martes, febrero 12, 2008

Pasatempos ecolóxico-cultural...


Foto: Gabriel Tizón

Que vala este post como lembranza daqueles días no que o monstro regurxitou a súa fartura.
Malia a aparente similitude entre estas dúas imaxes que vos amoso eu atopo moitas contradiccións. Diso se trata, de que atopedes contradiccións. Comezarei eu...
A muller da foto de enriba, por exemplo,fálame de tempos dunha natureza xenerosa e con todo moi miserentos. E logo está o futuro do que nos fala a foto de abaixo. ¿recoñeces o tema que se representa?
Son imaxes duras, fanche doer as costas. A min lémbranme aquelas obras de Millet que tamén reflectían esta dor na relación coa Terra. Hay un precioso documental de Agnés Varda, Los espigadores y la espigadora, que podes atopar na Biblioteca da Universidade de Vigo.
E se sabedes dicirme o nome do fotógrafo que corresponde á primeira imaxe xa levades premio.
Agradezo a todol@s amig@s que animan este espazo. Para el@s que malia descoñecer esta nosa lingua fan intentos por seguirme, vai este proxecto que hoxe comezo de facer a tradución dos post para o castelán.
Versión en castellano
Que sirva este post como recuerdo de aquellos días en que el monstruo vomitó su hartazgo. A pesar de la aparente semejanza de estas dos imágenes que os propongo, yo encuentro muchas contradicciones. De eso se trata, de que encontreis contradicciones. Comenzaré yo...y sin embargo muy miserables. Y luego está el futuro que representa la fotografía inferior ¿reconoces el suceso que representa? Son imágenes dura, provocan dolor de espalda. A mi me recuerdan aquellas obras Millet que también reflejaban esta dolorosa relación con la Tierra. Hay un precioso documental de Agnés Varda, Los espigadores y la espigadora, que podeis encontrar en la Biblioteca da Universidade de Vigo. Y si sabeis decirme el nombre del fotógrafo que hizo la primera foto, premio.
[Besos a Asia, Lluis y Sandra]

10 comentarios:

apicultor dijo...

Por un casual non sería Manuel Ferrol o autor da foto?

Un saúdo, Ana.

carlosfreitas dijo...

Um grande documentário. Por cá apenas passou em circuito muito reduzido. E é raro encontrar-se numa biblioteca pública.

r.r. dijo...

Mmmm... A min o fotógrafo sóame a este... ¿Vázquez? Non: José Suárez, pero paréceme moi escura para o seu estilo habitual. Espero a resposta.

r.r. dijo...

Xa eu me respondo: ¡Non! Se a foto é do ano 61, non pode ser Suárez...

legnaresa dijo...

perspicaz r.r efectivamente trátase da Toxa polo que parece no ano 61 pero a min o apelido do autor cheirame a glamour francés.
A segunda foto,vale para todo pois podería estar apañando croques coma "jalletas" de "galipot".

Ana Bande dijo...

Ben legnaresa, ben...véxoo moi observador e moi amigo do zoom...vai por bo camiño, efectivamente é un fotógrafo francés, e hai pouco tivemos ocasión de ver unha exposición da súa obra aquí en Vigo.

Anónimo dijo...

insiste vostede en usar o xénero masculino coa miña persoa. Toda fiera Corrupia ten algo de monstruo. Xa se sabe que as lendas e fantasías teñen moito que ver co mar ou ca mar.

legnaresa dijo...

Imos de cabeza o fondo do pasatempo: penso que podería tratarse de Jean Dieuzaide

Sinto que o anterior comentario saíra como anónimo. Son unha calamidade.

Ana Bande dijo...

Pois pensa vostede moito e ben miña dona ou cabaleiro, queda vostede convidado a unhas cañas xasabeonde....

apicultor dijo...

Xan Deusabe? E quen é ese? :-)