martes, agosto 24, 2010

sobre "de trapos y siliconas" de Gabriela Cañas

Prezada Gabriela,
Moi atinada nas túas conclusións en "De Trapos y Siliconas", só algunha puntualización. Efectivamente o feminismo está de capa caída, non é cool, non está de moda. Pero iso non é para deprimirse nin moito menos, é un síntoma máis do mal gusto e cobardía da machovaronía tabernaria, ese altísimo pocentaxe de machos alfa que afortunadamente non representan ao seu sexo. Todxs sabemos que é cuestión de tempo a perda de credibilidade dun mundo monócromo e masculino. A semente está botada e só é cuestión de deixar pasar un par de séculos. Si, si, paciencia, moita paciencia, como a que precisei esoutrodía para non guindar unha pedra ao meu televisor escoitando ao sobranceiro psicólogo social extrapolar o resultado dos seus experimentos sobre a maldade do home (el refírese á especie homo) cando o cen por cen dos participantes nos mesmos son eso, homes. Para min, que son unha ignorante da vida, o experimento de Milgran amosa que os individuOS (eran todos homes) poden cometer todo tipo de falcatruadas e inflixir tanta dor coma se poida imaxinar sen gañar absolutamente nada. Do experimento de Zimbardo (o experimento do cárcere de Standfort) xa nin falemos. Tivo que ser a súa moza o advirtise ao científico da súa perversidade. Por outra parte non se precisa ese experimento, a historia pasada e recente está ateigada de situacións de extrema violencia masculina. México é un caso paradigmático no que ata doe pensar.

No hay comentarios: