jueves, marzo 13, 2014

Gravity, una atracción de feria

Buf, menos mal que os prezos do cine baixaron ata polo menos o nivel que merecen algunhas películas oscarizadas. De ter dilapidado oito ou nove euros neste filme estaría hoxe facendo dieta para compensar a miña balanza particular de pagos. A min xa me parecía que había moito conto pero decidín manterme virxe de crítica e ir comungar sen pasar polo confesionario. Disposta a tragar, quero dicir. Non é que as atraccións de feira teñan nada de malo, ao contrario, o cine comezou a súa existencia cando tivo permiso para entrar nesa taxonomía. Pero hoxe o cine, logo dunha historia de máis dun século, afortunadamente, é outra cousa. Non vou nin sequera a mencionar a Kubrick, que como pouco quedaría cego (1) se tivera caído na tentación de ver Gravity. Pero cine non é. Xa volo digo. Si que hai despregue visual, tensión, exhibición técnica (2), son, montaxe, efectos visuais, e todas esas cousas sen as que non se pode facer unha película. Pero cine, de verdade, non é. Xa volo digo. Si que hai despregue visual, tensión, exhibición técnica (2), son, e tamén of course a sempiterna camiseta de punto en tonos neutros así...tipo abanderado que adoitan levar as mozas astronautas todas musculadiñas elas e un pouco andróxinas segundo o perfil de astronauta que imaxina calquera director que se precie (3). Vamos, igualiño, igualiño que aquela Valentina Teireshkova, a primeira muller, que viaxou ao espazo.. Pois sí, é o que ten a película, orixinalidades deste tipo. Historia ningunha, iso ninguén o oculta, diría eu que ata o resaltan como mérito. O mérito está en contar o baleiro. O que importa desgrazadamente é únicamente o medio, o ferrancho. Como se Cervantes se tivera pasado mil páxinas falándonos das propiedades do seu bolígrafo. ¡Ah! ¡que non era un bolígrafo! bueeeeeeeeno.


(1) sordos quedamos todos 
(2) suponse que os parafusos que se desprenden das mans dos astronautas e veñen cara as butacas teñen que impresionarnos moitísimo)
(3) iso si, a camiseta aquí, logo dunha loita contra toda a cacharrería espacial cun transcendentísimo diálogo (é broma) de por medio, a camiseta digo, de volva ao cacharro de turno semrpe, sempre está sequiña, nin sequera eses imprescindibles cerquiños de suor que asoman aínda que só te agaches para atar o cordón do zapato.  

No hay comentarios: