miércoles, enero 24, 2007

Ryszard Kapuscinski....ata pronto...


Grazas a Comunicación Cultural coñezo a morte de Ryszard Kauscinski...é un dos meus deuses contemporáneos, xa vos teño falado deste Herotodo do século XXI despois de X.C. (segundo a cronoloxía da relixión cristiana). Sempre que reflexiono sobre algo, unha frase súa aparece nun lugar do meu pensamento para sinalarme que él xa estivo alí, me axuda a comprender un pouco. Quérolle a Kapuscinski porque estiven con él o derradeiro verán, nas horas nocturnas nas que os meus ollos pousaban nas súas páxinas e descansaban ollando para a Alhambra que iluminada pola noite, era a perfecta representación de tódolos lugares polos que me levaba nas súas viaxes...Axudoume eses días a levar un pouco mellor tanta indignidad e morte, Galicia ardendo e no Líbano morrendo tododiós sen saber...Lede a este pensador e filósofo e seredes moito más prudentes.
Abrindo ao azar...."Viajes con Heródoto"...:

Los chinos construyeron la muralla para defenderse de las invasiones de las tribus mongolas, nómadas, ágiles y expansivas. Dichas tribus llegaban en tropel, en turbamulta, formando ejércitos enteros, desde las estepas mongolas, la cordillera del Altai y el desierto de Gobi atacaban a los chinos, no cesaban de constituir una amenaza para su Estado y aterrorizaban con el fantasma de la masacre y la esclavitud.
Con todo, la Gran Muralla no era más que la punta del iceberg, un símbolo, un signo distintivo de China, un escudo de aquel país que durante milenios fue país de muros. Pues si bien la Gran Muralla sólo marcaba la frontera norte del imperio, también se alzaban murallas entre reinos en conflicto, entre regiones y entre barios. Defendías ciudades y aldeas, puentes y desfiladeros. Protegían palación, sedes gubernamentales, templos y ferias. CUarteles, puestos de policía y cárceles. Los muros rodeaban casas particulares, separando un vecino de otro, una familia de otra. Y si partimos del supuesto de que los chinos levantaron murallas ininterrumpidamente durante cientos e incluso miles de años, si tomamos en consideración el -siempre alto-número de aquéllos, su entrega y disposición al sacrificio, su disciplina ejemplar y su laboriosidad de hormigas, obtendremos un saldo de cientos de millones de horas gastadas en construir murallas, horas que en un país pobre se habrían podido emplear en cosas tan útiles como aprender a leer y aprender un oficio, en cultivar nuevos campos y criar un hermoso ganado. He aquí donde está la energía del mundo. ¡Cuán irracional! ¡Cuán inútil!...

domingo, enero 21, 2007

ESTAMOS PECHADOS NA REITORÍA DA UNIVERSIDADE DE VIGO



O colectivo de traballadores da Universidade de Vigo-persoal laboral-, levamos pechados na reitoría tres días logo de casi dos anos de negociacións frustrantes co equipo de goberno. ¿qué pedimos? pois algúns ser mileuristas que é o que se leva. Si, sí, podedes crelo, hai persoal desta universidade que gaña 800€ ao mes. Bueno, eu mesma, bibliotecaria do grupo III, gaño exactamente 975. As horas do peche dan para moito, entre outras cousas para poñerse ao día dos chanchullos que teñen lugar na institución, que parece que todo o mundo sabe pero ninguén é quen de denuncialo...milleiros de cartos que con motivo do Prestige se repartiron uns cantos, fundacións que reparte cartos entre ficticios equipos de investigación, directivos que levan a contabilidade de memoria e acosan aos administrativos que queren cumprimentar como Dios manda os libros de contabilidade... e nós pobriños conserxes, bibliotecarios (algúns, non os funcionarios que gañan dous veces máis que nós), auxiliares de deportes (os que veñen de aprobar a oposición gañan 800 euros), e outros moitos máis traballadores, nós somos agasallados dende hai dous anos con ameazas de cambios de quenda por razóns de servicio, incremento de funcións por 20 euros ao mes, en fin...unha mágoa de xestores que en tempos de abundacia enchen os petos e deixan que a institución a organice San Teleco que para iso se lle deixa facer o que lle peta no día da súa onomástica. Iso si, o humor non nos falta, se queredes podedes seguir o peche no noso blog.

viernes, enero 19, 2007

Blog archivium-sancti-iacobi


Foto: Ana Bande.

Esta é unha foto que fixen hai uns vinte anos, creo, nun dos mosteiros da Rioxa, ¿San Millán?, pode ser. Lembro ir por un corredor e tirar desta humilde portiña na parede blanca e a sorpresa que levei cando se me apareceron estes pesados e ricos libros. Temén me asombrei do deplorable estado no que se conservaban nun mosteiro tan importante e que acolle as primeiras letras no castelán. Rotos, cheos de polvo e deformados pola incomodidade da postura á que se lles condenou durante séculos conservaban toda a súa dignidade erguidos sobre uns raís de madeira dos que se tira por medio dunhas argolas de ferro. Aproveito a foto para darvos a coñecer o blog archivium-sancti-iacobi, unha iniciativa dun grupo de investigadores sobre documentación medieval.

lunes, enero 15, 2007

Os libros que hai que ler

Esta é a derradeira lista de libros que nos propoñen dende anglolandia se queremos presumir de cultos cultísimos. Non vou recomendalo porque a súa lectura pode quitar tempo para outras que sí son imprescindibles como Cervantes, Homero (este non figura no listado, nin a Ilíada nin a Odisea, os libros que calquera persoa mínimamente preocupada xa non pola literatura senón polo home e a historia en xeral levaría a unha illa deserta) Gombrowicz, Pitol, Alexandre Vona, etc, etc. Ademáis a lectura ten que ser un acto de liberdade, e os libros que leo son os que me recomenda unha boa amiga, os que me agasalla alguén que amo, os que me serviron para elixir o nome da miña filla, os que merquei nunha viaxe inesquecible, os que atopei nun parque e que levan unha etiqueta de bookcrossing, os que coñecín nun blog que me gusta, os que a min me gostaría escribir, os que me gosta regalar, as boas edicións críticas, os que me presentan as cousas dun xeito moi diferente, os que foron escritos logo de moitas horas de traballo e investigación na procura dun pasado que nunca se contou, os libros de arte tan ben editados, os que leo antes dunha viaxe que quero facer, os que me excitan sexualmente e intelectualmente, os que me aportan ideas para entender este complexo mundo, os escritos por persoas sensibles e curiosas que pasan a vida viaxando e reflexionando sobre o mundo que nos rodea, os escritos por amigas, os dos verdadeiros pensadores que falaron claro malia tódolos procesos xudiciais e rexeitamentos do mundo, etc, etc....e así pouco a pouco vas facendo a túa propia biblioteca...boas noites e boas lecturas.

viernes, enero 12, 2007

COUSAS QUE NOS DAN NOXO...






Tanto ten que se chamen Consellos de Ministros, Xuntas de Presidentes, Consellos de Dirección, a foto repítese, as mulleres NON PINTAMOS NADA. Este post reveindicativo do feminino adícollo aos insorportables, caducos, mentecatos, petulantes e eu diría tamén perturbados que cacarean e insultan todo o santo día na bochornosa radio intereconomía ou non sei qué...Para estes líderes de audiencia as feministas son unhas PIRADAS, así, literalmente. A Vicepresidenta do Goberno é "a fenómena", Zapatero un "inútil" y así con todos os que non pensan coma eles...Unha auténtica vergonza de emisora e de tertulianos...e pola mañá despertas igual, un tal Herrera en la Onda que en vez de Otegui di "ese sinvergüenza"....e máis e máis...A radio xa non ofrece noticias, só ideas dixeridas e xa vomitadas por pseudoperiodistas a soldo hoxe de uns e mañá outros...

RECURSOS SOBRE BIBLIOTECAS DIXITAIS

(Foto) Vía E-LIS din cuns materiais moi interesantes sobre Bibliotecas Dixitais. Hai só un par de días vos presentaba o prometedor blog de Dídac e agora atopo este curso seu sobre "Novas ferramentas para as bibliotecas dixitais". Sobre o novo Polibuscador da Universidade de Valencia, a presentación de Margarita Estellés La Biblioteca Digital de la UPV : Sakai y Polibuscador; una apuesta por la integración. Usando las bibliotecas digitales. Jiménez Aleixandre, Miguel. Impacto de las tecnologías de la información y las comunicaciones en la educación superior de Francisco Lee Tenorio y Raúl Gonzalo Torricella Morales. La Biblioteca Digital : Investigación y docencia en el Espacio Europeo de Educación Superior de Fernanda Peset Mancebo.

jueves, enero 11, 2007

Derradeiras descobertas na blogosfera


Grazas a Catuxa que me liou no Econozco chego a Todas, un precioso blog feminino. É un espazo variado, divertido e rico en contidos.
Por Brétemas, o blogueiro máis productivo que coñezo, chego ao blog de Kilo Da Silva. Se cos debuxos xa nos cativaba agora temos a ledicia de contar cos seus textos e sobre todo cos comentarios da súa comunidade de amigos polos que chegamos a outros artistas e espazos relacionados con esta maravillosa arte da ilustración.
Temén hai pouco que coñezo a Cambote e o seu Cadelo de Paulov pero gústame o que escribe e sobre todo os recursos que nos presenta. Grazas a él coñecín a Nano.

domingo, enero 07, 2007

Novo blog sobre a Web 2.0

Hai pouco tempo que apareceu o blog DosPuntoCero. Didac Margaix, da Universidade Politécnica de Valencia, o seu autor, presenta un espazo adicado á investigación sobre a Biblioteca 2.0 e á Web 2.0 en xeral. A xulgar polos contidos actuais vai ser un blog de seguimento obrigado para estar ao día nun tema que representa nin máis ni menos que o futuro da rede, e polo tanto de moito máis. Como ben sinala Didac, o feito de que a revista Time nomease a tódolos usuarios da Internet como personaxe do ano 2006 é xa un síntoma moi claro da importancia do asunto.
Interesante o video sobre a noticia (Vía DosPuntoCero)

sábado, enero 06, 2007

W.Gombrowicz, Curso de filosofía en seis horas y cuarto

Unha filosofía que non axude a vivir non merece nin unha hora de atención
(W.Gomobrowicz)

Gústame W.G. porque é libre, independente, antolladizo, provocador, ateo, individualista, acróbata...un outsider, como gostaba definirse a sí mesmo. Pero ademáis gústame polas súas continuas contradiccións, a súa autosuficiencia e autoenxalzamento. E por suposto a súa ironía. Estas características da súa personalidade son as ferramentas que lle permitiron sobrevivir moi dignamente nun entorno tan hostil tanto no persoal como no profesional. W.G. tiña que ser un home dunha personalidade irresistible pero ao mellor non. Quizais era un temperamento introvertido, un tipo con moitos complexos e fobias ao xeito dun Houellebecq da época, que igual ca este, atopa na escritura o xarro perfecto para o seu viño acedo...
Aquí vos deixo algúnhas palabras súas pertencentes ao seu derradeiro libro "Curso de Filosofía en seis horas y cuarto".
Es para mí un misterio que libros interesantes como los de Schopenhauer (¡y los míos!) no encuentren lectores ... Pero Hegel y Schopenhauer tenían argumentos para mostrar que un genio no puede tener éxito, puesto que sobrepasa a su tiempo. Por esta razón el genio resulta incomprensible y no serive para nadie. Así que Schopenhauer y yo nos consolamos bastante bien. (W.G.Curso de filosofía en seis horas y cuarto. P.64)

jueves, enero 04, 2007

A blogosfera hispana: Desmitificación



Ponencia de Jose Luis Orihuela presentada no Evento Blog 2006 en Sevilla. Gustoume esta biografía do fenómeno blog.

Grafiteiro vigués


(Foto: subacuatica.com)
Grazas a Cambote chego aquí. Alégrame coñecer a Nanno, o autor dos chocos que se reproducen por todo o noso Vigo e ao que vemos na foto en plena acción. Gústanme estas intervencións artísticas porque humanizan as nosas cidades cada vez máis grises e frías. Ademáis, moitos dos debuxos conteñen mensaxes ben interesantes, só se precisa querer escoitar. Aínda que no comezo foi unha manifestación totalmente transgresora, hoxe, o graffiti xa entrou na zona de perigo. Meter estas obras nos museos non é outra cousa que rachar co seu sentido e desvirtuar totalmente a mensaxe. A maldita posta en valor tan de moda e que terminará por quitarlle o cheiro ao mesmo inferno...