domingo, diciembre 23, 2012

moreas de merda...

Mierda de artista. Piero Manzoni

Podemos elixir a forma, en prosa... 
...y las informaciones sobre el nivel educativo de los españoles, que no son recientes sino que se prodigan desde hace muchos años, abarcando a varias generaciones de estudiantes, nos indican que nuestra ciudadanía, poco menos que analfabeta, no posee instrumentos críticos y, por tanto, es incapaz de sostener una democracia...(ler máis)[Rafael Argullol]


ou en verso...
Por mais que miro e asexo
pra esta masa informe e lerda
eu outra cousa non vexo
sinon moreas de merda.
Merda adequerida ou herda,
merda dediante i en pos,
grandes palleiros de merda
acugulada en montós.
Merda disposta en estiba,
merda debaixo e por riba,
merda a dereita i a esquerda.
Por iso penso que a perda
da espulsión foi positiva
pois liberoume da merda

[Celso Emilio Ferreiro]

miércoles, diciembre 05, 2012

A oposición, o parlamento galego e as boas maneiras, Xenaro García Suárez

Antony Gormley. The Brick Man (1987)

Grazas a Xenaro pola achega deste documento

A OPOSICIÓN, O PARLAMENTO GALEGO E AS BOAS MANEIRAS                                      
     Xenaro García Suárez


Eran finais do ano 1976. Ao remate dunha conferencia na Asociación Cultural de Vigo, daquela copada pola UPG, foramos tomar un viño. A conversa discorrera arredor da incipiente presencia da UGT en Citroên e noutras empresas, e sobre a tímida aparición dalgún dos poucos membros que comezaban a nutrir as exiguas ringleiras do PSOE nas asociacións de veciños ou en plataformas polo estilo.
         Sei que estaba presente Camilo Nogueira e que se falara da impostura dos que estiveran de vacacións durante os anos duros e que, agora baixo aquelas siglas, procuraban recuperar o tempo na nova andaina protodemocrática. A maioría dos asistentes sentenciara: non teñen nada que facer.
         A reconstrución das lembranzas son traizoeiras, e a respecto disto teño asumido desde hai moito tempo que o iso xa o dixera eu debe ficar á marxe de calquera relato, sobre todo se é en primeira persoa. O que si lembro e que o Camilo mais eu defenderamos posturas antagónicas, un -ao mellor até era eu, aínda que agora pense que defendín o contrario- mantiña que como ían a UGT e o PSOE lograr unha rápida implantación se a súa existencia era nula, apenas un par de militantes e sen ningunha presenza nas fábricas, no ensino ou na sanidade. Os que existían eran o PC e  Comisións, por dicilo así, desde sempre, e nos últimos anos a ANPG, o SOG, a UTEG o sindicato da sanidade, as comisións labregas e a rede de asociacións culturais que acreditaban a implantación de todo o que orbitaba arredor da UPG. Eran demasiados anos de traballo e de sacrificio para que en pouco tempo uns adventicios acadasen o noso nivel de implantación. Mais o Camilo -ou eu- tirando da literatura clásica ao efecto e, en definitiva, da historia, explicou que estaba moi claro cal era o papel da social democracia, e que naqueles momentos non sei cantas organizacións, desde a CIA até o Bundesbank, estaban a traballar arreo e con urxencia para facer do PSOE un partido de goberno e garantir así unha transición gatopardesca.
         E pasou o que pasou. E entre unha chea de franquistas por omisión –boa xente, mais con certa facilidade para mirar cara outra parte e que, sobre todo, tiña claro que se non se metía en leas podía vivir tan tranquila-, e outros que si militaran na clandestinidade, desde a LCR até o PC, dispostos a sacar rápido rendemento ao seu curriculum, foise organizando un exército fundamentalmente acomodaticio, cuxas ringleiras nutriron desde antiabortistas e xentes máis preocupadas pola súa carteira que por outra cousa, até algúns cidadáns de boa fe que unha vez iniciada a andaina democrática se apuntaban a aquel partido co mesmo acriticismo que se se houbesen dado de alta como socios dun clube de fútbol. A fervenza continua de marcos, e a confluencia de todos os poderes fácticos, fixo que o invento funcionase á perfección e, en definitiva, o PSOE foi a peza fundamental para que se dese a transición tan peculiar do fascismo á democracia que, malia o empeño de Vicenç Navarro e uns cantos máis, segue a ser presentada como exemplar por quen posúe o monopolio da información.  No PSOE, dende aquela até hoxe apenas houbo disensións – que eu lembre Gómez Llorente, Alonso Puerta e poucos máis-, e ninguén se desmandou da disciplina de voto nin do catecismo conxuntural, mesmo cando se abriron as portas para atacar os dereitos máis elementais.
         O día que redacto estas notas é o seguinte da homenaxe do PSOE ao conselleiro independente, de Gas Natural Fenosa, Felipe González, so a consigna  Democracia, libertad, derechos. Gracias Felipe. Supoño que a liberdade se referirá á de mercado, os dereitos aos dos consumidores sometidos ao réxime de oligopolio das eléctricas, e a democracia a poder escoller entre a ENDESA de Aznar, e o Gas Natural de Felipe. Semella que tamén nisto hai que incentivar o bipartidismo. Unha cousa non ten que ver coa outra e como era de esperar a convocatoria para recrearse nas pretéritas glorias foi un éxito.
         Conforme a situación social se ía facendo máis explosiva, agardaba, iluso de min, que dentro das filas do PSOE houbese un mínimo cisma, que alguén chegara, con toda a moderación que a socialdemocracia requira, a cuestionar frontalmente a arremetida escandalosa do capital finaceiro contra a propia existencia da maioría dos humanos; mais non. Non entenden a perda de votos, teñen que facer algo, tirarlle máis proveito ás novas tecnoloxías, ser un proxecto de maiorías, e por trinta anos, afortalar as organizacións, escoller novos líderes. Mais de discusión ideolóxica, de cuestionar definitivamente a sumisión ao capital financeiro especulativo, nada de nada. Ou quizais sí, mais con todos os matices para que non mude o substancial.
         Mesmo, perante a maioritaria reivindicación soberanista de Catalunya esquecéronse de que se o PSC, en parte, era algo distinto ao resto do PSOE foi porque existía antes do seu lanzamento a base da mercadotecnia alemá, e estaba a favor do dereito de autodeterminación. Tamén é certo que na andaina en común pouco se distinguiu o PSC do PSOE, mais algo sempre queda, e o imaxinario dun militante socialista catalán, supoño, tería máis que ver co PSC de Maragall que co PSOE de Bono.         
En definitiva, a vista do que está a ocorrer, da súa indefinición, da corrupción que parece que si pero non, o PSOE abanéase.  E é isto o que en verdade preocupa aos poderes fácticos, aos medios e poida que tamén ao PP.
         O  PSOE non ofrece unha alternativa críbel para saír da crise. Os seus retoques apenas diferirían nos prazos e nas formas das groseiras medidas que sen ningún tipo de pudor –¿hai algunha sociedade inmobiliaria ou de xestión sanitaria á que non pertenza o home da Cospedal?- implanta o PP, e non debemos esquecer tampouco que quen empezou a poñerse aos pés dos mercados cedendo a todas as extorsións foi un goberno do PSOE.
É completamente insultante que se siga a desprazar o centro de atención do que está a acontecer cara ás acusacións dunha das franquías maioritarias á outra, sobre pasadas culpas, sobre que calote foi máis importante ou sobre se na lista de agraciados multimillonarios no expolio das caixas pesaba máis a lista do PP ou a do PSOE. Ocórreseme: ¿tan difícil é presentar unha moción para declarar persoas non gratas –ou cidadáns sen escrúpulos-, desde De la Merced a Acebes e non sei cantos familiares de cargos do PP, pasando por Moltó e Serra, e por Gayoso, Pego, Rato, Méndez,..., e mesmo por todos os estómagos agradecidos que gozaron de viaxes, créditos ao 0% e múltiples prebendas por ser submisos e levantar a man cando compría?
         Xa sei a contestación: todo foi legal. E todas as falcatruadas que deron na sobreexposición ao tixolo, tamén. E que a banca alemá quixera beneficiarse do suculento negocio montado sobre un lameiro, ídem de ídem.
             Entón, por qué non se deixan de lado cuestións menores -non polas súas consecuencias dramáticas senón porque non van ao mal de raíz- e centrase a batalla no fundamental? A estupidez do déficit cero e os recortes, xa comprobados os danos irreversíveis que causaron e seguirán a causar, son tan eficaces como as preferentes con vencimento en 9999. Pura verborrea disfrazada de técnica orzamentaria para que siga a gañar a banca e Alemaña cobre.
Xa abonda de reviravoltas e de contos podres. Que os especuladores e trileiros, Alemaña incluída, vaian cobrar, disimulen a expresión, a casa de Deus –quizais o Vaticano e os representantes doutros deuses teñan cartos a esgalla. A débeda ilexítima non se paga e xa está. ¿Que as consecuencias son tremendas? ¿que nos botan do euro? ¿que o FMI, a OCDE e o banco Mundial se cabrean? De acordo, xa veremos como nos amañamos, agás o da saída do euro non sería o primeiro caso na historia.
         Ademais, hai que repetilo até a saciedade: hai cartos abondo, nunca houbo tantos, o problema é a súa distribución, e nunca foi tan fácil para os especuladores e as grandes fortunas acumular tanta riqueza a tan pouco custo e con tanto descontrol.
         Calquera alternativa política realista, cualificada de tal por encarar a realidade sen someterse ao relato da ideoloxía dominante, debe facer fincapé en que unha débeda inmoral, inxusta e ilegal non se paga e, xa que logo, non se debe colaborar na prescrición das doses de vaselina necesaria para facer menos dolorosa a aplicación dos obuses camuflados en supositorios.  O outro piar, o fundamental, é a equidistribución. Insisto, hai moitos cartos, moitísmos, e é indispensábel unha continua mobilización esixindo outra distribución deles. Asumido isto tamén é certo que quen debe mirar para que as cousas así se fagan, quizais teña que renunciar a certas prebendas, situándose nos seus hábitos máis ao lado dos cidadáns do común que, poñamos por caso, dos empoleirados presidentes de consellos de administración, dos banqueiros ou dos ociosos membros das casas reais, reinantes ou destronadas. É unha mágoa que Olof Palme e Sandro Pertini –ou mesmo Eisenhower- xa morreran, a máis de un poderían darlle un curso acelerado de que ocupar o máximo grao do poder político non está rifado coa discreción e a austeridade.
         Despois do discurso de investidura de Feijóo, o voceiro de AGE, Xose Manuel Beiras, na súa segunda intervención falou de ética; algo extemporáneo moi fora de lugar, segundo concordaron ao día seguinte os cronistas dunha prensa que ás veces editorializa pedindo transparencia, recortes na administración e optimización do gasto, mentres se nutre de suculentas subvencións. Desde o palco algúns que todos coñecemos, dos que sabemos o que acumularon desde que se dedican profesionalmente á política, nin se inmutaron.
Na primeira intervención falou Beiras do franquismo actual; estou de acordo cos que din que se trabucou. Aparentemente agora hai liberdade de prensa, a prensa é libre de publicar o que lle pete, e visualizar a evidencia resulta bastante máis díficil que naqueles tempos. A información ao servizo das clases dominantes, chámense bancos ou petroleiras, nunha poboación cada vez menos crítica -é así, que lle imos facer- é moito máis difícil de desenmascarar. Sirva de exemplo como influíron nos resultados electorais o asunto das eólicas, o dos Audi  e o paseo de Quintana en barco; aqueles días non había outro tema. Porén, nas visperas das últimas eleccións, por moito que se empeñou o grupo La Región en falar da acaparación de contratos da Xunta por parte da irmá de Feijóo, o resto da prensa galega nin se fixo eco, a mesma prensa que hoxe –3.12.2012- exhibe catro páxinas enteiras pagadas pola Xunta e a Deputación de Pontevedra.
         Na primeira intervención, tampouco quixo Beiras saber nada dos supositorios de Feijóo. Deixando de lado as citas cultas, que supoño non lle virían nada mal a algúns dos que acenaban cun sorriso tipo kuru durante o seu parlamento, fixo fincapé no principio innegociábel sobre o que se debe basear calquera estratexia liberadora: hai máis cartos que nunca, coa correspondente posta en escena de enfrentamento con quen nestes momentos defende outra cousa, ou sexa, o reparto actual da riqueza e, polo tanto, os intereses do capital financeiro predador. Débese recoñecer tamén a corrección do discurso do BNG, desenmascarando os malabarismos de Feijóo e a súa verborrea baleira con cifras nesgadas para ocultar a penosa realidade. Contundente, no contido nacional e de clase (xa sei que tamén este termo esta prohibido pola modernidade).

