jueves, diciembre 20, 2007

Ata pronto amigos...

Voltarei en canto apaguen os altofalantes e volvan os adornos navideños aos faiados. Api, R.R., Arume, coidádeme a casa que nestas datas hai moito "ladronicio" como dicía a avoa de A. Aínda estades a tempo de pedir algún agasallo, xa sabedes que son ben mandadiña. Area do deserto non penso traer, que coido que xa a teñen no Corte Inglés, máis un pouco dese limo milagreiro das beiras no Grande Nilo ao mellor....Apertas a todos!

miércoles, diciembre 19, 2007

Educación, deseducación...

Cada vez que temos os resultados do informe famoso, poñemos a misma cara de parvos fronte a coñecidísima desfeita producida pola atrofia dos diferentes gobernos en materia de educación. E non estou falando do tema do día. Aínda que rexeito as xeralizacións, confeso que me costa moitísimo quitarme de dúas. A primeira, e que emprego cada vez máis nunha procura desesperada de ideas que me fagan reflexionar sobre a posibilidade de que poida ser falsa e esa de "semella tan ignorante como un concelleiro do bloque". A outra refírese aos pedagogos, os mestres da deseducación. E non vos incomodedes comigo, non tendes máis que lembras o tempo do C.A.P. e xa me contaredes (os que non o fixérades, aproveitade pare ler o artigo de Moncha Fuentes sobre o vergoñento sistema de oposición a mestres de secundaria). Non sería mala idea abrir un debate sobre as bobadas que nos dixeron/fixeron un par de idiotas con título universitario durante seis meses (eu fun afortunada, fixen a versión reducida). E logo está a versión híbrida, o cumio da excelencia, que dirían os técnicos de calidade, esoutros "desfacedores de entuertos": o concelleiro do bloque titulado en pedagoxía ou ramas afíns. Antonio Muñoz Molina no seu artigo El libro ilimitado fai unha severa e certeira análise. Recomendo a súa lectura.

martes, diciembre 18, 2007

Meme. O curruncho do....¡apicultor!




Hoxe alugueille un anaco da miña morada virtual ao noso amigo Apicultor, este é o seu recuncho de traballo...¡agora todo encaixa! que diría Colombo. Grazas Api por saciar o noso voyeurismo, o zoom dos nosos pecés vai botar fume.

lunes, diciembre 17, 2007

Meme

Convídame Occam a seguir este meme para deixar testemuña dos nosos recunchos de traballo. Alá no fondo está Jara, foi imposible facer que acougara para saír ben na foto, gústalle máis fuchicar e tirar con todo. E como hai que seguir coa cadea, por pedir que non quede. Gustaríame ver o recuncho do insigne apicultor ( se quere alúgolle unha parcela para publicar a foto). Tamén convido aos meus admirados CanSenDono, Toxomar, Beluka e Suroeste.

domingo, diciembre 16, 2007

Lo bello y lo triste, de Yasunari Kawabata.

Lo bello y lo triste é a derradeira obra de Kawabata. Un deses tesouros literarios que non aparecían, e coido que aínda segue a ser así, en ningún dos centos de libros de texto de literatura que obrigatoriamente todos tivemos que seguir como o catecismo. E con estas ausencias non só se nos ocultaba a literatura dun pobo, senón a cultura de civilizacións enteiras, contribuíndo a este fachendoso etnocentrismo dos occidentais que fai que nos creamos os representantes da máis elevada e desenvolvida das civilizacións urbi et orbi.
Lembro ter debatido un poco sobre este tema nun post titulado "antídoto contra eurocentristas convencidos" cando vos recomendaba "Los orígenes orientales de la civilización de occidente" de Hobson, e así aproveito para lembrar de novo esta grande e desmitificadora obra.
Nesta obra, Kawabata agasállanos cunha historia de amor, e polo tanto de traxedia, que é tamén unha preciosa fiestra que nos achega o arrecendo e a frescura da Literatura e a Cultura japonesa. Unha ocasión para redescubrir a riqueza desas artes cuxos nomes xa nos falan doutros xeitos de ollar o mundo, o ukiyo-e, ou pinturas do mundo flotante, as geishas, a ceremonia do té, a historia de Genji, O templo do Musgo, o budismo zen, o kabuki, a poesía, o xeito de facer o amor e de estar na casa ...

E falando de teatro, Sr. RR. transcribo para vostede unha parte da novela que sei que lle gustará:

Un pasaje de la obra Vidas ilustradas de la capital habla de la gente que disfrutaba de las noches de verano a orillas del rio Kamo: "La vasta playa está flanqueada por bancos y sobre ambas orillas se suceden los balcones de las casas de placer, cuyos faroles se reflejan en el agua como si fueran estrellas. Los pañuelos purpúreos de los jóvenes actores kabuki flamean en la brisa nocturna...Esos bellísimos adolescentes se muestran recatados a la luz de la luna y con gesto seductor ocultan el rostro tras abanicos. Sus movimientos son tan graciosos que quienes los ven quedan prendados y no pueden apartar la mirada. Las cortesanas se lucen en toda su exquixitez muentras se pasean arriba y abajo; más adorables que la flor del hibisco, esparcen la fragancia de sus caros permumes..."
Además estaban los narradores de historias cómicas, los mimos y demás entretenimientos... "Monos, perros de riña, caballos amaestrados, malabaristas y equilibristas que hacen sus cabriolas como criaturas de fábula. Se oye el penetrante sonido de las flautas de los vendedores, el chorro refrigerante de un local para venta de jalea, el tintineo de los colgantes de cristal que se agitan suavemente en la mansa brisa. Se exponen los pájaros más exóticos de China y Japón, y animales salvajes de la montaña. Gente de todas clases se congrega para divertirse y beber a orilla del río."
En 1690 el poeta Basho, que visitó la ciudad, escribía: "Lo que llaman disfrutar la noche de verano a orillas del río comienza al atardecer y se prolonga hasta la última claridad de la luna, antes del amanecer. A lo largo de ambas orillas se suceden los balcones donde se bebe y se disfruta. Las mujeres sujetan sus obis con espléndidos lazos, los hombres llegan envueltos en largas capas; los sacerdotes y caballeros ancianos se confunden con la multitud, hasta los aprendices de toneleros y de herreros cantas y se divierten con completa despreocupación. ¡verdaderamente una escena de la capital!"

