miércoles, agosto 20, 2008

Pregunta do día...¡Xa abonda de DJCh!

¿por que temos que estar ao día do réxime alimenticio, os caretos de eterna mala hostia, as cartas que escribe, os recibos da hipoteca e a vida sentimental dun puto terrorista que asasinou a vintecinco persoas? ¿como é posible que lle dean tanto espazo nos xornais cando unha esquela de 10 x 9 cm. custa nun só día 1949 euros? Claro, que se morres dun tiro no bandullo a mans deste novo superheroe DilleiChaos saes de balde e pode que na primeira páxina. Ou non, se és muller e se considera "outro xénero de violencia". Menudo periodismo que temos.

3 comentarios:

Sigrid dijo...

Despois de ver os penosos espectáculos dos programas da tarde despois da traxedia de Barajas non podo estar máis de acordo contigo.

toxomar dijo...

o morbo vende.
entrar nese xogo é perigoso, pero así imos e así somos.
os medios escollen da realidade a parte que lles convén, con esa parte tecen perspectivas e vieiros polos que canalizar as opinións e logo, cando o ruxe ruxe é unha gran bóla que nos envolve a todos, actúan por asfixia, presionando onde cren que pode ser interesante incidir. ou iso é a sensación que eu teño.
tamén estou farta de enterarme de xeito reiterativo de determinadas "noticias". en fin....

Ana Bande dijo...

sigrid,
O de Baraxas é terrible, pero, esperado. As burbullas, sexan inmobiliarias, financeiras ou regulamantarias, estouran todas, máis tarde ou máis cedo. Esta é a consecuencia dun xeito de organización totalmente protocolizado cunhs procedementos perfectos e revisados e cun control de calidade axustado a tódalas normas internacionais máis seguras e fiables. Si, claro. Eu sempre me sentín moi segura con este sistema dirixido por executivos Hight Tech que non saben para que serve un parafuso. Burbullas....

toxomar,
Non se pode explicar este macabro xogo dun xeito máis poético.