jueves, mayo 21, 2009

escuridade...ma non troppo.


Afortunadamente este esgotamento intelectual, agora completamente alleo a unha irrefrenable pulsión cara ao abismo, non vai durar sempre. É noite case, sento nos chanzos do edificio da facultade e compartimos a persistencia desta rutina que sempre leva as dez últimas. Tódolos trunfos para ti, e non é que me deixe gañar, ou si, que non son días para resistir a forza cósmica do Big Rip. O Laguna faime unha chiscadela alá no fondo, devólvolle o aceno, recollo os meus trebellos e atraveso descalza o verde e húmido a xeito de despedida, volto outro día cara a cidade.

4 comentarios:

anónima dijo...

escuridade a que teño eu nestes intres. O fume nejro e as lapas dominan a paisaxe de Bouzas. As relacións entre patronal e sindicatos literalmente están que arde. Os asteleiros botan fume e a policía a fume de carozo corre polas rúas. Más madeira, esto é a jerra. Seica os adoquins da humanización de Vigo poden ir por o aire e vir polo vento.

Ana Bande dijo...

¡¡¡a las barricadas!!! pois por min que arda Troia, non me volvo pechar no que me queda de vida, abofé...

anónima dijo...

Nestes intres está a cousa como explicaban perfectamente en Barrio Sésamo: Dentro/Fora. Dentro, nos asteleiros os traballadores a espera de que lisquen os policías. Fora os policías a espera da saída dos traballadores. No medio (esto non se explicaba en Barrio Sésamo)unha tensión de mil pares de porras, paos, parafusos, pedras, escudos, fumes,etc... Esperemos que non se lle cruce o cable a ninguén.

R.R. dijo...

Cando ía eu para Vigo e vin tanta furgalla grillera de dios correndo para Coruña xa pensei que o día debeu ser...