Quixeches tocarme M. cando me pensabas e pechabas forte os ollos para crearme. Coa luz prendida gustábache máis. E pregabasme que te ollase mentres me memorizabas. Agora perdéronse algúns matices pero só con que te decidas un pouco alí estarei. No espello. Érgueste sorrindo a aloumiñas a frialdade do meu ventre movéndose ao ritmo dos reflexos que imaxinas. Cómplice do teu desexo retardas sensacións. Hai tempo. Xa se compón a figura con reminiscencias recuperadas pola túa teima de rescribir constantemente o mesmo parágrafo. Velaí estou xa, completamente debuxada. ¿vaste agora? véxote satisfeita co teu manancial de posibilidades. Pensas. Deliciosa esta dor ao abrollar as pólas en pleno outono. A túa man apalpa novas vetas que non codiciaras aínda. Entornas a porta mentras quezo co teu alento que nunca soa a despedida e entón é cando...miércoles, septiembre 30, 2009
Quixeches tocarme M.
Quixeches tocarme M. cando me pensabas e pechabas forte os ollos para crearme. Coa luz prendida gustábache máis. E pregabasme que te ollase mentres me memorizabas. Agora perdéronse algúns matices pero só con que te decidas un pouco alí estarei. No espello. Érgueste sorrindo a aloumiñas a frialdade do meu ventre movéndose ao ritmo dos reflexos que imaxinas. Cómplice do teu desexo retardas sensacións. Hai tempo. Xa se compón a figura con reminiscencias recuperadas pola túa teima de rescribir constantemente o mesmo parágrafo. Velaí estou xa, completamente debuxada. ¿vaste agora? véxote satisfeita co teu manancial de posibilidades. Pensas. Deliciosa esta dor ao abrollar as pólas en pleno outono. A túa man apalpa novas vetas que non codiciaras aínda. Entornas a porta mentras quezo co teu alento que nunca soa a despedida e entón é cando...martes, septiembre 29, 2009
Esmorgantes. Nin deus nin patria nin rei, abofé.
a Paco, Lourdes, Anxos, , Xose Luís, Mina, Quico, XanDaCova, XaimeDaPena, Lula Fortune, Arume dos Piñeiros, Conchy, Mani, Inma, Pablo, Juanma, Apicultor, Lorena, Aser, Medela, Chus, Virxinia, a aos que non puideron vir...Rubén, Vicky, Anxo...
lunes, septiembre 21, 2009
A palabra das fillas de Eva, Teresa Moure.
Para Ana.
Onte soñei contigo Ana. Traballabas nunha estacion de Metro en Madrid e eras, como sempre o centro de atención. Coa túa presenza ambigua esaxerando acenos e facendo chiscadelas para selar solidariedades. Eras aquel rapaz de sorriso burlón e profundo. Ao teu carón todas eramos novatas ou mequetrefes. Semellabas ter o control. Pero eu sabía que tú sabías que eu sabía. Por iso desconfiabas, por iso te volviches cara min e nos abrazamos tan violentamente. E non controlaches. Cazáronte os exhibicionistas disfrazados de inspectores, totalmente espidos, amosando o poderío da súa disuasión de pacotilla, para avergonzarte. Pero ti nada, non hai que te aprenda. Dixeches que serían uns trámites e termaches do teu pecado coidando que te ollasen ben e desapareciches entre aquela morea de postmodernísimos. Eu quedei alí. Non podía moverme. Naquela megalópole había que camiñar sobre globos e eu caía de contino. Ademais era transparente. Polo menos ata que me viron contigo, que a partir de aí xa comezaron a guindarme todo o regufallo das súas incoherencias léxicas. E voltaches axiña, mágoa, eu xa espertara daquela.miércoles, septiembre 16, 2009
A palabra descendida, Emilio González Ferrín.

Para Víctor

Aprender de contado unha nova lingua, desbotar algúns imperativos, colorear baleiros moi a modo para non invadir liñas, achegarse ao abismo e ollar sen medo as distancias, sentir o novo arrecendo do teu corpo, escoitar atentamente o silencio e berrar aproveitando o balbordo, procurar tempos, disimular cambios, reexplorar paisaxes archicoñecidas, sementar verbas na eira dun soño, recoller froitos fóra de tempo, desatender chamadas inoportunas de prudencias obsoletas, rachar espellos mentireiros, escoitar o canto das sereas, desentullar corredoiras, compoñer un soneto sobre un billete de cincuenta euros, inventar oracións e axeonllarse só para o que ti sabes, non sei se me entendes Víctor...
Imaxe: Lucien Freud. [pista]
Gústame M.
martes, septiembre 08, 2009
Ya no quedan piratones....
Gustoulle velo alí na escalinata da facultade tranquilamente lendo o xornal mentra ela se afacía á cidade na que quería vivir, pensou que era unha ocasión de poñerse ao día co seu tempo e que cicais ata podía ser boa cousa namorarse dun home tranquilo que a faría esquecer algún erro prolongado, el non repararía nela en moito tempo, xusto o preciso para que cada un debuxase camiños de seu que certo día celebrarían con pouquísimas verbas e un par de acenos. Ela debecía por fuchicar neses petos esgazados que degoiraban larpeiradas tan saborosas como inútiles. Cando atopou aquel sinxelo papeliño coas verbas do poeta atopou a clave da felicidade.Vivir a Vida, Sara Sefchovich
No se preocupe respondió el ya para entonces sobrio encargado, con un alambrito yo mismo puedo abrir, en esta vida cualquier cosa se arregla con un alambrito. Y dicho y hecho, en un santiamén las tres cerraduras importadas en las que mi marido había invertido miles de pesos y de las que tanto se vanagloriaba, cedieron con facilidad y pude entrar en mi hogar.
Máis información: El viaje en la obra de Sara Sefchovich.
Sefchovich, Sara. Exigencias imperiales y sueños imposibles. Del transculturalismo al multiculturalismo.
