domingo, septiembre 17, 2006

O papa ten medo



(Foto: La Stampa)

E non é para menos despois de ter cabreado á maioría dos musulmáns do mundo, que son moitos e xa están moi fartos de tanta fachenda e crueldade cometida pola superdesenvolvida e ilustrada civilización occidental. ¿e que xa non lembramos que estamos en guerra, agora que vimos de celebrar precisamente o quinto aniversario do seu comezo? Certamente é difícil afacernos a este tipo de situación bélica onde os mortos están lonxe e non sempre saen nas primeiras páxinas dos xornais (onte saiu un excelente artigo sobre os contadores de mortos na Vanguardia). Esta modalidade de belicismo "Guerra contrao terror" (posiblemente non exista expresión máis sinistra e que esconda actos máis viles), inventada polo máis infame dos gobernantes é moi peculiar e caracterízase sobre todo pola subversión que fai de todas as grandes ideas que, mal que ben, viñan mantendo o mundo en paz: o respeto ás leis, as liberdades individuais, os dereitos fundamentais...; non ten nada de raro que dándolle a volta a todo apareza un mundo cunha paz tan precaria que pode estalar en mil pedazos por mor dunha coma de máis ou un apóstrofe de menos.

Fixádevos no xeito en que Benedicto aferra o Libro, precisamente no momento en que está a dicir as verbas polas que hoxe se sente tan aflixido. Pero ¿a qué viña ese clase maxistral resucitando ao Paleólogo, emperador de Bizanzio no 1391 para apoiar as súas ideas sobre a relixión musulmana? A foto é ben ilustrativa, as guerras de hoxe son como as de hai cincocentos anos, porque, como hai cincocentos e cinco mil anos hai que buscar algunha pantasma que xustifique este salvaxe deseo de eliminarnos.

As palabras da polémica.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

O Papa sufre en carne propia a intolerancia dos infalibles. Esa é a grande paradoxa, pola que tantos morreran durante anos baixo o cristianismo. Pero non esquezamos que a civilización occidental (non EE.UU. nen Europa, senón o concepto de civilización occidental que nós mesmos estamos a crear coa defensa dos dereitos humanos para todo o mundo) non pode admitir esas algaradas ou esas mostras de violencia de fanáticos relixiosos, por moi xustificadas que poidan estar por mor de guerras ilegais. Bush é un criminal, pero eses musulmáns que impiden o libre albedrío (non outros que intentan escapar, supoño, da férula da irracionalidade relixiosa musulmana) non son precisamente modelos a seguir. O modelo occidental é o que nós queremos que sexa: eu, desde logo, non estou disposto a renunciar a este modelo. ¿Para qué fixemos a revolución francesa? Non foi en balde: foi para acabar coa irracionalidade da fe e agora veñen outros para o mesmo. Eu, por aí non paso.

Ana Bande dijo...

Non estou de acordo. O teu argumento sería moi válido e axeitado en tempos de paz, pero non estamos nexa conxuntura. Sei que é difícil, mesmo imposible pensar que estamos en guerra, pero lamentablemente así é. Se non estamos de acordo niso xa non estaremos de acordo no seguinte. Ben, nesta nova situación as cousas xa mudaron, xa non estamos a disfrutar dunha situación de legalidade e dereito internacional que coma ti mesmo refires tanto custou (aínda que non debemos arrogarnos como a civilización máis desenvolvida, non esquezas que as maiores barbidades na historia cometéronse despois da Revolución Francesa, iso por non lembrar hoxe todas as situacións extremas que vive gran parte do mundo grazas a Occidente. Non é que se queira demonizar a Bush e defender aos integristas musulmans, pero non imos negar que hoxe o mundo está rexido por unha soa voz que tódolos días está a dicir que pasa ampliamente de respetar Convenios internacionais vixentes e respetados dende a SGM e mesmo que defende a existencia de cárceres secretas e mecanismos de extorsión que xa todos coñecemos. Pero tamén é certo que estas cousas pode facelas porque somos a sociedade máis autocrítica en moitos anos e o único que nos preocupa e completar cada día a cota de goze obligatorio que nos fabrica o sistema. O para xa non é un profesor de universidade, meteu ben a pata, e sábeo, eu penso que esta morto de medo porque ¿cómo ía lembrarse en Ratisbona, o seu terreo que é Papa e que estamos en guerra? Non son pesimista, penso, pero nesta situación de desfeita e crise total de valores imos ver cousas ben malas. Saúdos.

Anónimo dijo...

Admitamos o da guerra: eso non xustifica as violencias musulmáns. A falta de tolerancia. Pero eso vai na propia relixión. Eu son parte da sociedade occidental e defendo os seus valores laicos, que son os mesmos que alumearon as luces, o progreso e os dereitos humanos. EN ningún lugar do mundo hai unha situación tan aceptable en termos de libertade coma en Europa a costa de moito sangue contra os intolerantes (sobre todo de orde relixioso). Esta sociedade pode sinalar os defectos da propia sociedade e pode acabar con ese poder; eu non estou seguro de que iso poida facerse noutros lugares.
Que o Papa ten medo é unha obviedade: eu tamén o tería se sigo decindo o que para mín é unha verdade que atingue ó propio cristianismo: todas as relixións levan encima o estigma da intolerancia e a falla de libertades. Dis que estamos en guerra, pero nós non somos EE.UU. Somos a civilización (nin occidental nin oriental). Somos o mundo civilizado que busca o progreso e a libertade dos pobos. O mundo islámico (e o sinto) non busca eso. Tal vez porque non atopa unha saída pola presión execrable dos EE.UU, pero o certo é que as versións fanáticas (entre nós: toda relixión é en esencia fanática) do islamismo (coma os teocons do cristianismo máis rancio) son lamentables.

Anónimo dijo...

Por certo, esa observación de que as maiores infamias cometeronse despois da revolucion francesa non suporá a descalificación dos seus valores? Porque entón, sí que non podemos estar de acordo.

Ana Bande dijo...

O feito de que as maiores infamias se cometeran despois da Revolución Francesa polo menos ten que facernos reflexionar si realmente merecemos "a civilización occidental" considerarnos a máis desenvolvida, xusta e con dereito a descalificar aos pobos que non pasaron por ese proceso. ¿con qué dereito podemos pensar que os musulmáns non queren a paz só porque unha mínima parte deles empreguen a violencia no nome da súa relixión? ¿a cántos musulmáns realmente coñecemos? ¿nos será que a idea que temos deles é a que nos ensinan os medios de comunicación? ¿cántas veces saen os musulmáns nos medios non sendo en accións terroristas, violentas ou ameazando a occidente?

Anónimo dijo...

Non, eu non me refiro ós casos de violencia que son os máis visibles, sinon a súa propia concepción do mundo, dictada polas palabras dun profeta. Eu, como librepensador, non podo aceptar eso. E, qué dicir da condición da muller. Inaceptable. Por qué somos tan críticos coa nosa sociedade na que podemos establecer o máis libremente posible (a libertade completa é unha utopía) o noso pensamento e non adoptamos a mesma idea cos demáis? Eu desde logo sí que descalifico ós pobos que non pasaron por un proceso de secularización e laicización da súa xente. E, por suposto, sí que me considero unha sociedade máis desenvolvida, sen súbida. E gustaríame que os demáis pobos da terra puideran vivir coma nós (qué tampouco é o ideal perfecto, por suposto). Detesto a eses intelectuais europeus que establecen esas diferencias cando poden vivir libremente en Berlín, París ou Londres.
E finalmente eu coñezo varios casos de musulmáns. Se ti os escoitaras falar de cousas relativas á libertade de conciencia, de expresión, sexual ou da muller, pensarías que son da ala máis reaccionaria do PP. Pero eles parecen ter bula (nunca peor dito). En fin, resulta interesante este asunto.

Ana Bande dijo...

A súa concepción do mundo dictada polas palabras dun profeta...dixeches. ¿e que pensas que os musulmáns se saben as palabras do profeta de memoria e son unha imaxe deses nenos que aparecían nos medios memorizando compulsivamente o Corán? Eu penso que non, sonche coma nós, seguramente o que máis lles preocupa e chegar a fin de mes e a educación dos seus fillos. Igualiño que nos, que imos á misa pero que non nos pregunten de que falou o cura. Lendo o que dis dasme un pouco de envexa porque parece que realmente te sentes un privilexiado por pertencer a este anaco de civilización. Non quero convencerte do contrario mais e moi presuntuoso pensar que este e o mellor dos sistemas cando ademáis estamos asistindo a unha crise de valores que nos presentan a unha sociedade cada vez máis depresiva e apática.

Anónimo dijo...

Non sei se son un privilexiado pero sí que logrei, ó cabo de tempo e gracias probablemente a uns pais moi liberais (de familia tamén republicana), rexeitar ou serme indiferente calquera cousa referida á relixión. Por iso me costa traballo entender todo esto. E desde logo non comparto para nada o termo crise de valores que sempre me pareceu reaccionario. Sempre houbo crise: o mundo é unha crise permanente. E os valores sempre están en crise, porque non existen en termos absolutos. E para os que desexamos un universo laico, menos. Eu desde logo tampouco son depresivo nin apático e preocúpame a educación dos fillos e chegar a fin de mes de todo o mundo non só de mín mesmo. E penso que a relixión destes países (coma a doutros onde impera certas formas de cristianismo) determina moitísimo a vida dos seus habitantes. O problema é que cando no noso país hai intentos por incluir o ensino de relixión na escola, ou de favorecer os colexios relixiosos ou de dar cabida a ceremonias relixiosas poñémonos todos (con moita razón: eu o primeiro) en contra, pero admitimos esa mesma situación nestes países. Non o entendo.

Anónimo dijo...

Penso que os ermitaños dos séculos pasados volven hoxe a estar no candeleiro. Agora somos ermitaños dentro da voráxine, sos, ensimismados e desconectados do mundo moi o noso pesar. Non conta o que pensa e reflexiona, non conta por que ese, está xa farto e cada vez sumerxese máis no seu recuncho sin esperar resposta de ninguen, intentando salvar a su presencia nesta puta vida con algo positivo, pequenas cousas do seu interior e pequenas cousas da sua proximidade.
Sobre a xerarquía eclesiastica católica e sobre as estructuras relixionsas doutros pensamentos e culturas simplemente recomendo visualizar de novo "A vida de Brian" de los Monthy Pyton. A sorrisa e un tesouro que estamos tamén perdendo. O mellor dentro de pouco correremos todos e todas tras o preciado obxecto que nos marque vai ti a saber quen,otrora os clavos de Cristo, otrora a sandalia do pescador,... incluso aqueles que optan por ser anacoretas, eses tampouco quedaran a salvo.
Pero e que a estas alturas , tal e como dixo en tempos Nietche xa todos somos deuses e cada un quere facer o que lle peta. Pois ala a seguir así que queda pouco.
Si Unamuno levantase a cachola ...

Anónimo dijo...

paréceme un debate moi interesante

Ana Bande dijo...

Estou de acordo contigo, retiro a expresión de crise de valores, certamente reaccionaria e baleira de contido. No relativo ao peso da relixión sigo a pensar que non temos elementos de xuizo suficientes para pensar que estamos en occidente menos mediatizados. Mira hoxe os periódicos, ¿por qué todos inclúen fotos de musulmáns quiemando papas de cartón e son tan escasos os que destacan as chamadas de líderes árabes á calma? Estou cansa de ver fotos e textos sobre o fundamentalismo de Ahmadinejad e hoxe ¿canto ocupan as súas chamadas á calma nos díarios? E que vende moito máis a violencia e a crispación que a paz e a tranquilidade, sabémolo ben es España o sufrimos na nosa política doméstica. O erro do papa é un síntoma claro de etnocentrismo que hai uns poucos anos só provocaría algún chascarrillo na prensa. Hoxe non hai espazo para o humor...ou volvemos aos tempos previos ao 11/9 ou a tragar con tanto morto diario porque sí. Saúdos.

Anónimo dijo...

Ana,
Discordo do conteúdo do teu post: afinal, não podem o Papa ou o Pepe (ou a Ana ou o Anónimo) fazer as citações que entenderem, os comentários que entenderem, sem estarem sujeitos à auto-censura, à chantagem da perseguição, às exigências dum código de conduta que não lhes pertence?
Repara: se se tratasse dum texto que incitasse ao ódio, ao racismo, à violência, estaria sujeito ao Código Penal. Mas nem é disso que se trata, o objectivo do discurso é tão só a reinvidicação do direito à teologia de exercer uma crítica metafísica e um diálogo de igual para igual com as ciências. E fazer disso o instrumento para um diálogo de culturas e religiões.
Destacar a referência a Maomé é transformar uma reflexão especializada para um público específico num sound-bite, um exercício típico da comunicação de massas.
Por ser papa deve ter mais cuidado com o que diz? Duvido que tenha maior preocupação. Alguém discorda? Óptimo, faça-se o debate, instale-se a polémica, discutam-se textos sagrados, apeiem-se ídolos, relativize-se a Verdade, duvide-se de Deus e dos Deuses...mas não se abafe o pensamento, a palavra, a imagem, o prazer de polemizar ou, simplesmente, de questionar!
Tantos séculos para apagar as fogueiras da intolerãncia religiosa, para consagrar a liberdade de pensamento e de expressão, para laicizar o Estado e a sociedade, para agora negarmos o direito a alguém questionar seja o que for?

Anónimo dijo...

Efectivamente esas imaxes de homes (as mulleres sempre saen chillando a dor do loito) queimando bandeiras (vaia teima) predominan sobre a imaxe dun islam sensato. O que pasa é que eu non xulgo esas falaces representacións: eu falo da esencia das relixións. Ver esas concentracións papais (Valencia), as manifestacións tipo Fátima ou Lourdes e ver as voltas que dan ó redor da grande pedra da Meca ou as labazadas contra o muro dos lamentos a mín me rebelan. Non as podo soportar. O fanatismo que deriva dunha fe irracional é combatible. As persoas progresistas non poden, por mor dunha decidida loita contra o imperialismo e o abuso de poder, ter a mínima simpatía cos movementos islámicos. Non e non. Non se pode. Temos que loitar a dúas bandas por extender a secularización da política, os dereitos humanos e o progreso dos pobos. Fálase de etnocentrismo, eurocentrismo fronte a multilateralismo. Eu só vexo dualidades, opostos, escasas posibilidades de ter voz propia e diferenciada.

Anónimo dijo...

Léase el artículo de Elorza hoy en EL PAÍS: Ratzinger, error y diálogo. El análisis de las opciones moderadas conduce al mismo lugar de determinación religiosa.

Ana Bande dijo...

Vostede di: "...O fanatismo que deriva dunha fe irracional é combatible..." ¿e que a fe e algo racional?, desconfío moito dos teólogos, aínda dos máis sabios, qu defenden ese oxímoron. O debate debe reestablecerse dente unha óptica totalmente diferente e desbotar expresión coma esa a tantas outras do tipo "a necesidade dunha ofensiva diplomática..." ¿que e iso? ¿queremos ofender ou abrir vías de diálogo?...Agradezo a referencia ao artigo de Elorza, ata vou ler os seus ensaios, parece que é conscíente da dificultade de abrir novas vías pero ao menos presenta algunhas propostas...Saúdos.

Anónimo dijo...

Utilicei "fe irracional" coma un pleonasmo (todas as fes son irracionais porque o abandono da razón forma parte da súa esencia) para darlle máis énfasis. Nesto coincido, pois, con vostede. A vella dicotomía razón e fe sigue vixente, completamente irreconciliable, a pesar dos cristiáns progres (eso sí que pode ser un oxymoron) do Concilio Vaticano II de primeirísima hora.
Aviso: Elorza escribiu hai tempo artigos moi polémicos contra Gemma Martín Muñoz (arabista e, polo que sei, conselleira de Zapatero en asuntos de oriente medio) sobre a esencia bélica do islamismo (a famosa yihad). Estou máis cerca das teses de Elorza ca das de Martín Muñoz, pero que as súas polémicas, en calquera caso, son moi fructíferas e útiles. Agora que releo o meu mensaxe, utilicei Léase e puiden dar a intención de empregar un imperativo en segunda persona de cortesía. Non era a miña intención, senon unha terceira persoa, coma nas notas a pe de páxina. Por iso me sorprendeu o trato de vostede que empregou /empregache. Creo que podemos seguir tuteándonos.

