jueves, agosto 07, 2008

A pregunta do día...7 de agosto de 2008

A fuxida masiva neste tempo de ocio tanto dos amigos virtuais coma analóxicos, deixa moito tempo para ler xornais e ata ver televisión co conseguinte desgaste neuronal que produce a procura de respostas a tantísimas e cansinas cuestións que se lle veñen a unha á cabeza para tratar de entender algo. Se hai alguén aí fóra e quere botar unha man, propóñovos na nova sección do bló A pregunta do día un minuto de reflexión crítica sobre temas moito máis simples que a crise económica, a teoría de cordas ou angazo das feiras gastronómicas (unha amiga confirmoume o outro día que viña de coñecer "a feira do viño da casa"). Estas cuestións, malia todolos ensaios e debates que ocupan nas páxinas salmón e revistas especializadas, as teño claras. O que non dou entendido son cousas moito máis sinxelas, aparentemente, claro, porque a socorrida e postmoderna teoría dos memes xa nos explica o doado que é facer que unha idea (sic) unidade de información se espalle tan rápida e eficazmente coma un virus polas mentes dos máis listos, o que explica que sobre un determinado tema tododiós teña a mesma opinión. Por exemplo,

¿non vos preguntastes por qué no
atopamos en ningún medio de comunicación un artigo favorable á política de Chávez?

É moito máis doado atopar artigos críticos coa política de Chávez en Venezuela que un artigo favorable a Chávez no noso país o que debería servir, cando menos, para facer calar un pouco aos nosos representantes, sobre todo se o son pola graza de deus e non pola que nos faga aos que temos que baixar o lixo a diario. Digo eu.

2 comentarios:

câosemdono dijo...

Propoño a seguinte resposta: é cuestión de roles.

A Chávez non se lle asignou aínda polos mass media (é dicir, polos que os comandan) o rol de monstro comenenos e sacauntos do capitalismo, ó xeito de Salvador Allende ou mesmo Fidel Castro. Nen sequera de estadista gamberroide, como o coreano ese do tupé inverosimil. Nen llo permite o feito de carecer de arsenal nuclear nen polo volume da parte do negocio dos hidrocarburos que controla. Non. Chávez semella que está nunha fase previa na evoluçâo dos primates estadistas, que é a que corresponde a un individuo narcisista e egocéntrico, excéntrico, demagogo e pinturesco, pero se cadra non excesivamente perigoso. Polo tanto dél cómpre falar con esa mestura de desconfianza, desprezo e condescendencia coa que o amo trata ó advenedizo ou o diplomático profesional ó estadista diletante, en plan "a ver con qué nos sae este cheíñas agora". Alomenos ata que se lle dea por pór ó galope o cabalo das nacionalizacións a esgalla, que aínda seica deben estar en niveis soportables para os émulos do respetable nobel Kissinger: daquela, os órganos certificadores da excelencia democrática xa se encargarán de sinalar o pecado e xa que logo a penitencia. Cando así sexa, os marines, directamente ou mediante algunha das súas franquicias, barrerán de dous misilazos á súa guardia pretoriana composta por boliburgueses corruptos e habitantes das favelas sacados da desesperación a golpe de divisas do petróleo...

[Mentras ceibo este rollazo cheo de topicazos e teorías especulativas sen confirmar sobre cousas que ignoro, pregúntome se alguén, algún día, acó ou aló, lembrará pagar as indemnizacións ós granxeiros galegos expropiados, moitos deles velliños en situación máis que precaria].

Bicos, apertas et lambetadas!

Ana Bande dijo...

Ei canciño...! Canto tempo gizautseeyou...Vexo que estás en forma, sempre coa escopeta cagada (sic)...ja...ja...mágoa que nos XXOO non exista aínda a especialidade de eruPdición sincronizada, ahí si que me pillaban a min...

Para introducir un elemento de humor no debate logo da túa profunda análise podemos botar un ollo a Vicenç Navarro, que sempre fai unhas reflexións moi atinadas.
La demonización de Chávez en España (aquí: http://www.vnavarro.org/wp/?p=468)
De paso, que alguén me volva lembrar como meter ligazóns nos comentarios please, RR.