[Foto:Gárgola do mosterio de San Martiño Pinario.Aser A. Fdez.
Non imos desprezar as fermosísimas e mal chamadas gárgolas de Notre Dame que tanto sorprederon e gostaron a Castelao segundo el mesmo recoñece no seu diario. Recomendo moito ese libro, por certo, no que deixou ducias de debuxos deses monstros hoxendía famosos grazas máis as películas de disney que aos contidos dos programas de estudos. Temos aquí en Galicia exemplos ben sobranceiros da portentosa imaxinación daqueles anónimos mestres imaxineiros que eran quen facer extraordinarios programas escultóricos que movían ás xentiñas cara a igrexa aínda que logo e como terapia contra tanta bobada e polo mesmo prezo deixaron fermosas pegadas como esta que vos poño aquí.
E falando de pollas e de arte, que era o tema do post, aquí vos deixo un artigo tan interesante como o seu título: La polla de Cervantes. Consideraciones sobre cómo la remetería y que pajillas echaría, de Fernando Iwasaki, ao que chego, como moitas veces pola vía do interesantísimo traballo do repositorio InfoEditexto.