Todo canto traballo se faga a prol da consecución dunha sociedade máis respectuosa coas diferencias será bo, é bo, é imprescindible. Por iso mesmo cómpre aplaudir -coa parte do corpo que sexa- canta acción se organice. Pero cómpre tamén, e tamen urxe, unha crítica que arporice un pouco ao respetable, poque non podemos estar sempre co mesmo. No tema da igualdade -non me gusta o termo pero está tan instalado que é realmente difícil buscar alternativa- hai moito traballo feito, dicíalle eu a Diana nun comentario sobre a súa presentación do libro "no es país para coños", e hai que tomarse a molestia de lelo, reflexionalo, valorar os resultados de anteriores experiencias e regurxitar un novo discurso, aínda que que só sexa para articular un argumentario que tanto a Diana -á que aplaudo, non cos xenitais, non coas neuronas, senón coa adrenalina agora reciclada graza á súa charleta- como a canta persoa -especialmente identificada coa tradicional caste de muller- organice un simposio ou acto no que seguro que se ten que enfrontar cos mesmos dragóns milenarios de sempre...xa saben...que si Anxela Merkel, que si as feministas neonazis, que si nós parimos nós decidimos pero pobres eles que tamén sofren e por quintuplicado o aldraxe destas amazonas libertarias que só andan na procura dunha pingalla de esperma para que as fecunde. Si, é cansino, gabancioso, pero sobre todo, moi, moi ineficaz porque segue coa matraca de sempre, de inserirnos en dúas únicas e aburridas cápsulas sexuais, dous compartimentos estancos que non admiten discusión. E claro, a enerxías esgótanse colegas, porque non hai forza que resista a milenios de historia e millóns de páxinas e bits perfectamente heteroxesuais e diádicos. Así que lembrade Dianas, lembrade a segunda onda, a terceira onda, e lembrade ou buscade novos paradigmas novísimos para nos, pero que xa teñen vinte, trinta anos e que aínda non deron nada de sí polos nosos lares. Cuestionádevos as categorías mesmas de "home e muller", pensade naquela frase de Monica Wittig "as lesbianas non son mulleres" e turrade deses fíos, atoparédevos un pouco máis cómodas en traxes máis folgados.
martes, febrero 21, 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)