Hobson, John M. Los orígenes orientales de la civilización de occidente. Barcelona, Crítica, 2006.
Non é nada novo o chauvinismo que nos caracteriza aos occidentais e a fachenda que nos fai pensar que o noso nivel de desenvolvemento é claramente superior a calquera outra forma de vida neste cada vez menos variado mundo. Ao fío do interesante debate que mantivemos estes días adico este post a un dos grandes do
blogomillo. Señor de la
highway61, é vostede un grande "conversador". Aínda que non coincido coas súas posturas é unha ledicia ler os seus comentarios e argumentos porque denotan un interese profundo en cuestións tan transcendentes como a tolerancia e o respeto ao "outro". Este libro tiña que ser de lectura obrigada porque constitúe unha investigación documentadísima que desfai totalmente unha grande impostura histórica: a consideración diso que chamamos occidente como o berce da civilización superior. En realidade o progreso desta parte do mundo acadouse, xa o sabiamos, pola vía do imperialismo a a apropiación dos recursos dos outros. Nesta obra revísanse moitos mitos que hoxe son tan intocables como os himnos e as bandeiras: o mito do milagro industrial europeo, o mito dos descubrimentos, o lado oscuro da industrialización británica, o mito do estado liberal-democrático racional de Occidente, en fin, un plantexamento ambicioso pero non novo. Hai outros que moito antes trataron de abrirnos os ollos pero que permanecen ben agachados nos anaqueis das nosas bibliotecas, non son lecturas obrigatorias, nin sequera recomendadas porque tiran a dar e iso de ir por aí "desfaciendo entuertos" semella que é mellor deixalo para trasnoitados e anacrónicos cabaleiros. Estou pensando concretamente na obra de
Blanco White, un perfecto descoñecido que xa hai douscentos anos criticaba o atraso do noso país, as corridas de toros, facía crítica literaria e sentía verdadeira repugnacia polo fanatismo dos católicos. Unha
rara avis da que algún día, quizais cando mude o sentido da rotación da Terra, nos lembraremos con orgullo.
Hobson, John M. "Los orígenes orientales de la civilización de occidente". Barcelona, Crítica, 2006.