miércoles, febrero 13, 2008

¿cada quen ocupa o lugar que lle corresponde?

O fermoso bló da Pícara de Allegue lémbrame esta foto que tomei un día dende o traballo. Contando con que sabedes o lugar onde se fixo a foto poderíamos falar de cousas ben variadas. Poderíamos falar do surrealismo, da flexibilidade no uso dos espazos naturais, do importancia do gando autóctono na universidade, do abraiante descenso no número de alumnos, do empoderamento dos borregos, da contribución da arquitectura de autor á socialización e por suposto deberíamos preguntarnos se cada quen ocupa o lugar que lle corresponde...pero non imos falar de nada disto, imos ver só unha imaxen sorprendente e reflexionar un pouco...

El hermoso blog de la Pícara de Allegue me recuerta esta foto que hice un día en mi lugar de trabajo. Contando con que sabeis el donde se hizo la foto podríamos hablar de cosas muy variadas. Podríamos hablar de surrealismo, de la flexibilidade en el uso de los espacios naturales, de la importancia del ganado autóctono en la universidad, do increíble descenso del número de alumnos, del empoderamento de los borregos, de la contribución de la arquitectura de autor a la socialización y por suposto deberíamos preguntarnos se cada uno ocupa el lugar que le corresponde...pero no vamos a hablar de nada de esto, veamos tan sólo una imagen sorprendente y reflexionemos un puco...

8 comentarios:

occam dijo...

A qué estamento universitario se estará a referir...? profesores (incluindo reptor e vicerreptores), pas ou estudantes?

A foto moi boa

apicultor dijo...

Pois algúns están no lugar que lles corresponde e outros decididamente non estan no lugar que lles correspondería.

E eu? Pois non o teño nada claro. Depende do día.

Ana Bande dijo...

Señor Occam, non me tire da lingua que logo poñemos todo perdido, deixemos aos animaliños pacer a gusto...

Ana Bande dijo...

Ei Api, estabamos escribindo ao mesmo tempo...Si, decicidamente, a ovella está no seu lugar, o que me fai raro é que estivese soíña, sen a parentela que adoita facerlle a corte, e tamén me fixo raro que ollase directamenta á cámara.

Anónimo dijo...

ai, ana, e eu ata o de agora pensando que o problema era que non tiñamos lugar...
:)
apertas,
e por certo, non vexas a cariña que se me puxo cando lin o teu comentario de "vente para casa". cando decidín tomar avión e pór atlántito por medio sabía que era difícil regresar...
bea (toxomar)

Anónimo dijo...

aaa, mi querida, por fin lo puedo leer en castellano, (o en una mezcla entre los dos,a veces, haha). Muchas gracias Ana.
Pozdrowienia z Polski,
Asia

apicultor dijo...

Expreseime mal. Quería dicir que:

a) Algúns están no lugar que lles corresponde.

b) Algúns non están no lugar que lle correspondería porque ou ben están onde non deberían estar, ou ben non están onde deberían estar.

Respecto da ovella e do por qué olla directamente para a cámara, ao mellor resulta que se trata daquela ovella que actuaba nunha vellísima película de Woody Allen, por cuxo título acodiu moita xente a vela.

Ra dijo...

Un post magnífico, Doña Ana...y la foto, un efectivo lubricante neuronal.
Abrazo.