Ana Bande dijo...

Estimado amigo anónimo,
Non hai problema algún co modo verbal nin coa persoa, e por suposto que o mellor é a segunda persoa. Vexo que coincidimos no fundamental, o debate sobre este tema paréceme obrigado. Pode ser bo incluso que este perverso sistema de obediencia cega aos principios máis deplorables do "liberalismo" (mira en qué se converteu esa fermosa palabra) máis dogmático nos faga volver os felices noventa. Zizek di (non sei se con ironia) que é bo que gañase Bush por segunda vez, pode que así quede moito máis claro o errático do camiño que están emprendendo as políticas mundiais. Ata pronto.

Anónimo dijo...

Hoxe o artigo de Tariq Ramadán en EL PAÍS, desde a óptica musulmana, ofrece algunhas esperanzas. Pero siguen coa teima da conciliación do corán coa razón e os dereitos humanos. Por qué non deixan o corán para os rezos ou para os alivios fronte á morte e se deciden polo outro? Hai que convir con Martin Amis que "enterramos a Dios e descubrimos que podemos vivir sen el". Efectivamente aquela palabra liberal, que hai que reivindicar, en qué mans está. Hai que recuperala. Saúdos.

Ana Bande dijo...

¿en mans de quen estamos? ahí che mando un exemplo, mira na páxina web seguinte o que entende Lady Bush por Alfabetización e flipa un rato:
http://www.globalliteracy.gov/spanish/, saúdos. Ana.

Anónimo dijo...

Eis o problema: que nos escandaliza esa pamema da familia cristiá e o conservadurismo patriarcal a todolos niveis e non nos escandaliza toda a represión sobre a muller, a sexualidade e o sentido da tribu (xerarquizada e dominada polo patriarca) do mundo musulmán. A esquerda ten que ser belixerante contra esta dúas ponlas da mesma abafante irracionalidade. Os defensores da fe por riba da razón moitas veces se apoian; outras debaten sobre quén a ten máis grande (son así de masculinas estas relixións); pero sempre se poñen de acordo para atacar a laicidade e a ausencia de Dios no mundo. Por eso temos que loitar no medio do campo de batalla (e perdón por esta imaxe, pero as cruzadas parecen voltar) contra as dúas forzas que se enfrentan.

Ana Bande dijo...

Tes un discurso moi...en fin, que me sinto identificada, non é doado atopar defensores do laicismo tan convencidos, cheguei a pensar que non existían...fora das poses snobs dalgúns intelectuais...Sí que levas razón, nos alporizamos hipócritamente coma os políticos, cando convén, pero a loita diaria, a precisa para acadar a felicidade, esa ímola adiando. Se nós, que non somon ninguén (e unha forma de dicir, claro) somos aborrecidos por estar simplemente a marxe da igrexa ¿que vai pasar cando a critican abertamente dende fóra?. A min ocórreme a diario esa especie de invasión eclesial no meu ámbito privado, pero teño que facer que non importa se non quero poñerme a mal co mundo, cousa que non quero. Por exemplo ¿qué tal che senta a ti que por c... (palabrota) teñas que ver unha misa tódolos domingos na TV pública? xa non pensemos nos períodos "sagrados" que son case todo o ano (Semana Santa, Nadal, Santos Múltiples)...Estes pasados días ata un cura de non sei que pobo (no quero lembrar para non collerlle xenreira) puxo uns altofalantes para que a súa misa a teña que oir todo dios (non é pecado con minúscula ¿non?)...ahhhh, pero que non nos poñan unha mezquita a menos de cinco mil metros....e tantas, e tantas...y e que non compensa, as xentes de ben, é dicir, todos menos (===) prefiren comungar coa tradición (nunca mellor dito) e deixarse de complicacións. Boa fin de semana.