lunes, febrero 25, 2008

Dádelle á lingua...

Vieiros proponnos "darlle á lingua" dun xeito moito máis creativo que o deses foros pola intolerancia que medran coma fungos. Aquí vos deixo a miña particular contribución para "ferve a rede". E non deixede de votarme, por favor, que morro por ir a Venecia.

Lembro os teus ollos azuis no retrovisor. Non me importaban as mesquitas nin o Museo de Antigüidades. Só debecía por acariñar o teu sexo. Ao teu carón, mentres todos sacaban fotos eu cumprín o meu desexo, e o retrovisor devolveume unha ollada azul e suplicante. Eles percorrían o barrio copto e eu daba conta do teu zume sagrado. As verbas non podían axudarnos e tampouco había tempo abondo. A rixidez do teu corpo lembrábame a solemnidade dos relevos dos teus antepasados. Ao poñer as túas mans e a túa boca no meu peito os deuses falaron.


________________
Para que tódalas mulleres musulmanas se liberen da tiranía de alás, mahomas, mohameds, mustafás, etc., etc., etc., e disfruten do sexo. Aqui vos deixo o documental polo que perdeu a vida Theo Van Gogh ¿alguén se lembra? (Grazas A.)

Recuerdo tus ojos azules en el retrovisor. No me importaban las mezquitas ni el Museo de Antigüedades. Sólo deseaba acariciar tu sexo. A tu lado, mientras todos sacaban fotos yo cumplí mi deseo y el retrovisor me devolvió una mirada azul y suplicante. Ellos recorrían el barrio copto y yo daba cuenta de tu jugo sagrado. Las palabras non podían ayudarnos e tampoco había tempo suficiente.La rigidez de tu cuerpo me recordaba la solemnidad de los relieves de tus antepasados. Al poner tus manos y tu boca en mi pecho los dioses hablaron.


Vieiros nos propone "darle a la lengua" de una forma mucho más creativa que la de esos foros por la intolerancia que creces como setas. Aquí os dejo mi particular contribución para "ferve a rede". Y no dejeis de votar, por favor, que me muero por ir a Venecia.

Para que las mujeres musulmanas se liberen de la tiranía de alás, mahomas, mohameds, mustafás, etc., etc., etc., y disfruten del sexo. Aqui os deixo el documental que costó la vida a Theo Van Gogh ¿alguien e acuerda? (Gracias A.)

10 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

Está bonito, mais non vencellaches ó teu propio conto na páxina de "Ferve a rede" e non podo votarte.

Noraboa polo blog (xa me pasara, mais coido que nunca fixen un comentario).

Anónimo dijo...

Non está nada mal o micro-relato. Parabéns.

Aproveitando (con perdón) a ocasión, lin outros relatos e hai algúns ben cursis e relamidos.

Xa vexo que en Exipto houbo tempo para todo... para deixar voar a imaxinación, supoño. XD.

Pero non a poderei votar porque hai que inscribirse e dáme moita pregiza.

Un saúdo.

Ana Bande dijo...

Amigo Api, déixese de preguiza e vote, unha, dúas e ata tres veces, veña oh! que co de Exipto baleiróuseme a conta e xa non son tempos de facer dedo para viaxar....e tamén vostede, que tanto sabe, podía facer unha achega, déixe as uvas por uns intres, e "deixe voar a imaxinación" verá que ben lle queda o corpo.

Mr. tichborne, grazas, agora o arranxo.

Anónimo dijo...

Ao mellor pode ser que xa teña publicado algún relato erótico con pseudónimo. Ou non.

Pódese votar máis dunha vez? Daquela vai haber tongo.

Anónimo dijo...

Pero non penso escribir ningún relato erótico para un premio. Que despois me daría moita vergoña ter que ir recoller o premio. Porque hai que saír na foto, non?

Ana Bande dijo...

Api, escriba algo e verá como son quen de descubrilo entre os anónimos. Pola foto non se preocupe, voulle eu recoller o premio, como fan en jolivu. E claro que se pode votar moitas veces, eso si, un por cada ordenador, as cousas da política lingüística sonlle así de serias.

Anónimo dijo...

Non me provoque, non me provoque, ... :-)

Xaime dijo...

Aí lle vai o título, Apicultor: "Voteille güevos".
Ana, xa lle botei, duas veces, para que se lembre de mín na Piazza.

Ana Bande dijo...

Ja...ja...Api ¡veña que só lle quedan catro liñas! E Venecia meréceo...imaxínese un paseno polo Grande Canale ahhhhhhh...

Anónimo dijo...

Díxechesme que escribiras un relato curto... pero tan curto??? Meus parabéns!!!