La brisa del rió...
Visitamos un fino quimono bermeno
en la noche estival.

Después del período Meijí se dragó el lecho del río y sobre la orilla oriental se tendieron las vías del ferrocarril a Osaka. Ése fue el final de las veladas junto al río "en una playa salpicada de quioscos dedicados a diversos entretenimientos, rarezas y curiosidades, todos iluminados por faroles, lámparas y fuegos de artificio que brindaban una luz tan clara como la del día..."

Bueno, ni más ni menos que como acaban todos los períodos de felicidad a lo largo de la historia ¿no?

viernes, diciembre 14, 2007

Aquelas terroríficas clases de latín..."romanos go home"



Un comentario do post anterior lémbrame a desternillante escea da Vida de Brian que nos transporta aos tempos das dura clases de latín. Tendes aquí a versión en castelán (de moita menos calidade). Aproveitade para ver o bló do profesor Carlos Cabanillas, todo un exemplo da eficacia das novas tecnoloxías da Web 2.0 aplicadas á docencia.

jueves, diciembre 13, 2007

Deus ex machina

É ben certo que abusus non tollet usum, malia todo, ese horror vacui que caracteriza a moitos textos de insignes homo sapiens, sapiens provoca que o público lector, xa de por sí, escaso se vexa reducido a un numerus clausus certamente desalentador. Ao mellor vos axuda este buscador de latinismos que veño e atopar vía Addenda et Corrigenda, un dos mellores blós sobre cultura escrita, lingua e edición que coñezo.
Dixit.

miércoles, diciembre 12, 2007

Los negros del traductor, Claude Bleton.

Non apta para francófobos. Unha desternillante historia dun traductor francés de literatura española no que ironiza sobre os aspectos máis problemáticos da profesión.
Aaron Janvier, o protatonista, é un afamado traductor francés do español que farto de esperarar polos orixinais dos preguizeiros escritores ibéricos (os portugueses non se libran da crítica) que pasan o día nas tascas no canto de escribir, resolve o problema facendo el mesmo as novelas coa intención de que sean as traduccions duns orixinais que logo encargará aos autores. Pero Claude Breton non só quixo ironizar sobre a profesión, senón interesar ao grande público e esto acadouno perfectamente coa aplicación do método da novela negra. Cando os escritores que participan na farsa tentan abandonar o xogo, o protagonista comeza a eliminalos producíndose entonces un sospeitoso incremento na mortalidade dos nosos literatos....E non sigo contando porque o argumento é precisamente a gracia da obra.
Das ironías do libro quédome con esta "un autor es un señor que sabe devolver una traducción al texto original, un señor que exige una buena traducción para escribirla luego como Dios manda, un impostor que copia el modelo".

martes, diciembre 11, 2007

Pasatempo artístico...

Logo da lectura de Kawabata penso que vou pasar unha boa tempada "abducida" pola cultura nipona. O de hoxe é para subir nota. Trátase dun dos mellores mestres da arte da xilografía xaponesa da que tanto gostaron os impresionistas. ¿lembras o seu nome? Ben, pois xa tes o P.A. de rigor. Agora tes que saber tamén que se está a celebrar unha exposición dun/dunha grandísim@ artist@ que ten unha obra directamente inspirada nesta extraordinaria representación da violencia da natureza, contra a que non pode nada a forza do home. No medio das olas pódese ver a figura do Fuji e tamén unhas pequenas embarcacións ¡que preciosidade! ¿non si?

lunes, diciembre 10, 2007

Lembrando a E. e aos bos tempos do antroido auriense.



Cumprindo o prometido, aquí vos deixo unha fermosa lembranza dun dos nosos mellores antroidos aurienses. Aquel ano paseamos un monumental cocido polos viños. A enormidade da ola non foi atranco ningún para pasalo ben e como xa saímos "cocidos" da casa non gastamos moito tampouco. Por aí están Ernesto, o gaiteiro, e entre os grelos, garabanzos, chourizos e cachucha andan Tita, Tiora, Ana, Elsa, Aser, Conchi, Ribao a algúns cociñeiros dos que xa non lembro o nome. Lembro tamén como quedou pampo o insigne Victorino que non noi quen de respostar á irónica chamada (¡oink! ¡oink!) do porco da pandilla. Xa se sabe que os políticos non falan moi ben a lingua do pobo.

viernes, diciembre 07, 2007

.......................................................

Foto: Aser

Entrevistas TV. Grandes personajes. A Fondo.

Houbo alá polo ano 1976 un programa de TV, A Fondo, chamábase, no que Joaquín Soler Serrano entrevistaba aos "grandes" das letras, das artes e das ciencias. Eran outros tempos, políticamente aínda moi sinistros e escuros malia as bondades que hoxendía se cantan da sacrosanta transición. Malia todo, eu boto de menos aquela TV con moita menos tecnoloxía pero moitísima máis humanidade. As entrevistas de A Fondo, son unha delicia xa non só pola altura dos personaxes entrevistados, senón simplemente porque mentres uns falan outros escoitan, e esto xa no é pouco pedir. Os presentadores non eran os showmans afectados de hoxe, e deixaban falar ao verdadeiro protagonista, que son os que teñen tanto que dicir. A serie está editada en DVD, consta de 35 entrevistas entre as que se contan Borger, Antonio Saura, Carpentier, Octavio Paz, Torrente Ballester, Cunqueiro, etc. Eu comecei coa entrevista de Maruja Mallo, a nosa pintora máis vangardista. Estaría escoitándoa durante horas e días enteiros. Podedes atopar este material aquí.

jueves, diciembre 06, 2007

O noso Premio Nacional de literatura ademáis é ben guapo...

Ademáis de Premio Nacional de Literatura Dramática o noso R.R. tamén debería estar no ranking dos máis guapos dos nosos escritores. Non me digades que non está furiosamente arrebatador nesta foto (premer para ampliar), nada que envidiar ao Orlando Bloom ¿non si?


Mestre Ruibal, se me acepta un consello, sería bo que nos seus libros figurasen fotos coma esta, moitas veces o índice de vendas está máis relacionado coa foto do autor que con moitas sesudas e aburridas críticas literarias. Mire vostede para esoutro autor de obra homónima á súa o ben que posa, este sí que sabe de marketing. Tome nota.

miércoles, diciembre 05, 2007

O retorno de Peralejos

Foto Vía: LastribulacionesdeljovenPeralejos

Logo dunha tempada de silencio un dos nosos personaxes máis queridos, o sin par Perajelos volta ao ataque no seu propio bló. Aquela serie...A rutina de Peralejos, da que só publiquei tres capítulos, foi o berce deste proxecto independente que ten intención de seguir medrando grazas ao pulo dos seus seguidores. Hoxe o singular blogueiro publica un curioso test (a primeira parte) que reproduzo a texto completo. Temos por diante uns días de descanso forzoso, lembrade os tempos de opositores e sentade un pouco a poñer cruceciñas. As partes seguintes, segundo Peralejos, publicaránse tamén os venres ou vísperas de festivos para non estresarnos moito.

TEST “C.A.P”

CUESTIONARIO DE APTITUD PERALEJIL

COMO SABER SI SOY UN AUTÉNTICO PERALEJOS PRIMERA PARTE


1. Normalmente un buen Peralejos se pasa la mitad de la jornada sumergido en trabajos de investigación muy serios que sólo encuentran respuesta en San Google. ¿Cuál de las siguientes búsquedas crees que ha podido ser hecha por Peralejos?

a. “¿Cómo eliminar las manchas de semen de las cortinas?”

b. Ser madre a los 60.

c. La pesca con mosca en el Alto Ampurdá.

d. Todas son correctas.

2. Peralejos tiene con su teléfono móvil una relación un poco compleja porque no ha conseguido entender la mayoría de las prestaciones que le ofrece el “celular” y sólo es capaz de efectuar llamadas, enviar mensajes y últimamente activar el servicio de alarmas para que le mantenga al corriente de….

a. Las noticias de última hora

b. Los resultados de la liga de fútbol.

c. Las predicciones meteorológicas.

d. Las novedades editoriales de economía y finanzas.

3. Peralejos es un experto en Sudokus, no sólo porque está absolutamente seguro de que este sistema es óptimo para la salud de las neuronas que sobreviven al desgaste diario que supone entender los condenados manuales de procedimiento que elabora el departamento de calidad, sino además porque….

a. Es una técnica que le permite entrenarse para el duro ejercicio de fijar los dias de vacaciones, moscosos, licencias por asuntos propios, lunes de resaca, martes de estrés post-fin-de semana (recuerda que el lunes no vino a trabajar), miércoles de ceniza, jueves santo y viernes de pasión (todo ello sin contar los días del patrón de su centro, fiesta local, días de compensación por formación en horario de trabajo, etc. etc.)

b. La considera un pasatiempos adaptado a su elevado nivel intelectual y le permite mejorar considerablemente su capacidad de cálculo, muy deteriorada desde que abandonó sus estudios hace décadas.

c. La verdad, no tiene mucho más que hacer.

d. Ya se sabe casi de memoria todos los crucigramas y autodefinidos que trae la prensa diaria.


4. Entre los Peralejos circula una especie de Código Deontológico no escrito con curiosas normas como:

A. Un buen Peralejos mantendrá el clima laboral lo suficientemente tenso cada día como pa no caer en esa abulia crónica que termina provocándote peligrosos tics nerviosos que automáticamente te convierten en el friki de moda.

B. Llevar siempre un expediente (historia clínica, libro, informe de evaluación externa, manual de instalación del escáner, cada uno el fetiche que mejor le represente según su trabaje en un hospital, biblioteca, departamento de calidad, etc.) debajo del brazo y actuar como si acabase de enterarse de que Osama Bin Laden ha amenazado con bombardear su país.

C. Las actividades a desempeñar tienen que estar rigurosamente explicadas en un manual de funciones que se publicará en tódas las lenguas y variedades dialectales que puedan conocer los usuarios/clientes. Cualquer otra actividad que no figure descrita detalladamente en dicho manual no podrá ser realizada a menos que se pueda sorportar un nivel de acoso de 10 en una escala de 1 a 10.

D. Todas son correctas.

5¿Qué pelis podrías recomendar a Peralejos para el fin de semana?

A. Coje el expediente y corre, Todo sobre mi google, Salvar al funcionario Ryan, Absentismo mon amour.

b. La vida secreta de los documentos, Underground, La oficina es un es un milagro.

c. El imperio de los youtubes, La guerra de las secretarias.

d. El fin de semana Peralejos lo dedica exclusivamente a dormir y cocinar, las pelis las ve durante la semana en sus horas libres que son unas 17/18 diarias.

6. ¿Qué libro sería bueno para recomendar a Peralejos?

A. Cualquier nuevo manual de procedimiento colmaría su afán de lectura.

B. Historia de Ana María, la peluquera de Arcade, El Código da Vinci, of course o quizá Mis ocho años en la Moncloa de Ana Botella

C. La última edición de El Quijote.

D. Son correctas A y B


7. Un Perajelos sofisticado:

A. Invierte su tiempo de trabajo en controlar sus activos en bolsa, se matricula en una lengua exótica, que está muy de moda, practica Pilates (ella) o Paddle (el) y el fin de semana hacen rutas gastronómicas.

B. Va al cine y preferentemente elige películas en V.O., normalmente relacionadas con el medio ambiente, la violencia de género y los conflictos internacionales.

C. Lee mucha novela histórica y completa en un tiempo récord las secciones de pasatiempos de los periodicos de la oficina.

D. Incomprensiblemente está moreno todo el año a pesar de mostrarse radicalmente en contra de los solariums y las playas “textiles”

8. Para Peralejos, los clientes/usuarios/ciudadanos son: (señale la incorrecta)

A. Unos ignorantes a los que afortunadamente mantenemos a distancia con las nuevas tecnologías.

B. Una masa informe de paletos ociosos que sólo piensan en molestar y tienen la incomprensible costumbre de madrugar para ponerse a la cola de nuestra ventanilla.

C. Son la razón de ser del buen Peralejos y les dedica toda su atención cada día.

D. Son correctas A. y B.

9. Hay proezas que sólo puede hacer un Peralejos, señala cuál:

A. Alquilar una furgo para comprar en el IKEA más próximo (a 500 kilómetros)

B.Tomar diez cafés en una mañana y dormir una media de 14 horas/día.

C. Mantener la misma conversación con las mismas personas cada día del año durante 35 años de vida laboral.

D. Como Peralejos que soy me siento capaz de todo eso y mucho más.

Howl, Allen Ginsberg, ao xeito de.

Vin ás mellores mentes da miña xeración estourar de infelicidade por non ser quen de chorar a tempo.
Vin como os mozos traballaban arreo para mercar soños.
Vin aos pais pechar as portas aos fillos porque non eran quen de escoitalos.
Vexo medrar día a día ao Moloch no medio e medio das oficiñas.
Vin mendigar polas rúas aos replicantes na procura dunha mirada.
Vin afogados e suicidas que non atoparon moitas verbas nos diccionarios.
Vin antigas civilización sinalando a nada.
Vin poesía sen poetas.
Vin a uns valentes entrar no labirinto para loitar con cen tigres.
...
Prezado Apicultor, grazas pola recomendación, só me queda atopar a un nativo que me recite este maxistral poema ao xeito do A.G.

lunes, diciembre 03, 2007

Pasatempo literario...

Deste maxistral escritor só lin esa obra que tamén tendes que adiviñar. Para axudarvos un pouco só direi que foi a que inspirou a derradeira e para min menor novela do de Aracataca. Agora estou polas primeiras páxinas dun libro que me recomendaron nunha voda (ás veces este tipo de actos serven para falar de literatura ¡quen o diría!) e do que vos falarei nos próximos días. No bar de Hipólito xa hai unhas cantas xerras agardando polo Tío Pepín, por R.R. e como non, polo noso insigne blogueiro sen bló o mestre Apicultor.

sábado, diciembre 01, 2007

Shopping blues.

Hoxe tocou ir de compras. O shopping non é unha das miñas afeccións, entre outras por razóns coma esta. Unha etiqueta que nos amosa desacaradamente a grande mentira que sostén un sistema no que os prezos dos productos son calquera cousa menos o indicador do seu valor. Un vestido que custaba 160 euros pódese mercar agora por 6. ¿cando custa realmente o vestido? ¿pódese concibir unha gañancia dun 2500%?
Nunha mesma etiqueta atopamos ata tres ou catro prezos distintos, mentiras novas que agochan mentiras vellas...
Mellor non botar as contas de todo o que temos na casa e que nos custou os aforros de toda unha vida de traballo.
Achégase unha demoledora tempada de consumismo disimulada nunha festa relixiosa na que cada ano unha horda de desalmados mercaderes veñen para chucharnos o sangue, ollo pois aos petos.

miércoles, noviembre 28, 2007

Pasatempo artístico...

Esta miña derradeira teima polos pasatempos artísticos ten moito que ver cun dos blós que máis me entretiñan e que adoitaba visitar a cotío. Gustábame ese convite á participación creativa, esoutro xeito de aprender navegando. A imaxe que vos amoso é unha pintura de Tansey. Esta obra foi empregada por un coñecido estudoso da arte para explicar a teoría do ollo inocente. Veña, a pensar un pouco entón, ¿quen era ese filósofo e de que teoría estamos a falar?

sábado, noviembre 24, 2007

Para E.

Non gosto dos verbos definitivos, e hoxe tócame chorar abondo, porque alguén marchou, fuxiu, aínda que o fixo a modo, devagariño, sen molestar, sen facer ruido, para non espertar nin molestar a ninguén coa súa súbita saída. Gustaríame ter onde cuspir unhas bágoas de vinganza porque a porta non a fechou o vento, eso seino. Só coñezo un deplorable apelido que só ten de bo que non foi quen de perpetuarse nunha descendencia contaxiada por un odio atávico e desmesurado. E lémbrote tan inocente....mágoa con coñecerte cando aínda tiñas os ollos alegres a non che tremían as mans, cando andabas á procura do amor, una arela que rematou contigo, miña reina. Que soe eternamente para ti a canción....


Apertas a todos os que te quixeron especialmente a Tita, Ernesto, Tiora....en canto poida porei aquelas preciosas fotos do antroido cando paseamos pola nosa Auria un descomunal cocido onde o pasaches tan ben.

jueves, noviembre 22, 2007

¡Espiritrompa, ornitorrinco!

Na lingua das bolboretas fíxome chorar a escena na que o neno colle unha pedra para facer o que os demais...por se acaso, porque se te levaban preso sería por algo, poero había unha grande diferenza
nos insultos, o rapaz berrábache ¡espiritrompa! ¡ornitorrinco!...había pouco que aprendera contigo eses deliciosos nomes e agora esas verbas tiradas contra ti son unha grandiosa metáfora do que ocorría no país, do que lles pasaba aos pobriños mestres que ían sendo "retirados" daquela oscura escea. Agora marchas ti, o mestre de verdade, agora que tanto precisabamos da túa afouteza para mandar á merda aínda a tantos coitados que andan disumulando a súa mediocridade e dando a murga todo o día. ¡que enormidade de persoa levabas canda ti! ¡que ollada tan profunda e sinceira! ¡e esa voz que sempre nos escachaba algo por dentro! O tempo amarelo rematou, agora, como a túa avoa Carolina és terra, lume, auga, choiva, e foches tan grande coma ela, tan grande como as oito habitacións daquela túa casa, tan grande como a eternidade da súa lembranza....non podo seguir.

martes, noviembre 20, 2007

Libros maravillosos. Proxecto Turning the pages 2.0

Enredando polo magnífico bló de María José Aldaz, Archivística.net coñezo o Proxecto da British Library Turning the pages 2.0.Trátase dun vistoso sistema no que podemos visualizar en 3D reproduccións en alta calidade dos textos e debuxos dos libros máis valiosos que garda esta impresionante biblioteca . Paga a pena a visita.
Pódense consultar o Libro de Horas dos Sforza, a Historia de Inglaterra de Jane Austen, o primeiro mapa de Europa de Mercator de 1570, as notas de Blake as notas de Leonardo e outras moitas maravillas.

lunes, noviembre 19, 2007

Na Universidade de Vigo imos a máis.

A idea de festa rachada pensaba que era pasalo ben, coñecer moita xente, escoitar música, bailar, e mil cousas máis, e se cadra, beber, pero esta "festa" na que beber é obrigado, e tamén defecar no medio da rúa, arriscar a vida meténdose nun autobús ateigado de borrachos, ou o que é peor, coller o coche totalmente bébedo e sen medo a ningún control da policía, competir cada ano por incrementar o número de comas etílicos entre os nenos, destrozar mobiliario e edificios e sobre todo ter que presenciar o vengoñento concepto de ocio que vende esta nosa universidade, é algo que nou dou acreditado. Que a nosa universidade se coñeza no you tube porque uns borrachos interrompen as clases sen que ninguén o impida, por conflictos laborais que non se arranxan, por informes do Consello de Contas que acreditan a nefasta xestión desta nosa universidade e por tantas falcatruadas máis que non poño por non abusar, non e xusto. Agardemos que non haxa que esperar unha desgraza como un autobús que perde o control con ducias de mozos dentro para que se tomen medidas. As familias desdes vinte nenos seriamente danados agardan unha explicación.

sábado, noviembre 17, 2007

Alén do blogomillo hai moita vida...

Véñense de coñecer os premios BOBs aos mellores blós. Fun visitar algúns dos premiados e outros candidatos que tamén o merecerían e pareceume boa idea deixar aquí unha lembranza deste percorrido por se vos apetece saír un pouco do blogomillos....

No bló de Tas atopei esta deliciosa imaxe que nos fala do paso do tempo....


O bló de Cédric Kalonji, un periodista do Congo, é unha fiestra que vos recomendo moi intensamente para coñecer esoutras realidades que agochasn os medios, por favor non deixedes de visitalo, paga moito a pena. Vos deixo un post completo deste bló co seu texto.
Les opérateurs de téléphonie mobile donnent maintenant la possibilité de faire créditer son téléphone portable par un riche tonton vivant en Europe. Peut-on encore se poser la question de savoir pourquoi bon nombre de jeunes africains caressent le rêve de partir en occident au vu d’un panneau publicitaire comme celui-ci ? Pourquoi attendre que riche tonton crédite son mobile quand on peut soi-même voyager, devenir riche et créditer à son tour les téléphones des cousins et neveux restés au pays ? Les tontons vivant en Europe sont-ils tous riches ? Majorité de ceux qui ne sont jamais sortis de leur bled africain le croient et pas la peine d’essayer de leur faire avaler qu’il y en a qui ne sont pas du tout riche et qu’il leur arrive même de vivre de graves galères. Il faut quand même admettre que la vie de jeune africain n’est pas toujours simple. Entre les guerres et les dictateurs, difficile de sortir la tête de l’eau. Quand on habite un pauvre quartier populaire et qu’on voit que tous les « blancs » occupent les villas des quartiers huppés et traînent dans la ville à bord de leurs 4x4 climatisés, quand on travaille dans le même bureau qu’un jeune « blanc » du même âge avec les mêmes compétences et que son salaire est dix fois supérieur, il y a de quoi se poser des questions. Les tontons ne disent pas toujours la vérité sur leurs conditions de vie en occident. Ils travaillent comme des malades pendant des années et le jour où ils reviennent au pays, ils crânent et brûlent toutes leurs économies pour prouver qu’ils ont réussis, de quoi faire rêver...

Esta preciosa muller, galega para o noso orgullo, e que xa coñecedes abondo, é María Amelia, que co seu bló, a mis95, ven de gañar o premio ao mellor bló en español. Un delicioso espazo que nos lembra que deberiamos recuperar a admiración polos maiores.

viernes, noviembre 16, 2007

Pasatempos literarios...

Non eran tempos para posar de frente, estes tampouco, malia o que che diga algún amigo que aínda segue a escribirche cartas. Certo que hai leis de igualdade de xénero (segue sen gustarme esta expresión) e bodorrios homosexuais que saen nas portadas das revistas, pero dubido que haxa unha maioría capaz de ver e aceptar a beleza desta fotografía, a natureza coa que debuxas unha postura tan feminina, como na foto aquela da praia, coa minisaia e as sandalias. Cústanos desbotar ese estrano costume de presumir das nosas perversións e acochar as cousas que realmente nos fan felices, como a beleza. Poetas, homes-muller coma ti xa non deben quedar moitos nin sequera no paraíso, Gauguin choraba pola súa extinción e deixounos marabillosos debuxos das derradeiras xeracións.

¿sabes quen é o da fotografía?

jueves, noviembre 15, 2007

Mazen Kerbaj, agora traducido.

Veño de recibir este delicioso agasallo de Sabela, unha traductora, escritora, debuxante, blogueira e bloguera, vamos unha muller2.o como Reilly manda, e que como tantas rapazas estudiadas de máis, anda na procura dun traballo no que desenvolver tantas inquedanzas como ten. Xa vos teño falado abondo de Mazen e o seu diario gráfico, os debuxos que ía facenco ao tempo que chovían bombas sobre Beirut. Mazen tamén fixo un poema musical empregando como fondo o arrepiante son do bombardeo. A traducción de Sabela acheganos aínda máis a este artista que vive no medio e medio do furacán do Líbano, un lugar que semella predestinado a ser cada pouco unha especie de altar onde sacrificar milleiros de homes, mulleres e nenos para satisfacer a fame de tanto deus como anda solto por aí.

miércoles, noviembre 14, 2007

Estratexia do verme.

A publicidade é o buque insignia do noso sistema. O motor do sistema. O grande irmán que inocula no noso obradoiro neuronal o irrefrenable desexo de mercar e consumir as delicias cada vez máis inútiles coas que que a nosa portentosa imaxinación enche os centros comercials nos que vivimos (e morremos, lembrade a Samarago). A publicidade incorporou como ferramenta xa hai tempo a estratexia do verme que consiste nun truco tan sinxelo como efectivo: que sexa o propio receptor o que se encargue de propagar a campaña. Que lle chamen marketing, publicidade viral ou como queiran, pero sabemos que o sistema xa leva anos inventado. É unha perversión que baixo o lema de "fágao vostede mesmo" consegue que o cliente faga o traballo e aínda ademáis pague gustoso polo "servizo" recibido. Somos así de bos e xenerosos, e de acríticos, e de obedientes coas multinacionais, ás que non lle pedimos que muden máquinas por persoas, porque nós non somos parados, nin inmigrantes...e así deixamos gustosos que os vermes entren nas nosas casas, nos nosos blogs, nos nosos discursos...

Sexamos un pouco rebeldes e deixemos de recoller as mesas doa SelfServices, rexeitemos pagar o aparcadoiro nunha desas máquinas que non queren os nosos billetes usados e nos cuspen toda a calderilla que lles sobra, merquemos nas prazas de abastos (¡aínda existen!, -é unha das miñas rutinas máis queridas, será que xa me esquecín dos piropos hai tempo e gústame eso de "¡haber guapa, llévate una palometa!"). Non son accións puramente simbólicas nin ridículas, representan unha toma de conciencia sobre esas pequenas modificacións de conducta imprescindible para non mudar traumáticamente en avatares desta xa aburrida SecondLife.

Aquí vos deixo información sobre a estratexia do verme a algúns exemplos: blog esviral.com
Springfield woman vivamos como galegos Wikipedia

E que conste que a min a publidade gústame, e moito; hoxendía acolle a tódolos que noutros tempos morrían de fame pintando nos cotrosos faiados de París. O anuncio máis caro da historia, co que Guiness celebra o seu 80 aniversario amosa a saúde do sector.

martes, noviembre 13, 2007

Derradeiro pesadelo...

[Louise Bourgeois]













O demiurgo non ten presa, o tempo tamén desapareceu misteriosamente.

Vin aos constructores engulidos por entolecidas forzas longo tempo desprezadas.
Académicos envelenados cos sintagmas violados polos reis.
Centos de mozos que acadaron definitivamente a virtualidade.
Nais que se fundían coa viscosidade que se derramaba dos vasos de cristal.
Só quedamos un vello cego que vive nun labirinto máis eu, que quedei entre as follas dun libro sobre o xenocidio escoitando o terrible encargo dunha nai que marchaba cara o forno.
O mostro trata de amañar o seu trebello pero ten arruinada a memoria, ás veces pareceme que chora. Non ten sete días nin mundos que poboar, só lle quedan un par de sons que non é quen de identificar, un obxecto luminoso polo que devece o cego e uns centos de bits.

domingo, noviembre 11, 2007

Pura danza...Sunflower Moon, de Momix.

Estes días puidemos deleitarnos en Vigo con este espectáculo de Momix. Pura danza nunha maxestuosa posta en escea combinando movemento, luz, son, imaxes e ciencia. Mágoa que para ver estas maravillas teñamos que reservar as entradas con catro meses de antelación, e iso con sorte. Xa perdín toda esperanza de que esta cidade se tome en serio o tema do Auditorio e non podamos @s vigues@es ter a oferta cultural que merecemos.

Persépolis, de Marjane Satrapi.



Non deixedes de ver esta película, ou de ler o cómic de Marjane Satrapi. A historia recente do Irán é moito máis doada de entender, non deixa de ser a mesma arrepiante fórmula do exterminio dos que non pensan coma nós. Lembro outra vez a Mazen Kerbaj e a súa bitácora/libro sobre a invasión do Líbano hai ben pouco. Ogallá a poidesemos ver tamén nunha película.
Nesta páxina atoparedes moita información sobre a autora e a súa obra.
Aquí podedes atopar as obras de M. Satrapi.

Menos Boris e máis Ruibal...

Señores da Casa do Libro:
Paréceme ben que empapelen as súas librerías co premio Planeta, e co finalista do premio Planeta, pero por deus santo (e só mento aos deuses en casos moi serios)
¡¡¡¡ nin un libro do PREMIO NACIONAL DE LITERATURA DRAMÁTICA, do noso Rubén Ruibal!!!
Cero patatero para vostedes, ou premio limón, ou premio ignobel, en fin que moi mal.

viernes, noviembre 09, 2007

Madrid ben merece un meme

Este derradeiro meme das oito cousas que anda polo blogomillo xa non deixa moito espazo para a orixinalidade logo das vosas magníficas contribucións, pero non quero por nada do mundo rexeitar o convite do prezado Arume, así que aproveito aínda máis a miña visita madrileña para contarvos as ¿oito? cousas que me fixeron reflexionar...

1. A arte na rúa. Deliciosa manifestación artística, estes homes/mulleres estatua que desafían o noso caótico senso da percepción. Dalgún xeito fan que o acelerado cidadán sinta o irreflenable desexo de pararse de socato e enfocar axeitadamente a vista, o oído e ata o tacto.


2. Violencia na rúa. Esta é a outra cara da moeda. Non hai foto. non era momento. Na rúa máis concurrida de Madrid, un home comeza a bater nunha moza que demorou de máis os seus saloucos. As imaxes das arrepiantes esceas de Barcelona semellaron acordar simultáneamente a moitos pacíficos cidadáns que nun momento daban conta do agresor e o entregaban ás autoridades. Moitas testimuñas coincidían en que miraran a agresión, outros semellaban non ficar seguros da veracidade dos feitos. Velaquí unha consecuencia quizais da confusión na que nos somerxe este xogo continuo de ficción/realidade.

3. Paula Rego. Hai que vela, non hai na lingua verbas para describir a forza que transmite unha pincelada que debuxa un aceno de odio, de desexo, de solidariedade, de insubmisión, de orgullo, de humillación, de amor.



4. Imponente cola para entrar no Museo do Prado. Somos cidadáns ben mandados, non hai dúbida. Unha boa campaña publicitaria e aguantamos estoicamente as horas que fagan falta para lexitimar coa nosa presenza a importancia dunha actuación que ten moito máis de política que de artística. Eso sí, se temos en conta outros fenómenos masivos como o fútbol, unha ledicia ver tanta xente famenta de cultura.



5. Starbucks conquista España. ¡atención! as colas interminables na capital non están só no Prado. O derradeiro fenómeno de invasión ¿cultural? é o Starbucks. Debe ser o máis cool afacerse a cafeína e deitarse un tempiño nos agarimosos "chaise longues" deste McDonals do café. Barato non é, pero como te chaman polo teu nome para servirte unha exótica variedade de café nun vaso de deseño que conserva o líquido quentiño para que poidas ficar lixeiro, pois aí estamos, facendo cola nun café, iso si, en facenda xa non hai que agardar nadiña, aténdente rapidísimo.


6. Bruno Schulz. Exposición no Círculo de Belas Artes. Este é un deses "raros" que non acougaron nunca porque a súa ollada traspasaba a realidade, son eses seres que ven máis alá, miran a morte directamente aos ollos e como tamén son extraordinariamente bos e xenerosos, non queren arruinar a nosa felicidade e calan, ou escriben sempre como xogando ás agachadas, e case sempre morren cedo, por propia iniciativa ou coma valentes, poñéndose diante do xenocida para que lle fure esa maldita cabeza que non lle para de doer.

7. Reclamacións no Metro e en Iberia. Que en Madrid tes que ir coa billeteira entre os dentes todo o día o sabedes todos, pero o do timo da T4 xa puido comigo. Xa sabedes de que vai, ti pagas o teu euriño para entrar no metro pero cando chegas á famosa termiñal, non podes entrar sen pagar suplemento. Pois que o digan claramente, "tarifa para costear las obras de reparación de la T4 a causa del atentato de Eta". E logo os de Iberia, estes comen aparte. Logo de pagar ben caro o teu high cost e de sufrir, como non, outra longa cola para facturar , mándanche a unha máquina. Máquinas no metro, máquinas no aeroporto, máquinas expendedoras absolutamente de todo. Por favor merquen xa a máquina de autopréstamo para a biblioteca tamén, así non teño que soportar o desagradable contacto con eses estúpidos seres humanos....medo me da todo esto.

8. Música na rúa. O contrabaixo sempre é precioso, pero así, na rúa, deitado á sombra, a carón dun compañeiro de fatigas que xa ten remendos de máis ¿nos vos parece uhna imaxe moi romántica?

P.D.:¡APICULTOR!, gustaríame moito que fose vostede quen de recoller o testigo deste meme. Devezo saber máis de vostede, pero non moito para que non remate a maxia de súpeto e poida seguir imaxinándoo. Veña, anímese e cóntenos esas cousas que o emocionan e lle fan esquecer a razón. Poño a miña casa ao seu dispor, ata lle facilitaría o contrasinal con tal de ver unhas verbas súas noutro lugar que non foses os comentarios de tantos blogs que vostede visita e enriquece coa súa ollada crítica.
VAILIMA, ya lo sabes, eres mi ídolo en la web artística, te paso también el testigo, aunque no quiero darte trabajo para no quitarte ni un minuto de tiempo y nos sigas regalando con tus sorprendentes artículos.
Señor R.R. ¿pero é que vostede aínda non participou nesta rolda? Veña, esqueza por uns segundos que é vostede o noso admiradísimo PNLD e escriba esas oito cousas polas que estaría disposto a perder a cabeza.

jueves, noviembre 08, 2007

Dedicatorias....

O derradeiro post de Marcos Valcárcel, cuxo bló é xa unha referencia obrigada para os estudosos da cultura en xeral e da galega en particular, lembroume este libro adicado de Claudio Guillén a Francisco Ayala que vin nesta exposición en Granada. Era o ano 47, terían que pasar case trinta anos para que se cumprise o desexo de Guillén.

martes, noviembre 06, 2007

Núñez Feijóo en Bussines Class...

Xa, xa, vos estades a preguntar ¿que ten que ver Núñez Feijóo con esta ilustración? ¿será que Mariano xa non lle pon e e marcha con zetapeta? ¿será que voltaron os aduaneiros a facer das súas? Ogallá, pero non amigos, simplemente foi cousa do google images, metín "Nuñez Feijóo" para ilustrar o meu post e saiu esto, ¡cousas da tecnoloxía!. Non me gusta nada a política, bueno, minto, o que non me gusta son os políticos, por iso non lles dou espazo no meu recuncho virtual, pero e que esoutro día no avión que me trouxo de Madrid, xúrovos que pasei un pouco de vengonza allea vendo a este noso politico el soíño en clase bussines fuchicando no seu móbil coma os nosos teenagers, mentres o resto do pasaxe desfilaba ao seu carón, na procura dos seus asentos. N.F. estaba alí sentadiño no recuncho reservado ao máis requintado da sociedade, marcando diferencias. Malia todo, a súa ollada reflectía un pouco de vergonza, e ata diría que era unha combinación de unha mala interpretación da fachenda que debe amosar un político de pedigree cunha miga de pesar por ter que ser así de chulo. ¡que falta de ignorancia!, diría Manquiña. Señor Feijóo, de verdade, sente canda nós, non teña medo, non lle imos cuspir nin pegarlle ningunha doenza, ademáis queda mellor, de verdade, aínda que sexa por quedar ben, métase no medio da xente e fale con ela. Unha viaxe de avión conversando cun viaxeiro seguramente lle daría máis información sobre o mundo que tódalas consultas que facía ou que facía que facía no seu celular.