         Ocórreseme que na tesitura actual o papel que se lle quere adxudicar ao PSOE é semellante ao que no seu momento xogou cando o da Transición exemplar. A situación é suficientemente grave para comprender que xa non é hora de parches. E moito me extraña que quen ve diariamente os seus dereitos coutados, quen queda sen vivenda ou quen pasa fame, canalice a súa desesperación através dunha oposición construtiva, se o único que pode construír é arranxando os cascallos da demolición.
         Dicir que a actual maioría parlamentaria e o partido que a sostén merece todo o respecto, porque gañou en boa lide as eleccións, é unha media verdade. A outra media é que non deixa de ser xestora dos verdadeiros causantes da crise, e para quen así o ten asumido non merece nin o máis mínimo respecto.
         As chamadas á sensatez ao PSOE para que sexa educado, colabore cos executores da demolición e se afaste da maléfica compaña de AGE e BNG, forma parte da mensaxe común de todos os cronistas da prensa subvencionada.
Un di que os discursos de AGE e BNG son de tempos pasados, outro que hai un señor que vai ao parlamento a insultar, outro que como se lle ocorre vir a estas alturas coa “alienación” e con todas esas parvadas marxistas. Tamén algún argumento ad hominem que nin se lles pasa pola cabeza aplicarse a si mesmos e ás súas cabeceiras, que xogan a ser minimamente críticas cando ven perigar a fervenza de euros que, baixo as máis variadas modalidades, o goberno verte sobre elas.
         Ao decatarse de que a desfeita non ten fin e de que a situación se pode converter en explosiva, o capital financeiro necesita un policía bo que encamiñe a protesta polas civilizadas canles parlamentarias, e é aquí onde o PSOE está chamado a xogar un papel semellante ao que tan ben soubo xogar cando o da transición exemplar. Mais, por outra banda, corre o perigo de se esfarelar. Primeiro, por non ter nada que ofrecer para alén dunha faciana un pouco máis amábel que o ultraliberalismo esmagador. E segundo, porque cando tivo ocasión de facer algo, aínda hai pouco, votou en contra dos cambios da lei hipotecaria, poñamos por caso, e lexislou exclusivamente de acordo cos intereses do capital financeiro, mesmo acordando co seu pretendido adversario mudar a Constitución a toda velocidade. Hai culpábeis, e en política é indispensábel entoar o mea culpa, reparar o mal se é posíbel, e en todo caso saber retirarse a tempo. Se a socialdemocracia non ve a necesidade de rexenerarse máis aló duns lixeiros retoques cosméticos coa intención de recuperar o poder canto antes, para facer calquera cousa, non creo que siga a enganar a ninguén. E ante o perigo de que os seus votantes se muden cara a posturas máis radicais, incluídas as chamadas soberanistas, toda a preocupación é pouca. De que opinadores e xente de orde insistan na necesidade dun PSOE forte que aínda se dereitice un pouco máis, colaborando nos asuntos de estado para salvar o país, garantindo que unha chea de mangantes e especuladores poñan a salvo a súa escandalosa riqueza, condición sine qua non.
         Non hai que ser un lince, nin estar moi posto na historia da economía para decatarse de que o sometemento da vida cotiá ao capital xamais foi tan brutal. Non se trata de comparar en termos absolutos a situación actual coa Inglaterra da revolución industrial, mais se atendemos á taxa de variación da perda de dereitos sociais e económicos o declive non tivo parangón ao longo da historia. Algúns dereitos custaron suor e sangue, e se se lexislou a prol das clases populares foi en base a algúns feitos traumáticos. Durante intervalos temporais nos que a ameaza velada baixo diversas formas -o movemento obreiro organizado e, despois, a división do mundo en bloques- aconsellaba ir facendo algunha concesión balsámica. Agora os privilexios de clase deféndense cunha fachenda inimaxinábel: desafiuzamentos con débeda eterna, despido practicamente libre, que o FMI recomenda liberalizar máis,  e lexións de parados que non espertan a mínima solidariedade, e nin sequera a piedade da relixión na  que din inspirarse as bancadas do PP. O que se jodan, e que quen o pronuncio siga tranquilamente a ocupar o seu escano é todo un indicativo.

