viernes, septiembre 08, 2006

grazas, grazas

No mes de agosto xogando con este novo medio metín un contador de visitas e hoxe teño que confesar que me sinto moi contenta ao ver que xa tiven mil entradas nestes poucos días; non esperaba nin de lonxe que o que escribo lle interesara a moita xente, así que estou moi, moi contenta, sobre todo tamén porque vexo que este medio pode ser unha boa oportunidade para oir moitas máis voces, xa estamos tan cansos das letanías de sempre...Bueno pois seguide ahi por favor...ah!...apetéceme celebrar este éxito dalgún xeito...así que ao primeiro que mo pida via e-mail lle envío un exemplar dalgún libro dos que falei ata agora.

4 comentarios:

Brétemas dijo...

Parabéns, Ana. Sigo o teu blog con moito interese. Pulo, moito pulo, para seguir.

torredebabel dijo...

Noraboa! tamén veño a cotío e paso mmoi ben acá. Graciñas!

ana dijo...

Hola,
yo tengo tu blog en mis links favoritos.
Enhorabuena, me encanta como escribes!

R.R. dijo...

Noraboa Ana.

Debe ser a décima vez que me poño a postear por culpa dos cortes de luz que anda provocando ese trasno chamado Gordon.

O caso é que me alegro de que siga adiante un blog que me ofrece comentarios cos que discrepo e polo tanto me fai repensar, que me proporciona enlaces interesantísimos como o que puxeches para o blog de Mazen Kerbaj, ou me recorda augurios que xa tiña feito hai tempo, como nese post da "NADA" nun centro de arte contemporánea.

Sigue escribindo e moitos seguiremos lendo. Oxalá sexamos cada vez máis porque o blog ben o merece.

(E mandarei un mail a ver se hai sorte!)