre esas máscara tradicionais venecianas chamoume a atención este sinxelo e cruel óvalo negro de uso exclusivamente feminino. Era a moréta. Non se ataba con cinta ningunha. A muller tiña que suxetala mordendo unha peza que tiña por dentro o que as obribaga a permanecer caladiñas mentras a levaban posta. ¿e sería entón que as mulleres venecianas eran todo o contrario do que Pietro Longhi representa nos seus ridottos?
Foto: El rinoceronte, Pietro Longhi. Detalle.

nadando...

¿por que te persigues? deja de ocuparte de ti. Deja caer los brazos, cierra los ojos y rema contra la inoportuna corriente de tus lágrimas. Que no te asusten, no ofrecerán tanta resistencia. O nada, si lo prefieres, a favor. Hazlo por ti, conciencia, o pensamiento, o deseo, o indiferencia. ¿quien dijo que ahí dentro o ahí abajo no se puede respirar? es más ¿quién dijo que es imprescindible respirar? nada, nada, nada, no hay nada, pero tú sigue nadando...

viernes, marzo 04, 2011

¡que non queremos máis corruptos oigan!



Foto: Eurorretrato da magnífica Esther Ferrer

Creo que é a primeira vez que participo nunca desas campañas políticas de recollida de firmas. Creo que falta só alguén que prenda un misto para que espertemos do letargo e marchemos aos nosos consistorios a fumigar. Mentres non chega o momento está ben que o pobo amose o civismo do que carece a nosa clase política. Así que fíxen caso aos de avaaz.org e aparte de asinar chamei a todas a sedes dos principais partidos políticos. Agás ao BNG que non estaba nesta lista, non sei se é porque é un partido supermarxinal ou supermegaético. Ogallá sexa esto último. Quería contarvos a miña experiencia porque a cousa desenvolveuse xusto ao revés do que eu pensaba. Os partidos de suposta esquerda, ou non collen o teléfono ou deixan ao cargo a un segurata bafexante ao cargo das chamadas, deixando pampa a unha grande parte da cidadanía que onte por primeira vez collía o teléfono para chamar á sede dos partidos. Neste caso do PSOE. Pola contra, o partido da dereita dispuña dun interlocutor amabilísimo e disposto a debater. Estiven uns dez minutos intercambiando pareceres cun home paciente e educado que malia que non aceptaba este tipo de accións amosou unha receptividade da que non deron conta nin sociatas nin nacionalistas nin comunistas. A propósito, IU non collía o teléfono e Convergencia asegurou que non tiña nas súas listaxes a ningún político corrupto. Non sei se valerá para algo esta campaña pero 70.000 sinaturas en dous días non é un dato para despreciar. A propósito ¿onde están aqueles de estoloarreglamosentretodos punto com? Ben, pode ser unha parvada esto das sinaturas online e o das chamadas pero polo menos serviume de desafogo.

miércoles, marzo 02, 2011

Pregúntale a Roucovarela.

Mire jefe, una pregunta que le hago en nombre de unos cuantos españoles ¿es verdad que susantamadreiglesia NO PAGA EL IVA? sabemos que si, es decir que no lo pagan ustedes pero me gustaría que me lo confirmase, ya sabe, por aquello de no blasfemar en vano, no sea que me apliquen la ley paquistaní.
P.S. En realidad me vale con que cualquiera con un conocimiento riguroso me conteste a esta pregunta
¿ES CIERTO QUE LA MAFIA SANTA, que decía la sin par Maruja Mallo ¿NO PAGA EL IVA?

¿nais militantes?

Ilustración: Paula Rego e Michael Jackson

Ao fío do que di hoxe a
amiga Lorena no XdG ocórreseme que o tema das nais militantes cicais deberiamos sometelo a unha análise un pouco máis en profundidade do que permiten uns poucos caracteres. Peliagudo tema o de ir á contra duns dereitos tan novos e modernos como estes que protexen a maternidade (o da paternidade creo que pode quedar para outro programa). Uns dereitos que tardaron tanto en chegar que eu diría que naceron xa obsoletos. Habendo como hai na nosa Europa modelos tan perfectos e con resultados tan satisfactorios non se entende esta teima por remendar descosidos dun tecido social do que se segue a turrar sen compasión. Hai quen o explica moi ben, pero ¿queren aprender algo os xestores da cousa pública?. Non. ¿por que? ¿porque somos idiotas? Non. Porque culpabilizar á vítima, ademais de cruel e miserable nunca foi solución. Aquí facemos así porque cando o tecido racha están os bos e xenerosos, neste caso as boas e xenerosas para facer o que hai que facer que é sair a traballar fóra pola metade de salario que o marido e logo currar na casa cunha basoira nun brazo e cun churumbel prendido da teta porque é supermoderno ser unha nai das de toda a vida. Procurando aquel fermoso artigo de Elvira Lindo para comentarlle a Lorena, din con esta páxina sobre as virtudes da crianza natural que me provocou case o mesmo arrepío que o roucovarela falando das redes sociais. As nais militantes, son lexión, certo. É curioso observar que adoitan ser mulleres cunha formación e estatus profesional superior á media. E convencidas como están de seren as que fan o correcto adoitan prácticas que as convirten en grupos pechados fronte a calquera crítica. Teñen moito que ver cos progres de pacotilla que aproveitan toda canta mani se organice para reivindicar a independencia do que sexa. É unha reviravolta mais do sistema paternalista e monócromo que quere reducirnos ás mulleres a máquinas de follar só para disfrute do machovarón, que nin se preña nin coida de momento a fillo ningún nin ten ao seu cargo a avós ou sogras con alzheimer. Pero o inimigo Lorena, non é esta nova nai militante dos derradeiros días. Como vai ser así, co que sufren. O que fan cando nos empurran ás outras cara as marxes é berrar colectivamente a súa desesperación. Difícil papeleta para as que non concordamos con dereitos de conciliación familiar, paternidades e maternidades compartidas e días por asuntos matrimoniais e fillos a cargo. ¿de que estamos a falar? ¿estaremos tolas? Pode ser, pero para min que contraer matrimonio polo rito que sexa, decidir ter fillos ou non, e marchar de luna de mel ou facer o pino durante quince días en Madeira non deberían ser motivo de discriminación positiva ou negativa ningunha. O que deberiamos é traballar por unha sociedade igualitaria dende abaixo, dende a educación de toda a vida.