
V E R G O N Z O S O . . .

Para os que non coñecedes ao xenial grafiteiro británico Banksy, aquí vos deixo unha das súas creacións.
Non podo ni quero substraerme do necesario e obrigado debate relixioso que debemos facer nestes tempos nos que a inseguridade mundial a tódolos nives está a provocar unha auténtica crise relixiosa que por momentos ameaza mudar en enfrontamentos directos. É por iso que xa dende hai tempo entre as miñas lecturas, os libros relacionados coa relixión ocupan un lugar moi importante. Un dos máis valiosos que caiu nas miñas mans é Historia judía, religión judía, de Israel Shahak. Da valiosa e destemida contribución de este erudito ao coñecemento do xudaísmo da idea o rexeitamento e desprezo sufriu por parte tanto dos representantes máis ordotoxos desa relixión como dos eternos defensores a ultranza da lexitimidade do estado de Israel. Shahak denuncia que a traducción a outras linguas dos textos e debates mantidos en hebreo é manipulada por sistema, de modo que ninguén, salvo seus falantes, saiban a realidade que se acocha en frases en apariencia inxenuas. Atopamos no texto documentos moi clarificadores como as cartas dun soldado israelí ao seu mestre rabino pedíndolle consello sobre si as escrituras realmente xustifican a matanza dos non xudeus.
Photo Antoine Boulad, septembre 2006.

E non é para menos despois de ter cabreado á maioría dos musulmáns do mundo, que son moitos e xa están moi fartos de tanta fachenda e crueldade cometida pola superdesenvolvida e ilustrada civilización occidental. ¿e que xa non lembramos que estamos en guerra, agora que vimos de celebrar precisamente o quinto aniversario do seu comezo? Certamente é difícil afacernos a este tipo de situación bélica onde os mortos están lonxe e non sempre saen nas primeiras páxinas dos xornais (onte saiu un excelente artigo sobre os contadores de mortos na Vanguardia). Esta modalidade de belicismo "Guerra contrao terror" (posiblemente non exista expresión máis sinistra e que esconda actos máis viles), inventada polo máis infame dos gobernantes é moi peculiar e caracterízase sobre todo pola subversión que fai de todas as grandes ideas que, mal que ben, viñan mantendo o mundo en paz: o respeto ás leis, as liberdades individuais, os dereitos fundamentais...; non ten nada de raro que dándolle a volta a todo apareza un mundo cunha paz tan precaria que pode estalar en mil pedazos por mor dunha coma de máis ou un apóstrofe de menos.
Fixádevos no xeito en que Benedicto aferra o Libro, precisamente no momento en que está a dicir as verbas polas que hoxe se sente tan aflixido. Pero ¿a qué viña ese clase maxistral resucitando ao Paleólogo, emperador de Bizanzio no 1391 para apoiar as súas ideas sobre a relixión musulmana? A foto é ben ilustrativa, as guerras de hoxe son como as de hai cincocentos anos, porque, como hai cincocentos e cinco mil anos hai que buscar algunha pantasma que xustifique este salvaxe deseo de eliminarnos.

O dramaturgo galego Pepe Rubianes ven de retirar a súa obra "Lorca eran todos" do Teatro Español de Madrid por fortes presións e mesmo ameazas. Este é outro exemplo máis do que estamos a perder pola incapacidade de superar o trauma da guerra civil. Non asumir o pasado, por forza ten que nos atrancar moitas portas; pechar os ollos e botar máis terra ás fosas comúns é tamén afogarse na autoincomprensión.




