Foto Seguimos co cinismo, esta vez, outra vez, baixo a capa da rigorosidade e ampulosidade dun título que non deixa marxe á desconfianza. Si, Freud, outra vez, redivivo e impertinentemente inmortal. Remorto de risa que debe andar o fundador das teorías máis reviradas para explicar castracións propias, alleas, inventadas, reprimidas, sublimadas e ata diría eu autofeladas (siiiiii...benvidos outra vez ao clube harveykeitelián). E digo eu ¿a quen lle rendiría máis matar ao pai, ao pai da paiasada que cobraba o equivalente a 600 euros por diagnosticar unha felación na infancia a unha muller con problemas de herpes nos beizos ou a este fillo castrati por facer o libro que lle gustaría escribir a Belén Esteban (perdoen a crueldade) se soubese un chisco de filosofía? Se queren falamos do libro que para eso me metín case cincocentas páxinas desta suposta redefenestración do que xa estaba morto e enterrado, conste, pero mellor só dicirlles que é máis do mesmo. Eles, os filósofos, a flor e nata da intelixencia masculina en estado puro outra vez desfacendo os miolos do inintelixible sen decatarse absolutamente de nada, bueno, de nada do que lles interesa que normalmente é atopar unha explicación a ese estraño comportamento dun órgano cuxa carencia nos convirte a nós, as histéricas, en seres tan virtuosamente incompletos.
Post Data I:
Pero falemos do libro. Comeza Onfray cunha autobiografía mínima onde se nos presenta como un rapaz cobizoso de saber logo de ter sufrido unha aborrecible educación nun colexio relixioso onde dicía algo así como que cada día te deitabas sospeitando que a próxima xornada aínda podías descender outro chanzo na escala moral. Non problema, entendemos perfectamente, aquí no noso terruño sabemos perfectamente do que fala cando se refire a asuntos de curas e monxas no relativo á educación. Pois ben, ese rapaz axitado por unha irrefrenable pulsión de saber atópase cos tres autores que lle marcarán para sempre: Marx, Nietzsche e Freud aos que lle rende o culto que merece quen de súpeto ou milagre consiguen acougar un espíritu inquedo marcado por dudas existenciais irresolubles dende que ten miolos para pensar por si mesmo. De súpeto, e gracias a eles faise comunista e ateo convencido, ao tempo que acada unha precisa dose de tranquilidade cos asuntos do sexo grazas ás convincentes páxinas do pai da psicanálise. Logo virán os anos de univerisade, de docencia e de grandes proxectos como a fundacion dunha universidade propia. A Universidade Popular. Non explica moito en qué consiste ese proxecto. Non sei se o de popular se corresponde cunha propensión solidaria na súa angueira profesional permitindo o acceso ao saber ás clases máis humildes ou se é só unha referencia as reformas na universidade emprendidas por Humboldt, como el mismo recoñece. Sendo así, só podo supoñer que se trata dun proxecto elitista no que o acceso estará tanto restrinxido por razóns de clase como económicas. Se me deteño nesta cuestión e precisamente porque un dos ataques que o autor dirixe contra Freud é precisamente a súa ambición económica repetíndonos a cotío que cobraba por cada sesión o equivalente a seiscentos euros actuais e que atendía a unha media de oito pacientes diarios creo lembrar. Non estaría mal saber cantos cartos precisa un aspirante a participar nas prestixiosas clases de Mr. Onfray. Non está de máis preguntarse dende o principio, posto que sabemos do rendible debate económico que propiciou esta aventura fisolófica para o autor, cal é o verdadeiro interese de Onfray ao acometer este estudo. Dende o principio era moi ben sabido que o libro ía reportar moitos beneficios económicos. Matar ao pai da psicanálise tiña que preverse como unha exitosísima operación editorial posto que o libro xa saiu traducido a sete ou oito idiomas.... (to be continued)
Post Data II (27.10.2011)
Ler este libro contra Freud tivo que ver moito con Zweig. Na correspondencia que mantiveron o escritor non aforra verbas de admiración, ás veces innecesariamente esaxeradas, aínda tendo en conta a "cuestión de estilo" que marcaba tan profundamente a escrita daqueles primeiros anos vinte. Nas cartas de Freud, o admirado, chamoume a atención tamén un indisimulado ton de falsa humildade e de artificiosa autoestima que certamente daba terrexío, ás veces...poñamos, pois, como punto a favor de Onfray ese esforzo de documentación do que presume pero sen quitar ollo de que emprega unha la para tecer un artefacto ben distinto ao que merecería o nome de ensaio científico...xa que tanto lles gusta o calificativo -esto a todos, por certo- cando queren poñer unha obra en valor...pois aí esa carta de Freud a Zweig.
18-5-1936
Viena, IX., Berggasse, 19
XIX Strasserg 47
Querido Señor:
Espero que me perdone pono haberle contestado hasta hoy. Por fin se han acabado estos días absorbentes y fatigosos. Antes de constestarle he vuelto a leer su carta. Suena tan sencilla y auténtica que podría hacerme olvidar que la escribió un maestro del estilo: casi me convence de mi importancia. No es que dude de la veracidad de mis teorías, pero me resulta difícil creer que puedan tener una influencia demostrable sobre la evolución del futuro inmediato. Desde mi punto de vista soy mucho menos importante de como me presenta usted, así que prefiero extenderme sobre algo de lo que estoy más seguro: la simpatía extrema que me ha manisfestado al tomarse tantas molestias para la celebración de mi cumpleaños. La hermosa felicitación que redactó junto con Thomas Mann, así como el dircurso de Mann, en Viena, fueron dos vivencias capaces de reconciliarme con el hecho de ser tan viejo. En efecto, aunque he sido insólitamente feliz en mi hogar, con mis hijos y sobre todo con una hija que satisface en una medida infrecuente las pretensiones de cualquier padre, no puedo familiarizarme con la miseria y el desamparo de la vejez y afronto el paso al no-ser con una especie de ansia. No podré ahorrarles a mis seres queridos el dolor de la separación. Mi situación de excepcionalidad respecto a usted también encontrará, pues, un fin. Creo que en su galería de criaturas humanas notables (su panóptico, como a menudo lo llamo bromeando) no soy seguramente la más interesante pero sí la única persona viva. Quizá agradezco a esta circunstancia mucha de la calidez de su simpatía. Con los biógrafos, se produce ese fenómeno que denominamos "transferencia".
Con cordial agradecimiento.
SIGM. FREUD
En: Stefan Zweig. Correspondencia con Sigmund Freud, Rainer Maria Rilke y Arthur Schnitzler. Barcelona: Paidós, 2004.