         E volvo ao parlamento galego e, por se acaso, fago profesión de fe: malia a xogar cunha baralla marcada, e de que a marxe de manobra de quen non ten o poder económico e moi pouca, o intento de lograr impoñer unha maioría social acorde cos intereses das clases populares debe deixar á marxe a violencia, mais non a intransixencia.
         Non sei que pensa facer o PSOE, non me consta que se estea a debater nas súas bases o papel fronte aos desmáns do capitalismo nesta nova fase, e se decidirá enfrentarse a eles, tamén no parlamento. Mais as posturas de AGE e o BNG están claras. A diferenza co grupo parlamentario que mantén ao goberno é esencial. Calquera símil, calquera metáfora ou calquera comparación con outra situación histórica semellante poderían ser interpretadas na súa literalidade –de feito xa o foron, mais fronte a un discurso preñado de cinismo, de que se o paro teu era máis, se o Bipartito non sei que, que se PEMEX non sei canto, que se defendemos a liberdade de idioma, e toda a enxeñería propagandística dirixida a ocultar as miserias dun país que se desfai -tamén demograficamente; non nace ninguén, e a mocidade máis preparada emigra-, o que pide o corpo, incluído o electoral, non é precisamente compadreo e adulacións; ¿por que a oposición vai ter que parabenear ao presidente electo?
         O goberno apoiado polo 24% de votantes ten que entender que a política non remata , e que a súa colaboración administrando as medidas amputadoras do estado de benestar, em contra das clases populares, non é inocente. Xa que logo, a oposición entre PP e AGE e o BNG é obxectivamente frontal. Non son adversarios, son inimigos –de clase, sen que por iso teñan que se insultar demasiado, mais tampouco deben ocultar a verdade; sería necidade unha vez o fel, como dicía o poeta, toca a alma.
Con toda contundencia e sen contemplacións, AGE e BNG, facendo propostas rupturistas en coincidencia con outros movementos, talvez cheguen a configurar unha maioría social ampla que no seu día poida ter o seu reflexo nas urnas. E coa velocidade con que se están desenvolvendo os acontecementos, ¿quen nos garante que haxa que agardar até dentro de catro anos?
         Claro que tamén poderán transcorrer catrocentos, ou mesmo puidese acontecer que o planeta se faga inabitábel para sempre, desfilando os cidadáns do común ao ritmo marcado polos cada vez máis poderosos, até que a Terra sexa fagocitada polo Sol.
         E remato con outro encontro co Camilo, desta vez fugaz, hai algo menos dun mes. Apenas cinco minutos xuntos cando casualmente nos atopamos de camiño a unha homenaxe ao profesor Rufo Pérez. Preguntoume que pensaba de  AGE, do raro que fora que de darlle apenas un deputado nas sondaxes aos poucos días pasaran a darlle cinco, e que se a Voz de Galicia non sei que. Desta si que me lembro do que lle respondín, mesmo botando man do “xa o dixera euque me teño prohibido. Segundo o meu punto de vista o electorado visualizou aos deputados do BNG, malia teren defendido posicións correctas, como a uns máis, que non renunciaran a certos “privilexios”, que en condicións de normalidade non chamarían a atención, e sen velos amosárense nas formas coa contundencia que estes tempos requeren. A xente – continuei- estaba agardando por algo distinto e, ou ben non identificaba como tal a AGE, ou se o facía o éxito electoral estaba garantido.
         Creo que desta vez tanto AGE como o BNG souberon asumir o seu papel, e ás veces non lles ficará outro remedio que denunciar a hipocresía con toda a dureza que cómpre, e os medios –como xa dixen, subvencionados- arremeterán contra eles. Os seus voceiros nos lembrarán en cada ocasión que na historia da humanidade nada se conseguiu coas boas maneiras, un invento da burguesía que ben é certo fai moi agradábeis as relacións persoais; mais a política é outra cousa.
         ¿E o PSOE?  De seguir así debería preguntarse se non sería este o momento idóneo para volver empezar de novo, mais desta vez sen contar coa axuda alemá.

lunes, diciembre 03, 2012

lo que nunca pensamos que nos pasaría

si, ahí está el monstruo, ese momento histórico del que pensábamos que nos habíamos librado...crisis, guerras, invasiones, saqueos, violaciones...eso eran cosa del tercer mundo...que a saber donde estaba...o de períodos históricos que languidecían en los aburridos textos escolares de unos absurdos libros de historia....y nos dejamos mecer por un totalitarismo agradable y autocomplaciente, el de la indiferencia...y entonces empezaron a decir cosas, que si los periódicos mentían, que si los políticos robaban, que si la gasolina iba a obligarnos a utilizar de nuevo el servicio público...entonces...entonces...disimulamos nuestro gesto desconfiado y nos empezamos a sentar en los últimos asientos del autobús, comenzamos a prestar un poco de atención al precio de la tapa del Lizarrán, dejamos de hacerle ascos a las marcas blancas, introdujimos de nuevo denostadas proteínas en nuestra dieta, volvimos a tender juntos nuestros pares de calcetines...y escuchamos con cierta atención a ese pesado amigo radical con su matraca del día...que si a la ex de no se qué ex ministro la hacían presidenta de no sé que empresa medio pública de paradores nacionales con un pedazo de sueldo que triplicaba al del presidente del gobierno....tengo demasiados calcetines desparejados...y le digo que si, que tiene razón pero que tengo que colgarle también a el, que se me quema la menestra de verduras que acabo de poner a recalentar en mi wok....y suena el teléfono...otra vez...ese aparato más antediluviano que su propio nombre...por qué no esperarán a que me conecte...por qué no me mandan un guasa y se dejan de historias...oh no!  ¡es ella! ...la pelma de mi amiga de casi toda la vida...la que siempre estaba feliz...y entonces...le digo que si a ella no le quedan desparajados también los calcetines....no, a mi no me pasa, ...sólo me dice que acaban de amenazar con un ere a su marido....que trabaja en paradores nacionales...y que no sabe si le quedará mucho sentido del humor para seguir llamándome y animarme con lo mío...que se van setecientos a la calle porque tienen que pagar un sueldo de infinitos ceros a la derecha a un directivo de los cojones....y entonces ya no aguanto...no me da tiempo a tender otro puto calcetín y sin pensármelo me asomo y vomito....menos mal que aún no había retirado las jodidas  jardineras....bueno...los geranios lo aguantan todo ¿no amigo P.? y entonces sí que sentimos el temor ancestral de sabernos irremediablemente unidos a una época...maldita historia!