lunes, diciembre 15, 2008

Pasatempo narrativo

Non lembro a ollada paralizante máis sempre tiven este tacto húmido que fai máis arrepiante a soidade eterna. O vento frío dalle pulo as feridas nas que acougou o xeo hai séculos. A metade do ano debezo polo sol mais só aturo o seu saúdo porque unha vez que desaparecen as chagas xa é o inferno. E entón soño outra vez coas brétemas e as xeadas. A ninguén lle importou o meu terror á vertixe e estou condenado a permanecer idades aínda sen nome nestas desacougantes alturas. Só te vexo a ti. Mais tes que ser una quimera pois non lembro que o sentido da vista me teña agasallado coas cores que reflicten os teus cristais cando o sol empurra por entre as nubes. A túa é tamén unha ollada eterna....
E que xa estou farta de tanto traballar en solitario. Eu fago o texto e ti trata de adiviñar a foto máis acaída á narración.

And...the winner is....¡Qwerty, alias Ganímedes, alias O meu primo! que nos achega esta bonita imaxe

17 comentarios:

O teu primo dijo...

Ou é a MIR ou é Marte.

Ana Bande dijo...

¿cal primo?
non, frío, frío....

Qwerty dijo...

Isto, pero sen o tipo da esquerda.

Ana Bande dijo...

Qwerty,
mmmm....non...pero vai quecendo a cousa, sigue por aí...literalmente

Qwerty dijo...

Andará por aquí?.

Qwerty dijo...

Ou, máis exactamente, entre isto e isto.

Ana Bande dijo...

Nonnnnnnnnnnnn....sube as escaleiras da primeira foto, alí ao mellor atopas algo

Qwerty dijo...

Ai, Aniña, que mipidess (chave de verificación para o comentario)? Eu vou pedindo papas.
A primeira foto ía pola cousa temática. É o castelo de If, en Marsella. Montecristo e demais. Despois tirei máis ben pola parte de refacer textos, ou traducilos, cambiando o aceno orixinal dos autores. Volto logo a isto?

Ana Bande dijo...

Qwerty...quen serás, serás...
canto traballiño estás a pasar miñ? raiñ?...mira, tes que subir ao edificio e alí no alto están estes seres fantásticos que poderían dicir todas esas cousas que hai no texto...outra pista...Castelao gostaba moitísimo delxs...e outra máis...teño posto neste bló unha foto dun exemplar único e moi ben dotado desta especia...e agora, porfa...non me falles e mándame unha foto axeitada queridx qwerty...(lo estás haciendo muy bien, muy bien...)

Ana Bande dijo...

...e no propio texto está a resposta..como na adiviña aquela "siloquieresadivinarespera"

Qwerty dijo...

Ai, rula, que pouca paciencia. Así non hai quen xogue! Dotación? Que signifca? Castelao gostaba da dotación? É vostede peor que o Baltar de Rianxo, Anabande.

Qwerty dijo...

Non sei que me dá desilusionarte. Pero fíxate a que extremos se chega na posmo.

Ganimedes dijo...

Xa me vou. Esta de Ulm, para ti.

Ana Bande dijo...

Si qwerti,alias ganimedes, alias o meu primo, pofínnnnnnnnnnnn....si, teño pouca paciencia para esto dos xogos e non me gusta dar moito traballo, quedas convidadx ao que queiras onde xa sabes. Voume eu tamén que quedei con Jude Law no centro. ¡apertas!

r.r. dijo...

Chst, que o seu primo son eu e fallei por centos de kilómetros (ou por só uns poucos, dependendo da rotación) e aínda nin sei moi ben agora cal é a resposta...

¿Sabe que me pon a verificación de palabra? ¡Randa! ¡¿pero é que aquí non hai respeto ningún?!

Ana Bande dijo...

ja...ja...ai perdoa primo, pero con esto dos alcumes fágome un lío, pero ¿que fas ti en Marte? ¿como que non sabes a resposta? non o podo cres, espilido como es!

r.r. dijo...

¡Bo! ¡Eu de Marte non baixo! E xúrolle que aínda non a sei, non vos entendo a ti e ó do teclado...