Grazas con Dylan, pedide o que queirades

lunes, noviembre 05, 2007

O bo de Madrid....Javier Ruibal en Clamores.

Preciosa e longa fin de semana que aproveitamos os da Triple A para refrescar as nosas provincianas neuronas respirando ese ar condenadamente multicultural e moderno da metrópoli madrileña. Desta vez non deixamos pasar a oportunidade de visitar a emblemática Sala Clamores, referencia obrigada para todo amante do Jazz e música en xeral. Como non somos moi amigos da planificación deixamos que funcionase o efecto sorpresa, e aparecimos por alí unha noite calquera na hora que nos petou. O castigo foi ter que pagar o prezo completo dun concerto ao que só iamos asistir escasa media hora. O agasallo, coñecer a música de Javier Ruibal -¿que terán os Ruibal para namorarme deste xeito?- un cantautor que cun recetario ben completo a base do bo flamento, a música árabe, o rock e outros ritmos nos conta historias preciosas cunha poesía que nos transporta á corte do rei Schahriar.


Web Javier Ruibal
Para descargar

miércoles, octubre 31, 2007

Franz Xaver Messerschmidt ¡para volverse tolo!










Grazas a Aser coñezo a Franz Xaver Messerschmidt, un escultor alemán do século XVIII. Se non o vexo nunha revista de arte que consultei na librería do Marco, xamais acreditaría que non fose un artista dos nosos días. A xulgar pola pouca información que podo acadar vía google e outras ferramentas algo máis científicas pero menos efectivas, FXM tivo que ser un deses artistas "malditos" de verdade. Neste bló leo que xa na súa época lle negaron a cátedra de profesor da Academia de Viena porque primeiro ministro desconfiaba da súa saúde mental. Canto teríamos gañado se fosen os artistas "enaxenados" os que non deixasen gobernar ós "animais políticos", que, curiosamente, tamén están a conquistar dicionarios.

martes, octubre 30, 2007

Heroes do medio ambiente...heroínas poucas e invisibles na rede, pero habelas, hailas.

[Para Noemí. Non é doado ter unha amiga así. Coñecímonos nun curso de alemán e quedei rendida aos seus pés, é unha desas poucas persoas das que che gusta presumir que coñeces, unha enxeñeira cunha intelixencia só comparable ao seu colosal corazón, unha desas mulleres ás que che gustaría ver dirixindo o país...o mundo, en fin, que te quero un montón]
O semanario Time ven de publicar no seu derradeiro número unha extensa reportaxe sobre personalidades que destacan pola súa defensa do medio ambiente. Na lista de "heroes do medio ambiente" figuran personaxes ben coñecidas como Mikhail Gorbachev, Angela Merkel, ¡Robert Redford!, Charles (The Prince), David Attenborough, James Lovelock, e por suposto Al Gore. Cando quixen saber máis datos sobre os resto dos "heroes" - Tim Flannery, Benjamin Kahn, Karl Ammann, Hammer Simwinga, Amory B.Lovins, Shi Zhengrong, Lee Myung Bak, Tommy Remengesau Jr., José Goldemberg, David Suzuki, Barnabas Suebu, Frederic Hauge, Wang Canfa, Von Hernandez- a rede foi moi xenerosa, non así no caso das "heroinas", Christine Loh, Olga Tsepilova, Janine Benyus, agás que sexan premio nobel como Wangari Maathai.

domingo, octubre 28, 2007

Grazas á Revista Texturas pola inclusión do meu bló na súa recopilación. Volvo recomendar a visita a esta listaxe sobre blós relacionados co mundo do libro.

Artfutura 2007. Documental 8 BIT

No MARCO de Vigo puiden onte visualizar o documental 8BIT. Trátase dunha proxección sobre o mundo dos videoxogos e a súa importancia na cultura. Coñecín un a música Chiptune, e quedei certamente sorprendida con esta modalidade de composición musical a base de 8 bits e que a xulgar polo documental, ten moitos seguidores en todo o mundo. Dende logo hai que estar abertos ás novas tendencias pero non deberiamos sacrificar tan doadamente as nosas esixencias estéticas, ao contrario, neste tempo de escasez de arte (tanto tanto con maiúscula como con minúscula, e de profusión da estética) temos que cuestionarnos cousas tan básicas como a pertinencia dun museo para amosar traballos coma este. Mentres o público se deixaba engaiolar con estes novos GJ´s (Gameboy Jocqueys), eu sentinme un pouco enganada unha vez máis porque de saber que ía ver un documental sobre novas tecnoloxías, aínda que sexa aplicadas á creación, ao mellor non viña ata o centro desta cidade, o que por certo, cada día custa máis cartos.
Por outra parte, 8 BITS, queréndoo ou non, exemplifica moi ben este momento de confusión e mestura, neste caso moi premeditada, entre arte e publicidade. O producto está tan ben feito que é imposible rexeitalo por puramente publicitario sen risco de ser acusado de virar as costas ás novas deusas (i.e. novas tecnoloxías) da post-post modernidade. Pero o certo é que a maior parte do tempo se está a falar de "marcas", iso si, con moito humor: Gameboy (e girls), Commodore, Atari, Play Station, etc. Velaquí un síntoma ben claro do estado actual de cousas no mundo da arte. Os artistas están en todas partes, son deseñeadores de campañas electorais, creativos de empresas de tódolos sectores, publicistas, escaparatistas...non é de estrañar logo que haxa tanta "obra" e que precisemos cada vez máis museos para acoller tal inflación de traballo artístico.
Fóra destes aspectos negativos algunhas propostas parecéronme moi interesantes, como o traballo de John Klima.
Aquí vos deixo as ligazóns dos protagonistas do documental para ver de que vai esto do netart.
Cory Arcangel, Bit Shifter, Bodenstandig 2000, bubblyfish, Mary Flanagan, Alex Galloway, Glomag, Paul Johnson, John Klima, Johan Kotlinski, nullsleep, Joe Mickay, Tom Moody, Akiko Sakaizumi, Eddo Stern, Teamtendo, Treewave, Carlo Zanni.