martes, agosto 26, 2008

Yo serví al rey de Inglaterra, Jiri Menzel
















Antigo cine París na Coruña
Non perdades esta película. É unha adaptación do relato de Bohumil Hrabal, xa sabedes, o de "Unha soidade demasiado ruidosa", o libro máis fermoso do mundo. Ademáis se estades en Vigo hai que darlle pulo aos cines Norte, son os únicos sobrevivintes dende a aparición das franquicias dos centros comerciais cunha programación a xogo coa tapicería. Case sempre que imos aos Norte, estamos sós A. mais eu, e sempre intuimos a inminencia da súa inexorable acta de defunción, unha labazada para lembrarnos o camiño do consumismo tan puro e tan duro do que gostamos liscar. Pero pode que teñamos sorte e a próxima vez que queramos ir ao cine nos atopemos cun magnífico pull and bear, coma nese outrora Cine París da Coruña no que tiveron a delicadeza de conservar o nome.

12 comentarios:

toxomar dijo...

eu tamén adoitaba ir a eses cines. alí emocioneime coa versión galega da lingua das bolboretas, por exemplo. polo de agora os cines remataron para min. non é que aquí non haxa, que os hai, pero coa pequerrecha é misión case imposible. o que si fago é ler, aos poucos e case coma unha lectora fuxidía na procura do acougo, teño pendente a lectura de "eu servín ao rei de inglaterra" e compartir contigo do gusto arrepiante pola soidade demasiado ruidosa, agardo, nesta nova entrega, poder descubrir novos motivos para transformarme aínda máis adita a lectura.
unha aperta

tío Pepin dijo...

A ver, querida Ana, unha aclaración. A película de Menzel é unha adaptación da novela de Hrabal que leva o mesmo título e que acaba de ser traducida ó galego (aínda non a lin na nosa lingua). Nada ten que ver con 'Unha soidade demasiado ruidosa', da que tamén existe versión fílmica que nunca chegou a estrearse aquí.
Menzel levou á pantalla varias das obras hrabalianas, a máis sonada fora 'Trenes rigurosamente vigilados'. Eu son un absoluto namorado de 'Tijeretazos', baseada nos textos máis autobiográficos do escritor ('Personajes en un paisaje de infancia' en español ou 'La chevelure sacrifiée' en francés, non sei ben por que).
Creo que a quen lle guste Bohumil pode atopar satisfactoria e poética información na biografía que del realizou Mónica Zgustová, a traductora da meirande parte das súas obras ó español e ó catalán, titulado 'Los frutos amargos del jardín de las delicias'.
E xa por último, unha curiosidade. A versión en galego de 'Unha soidade demasiado ruidosa' difire da española no seu final, son distintos. No fondo resulta incluso de agradecer. A ver se tamén atopo sorpresas coa lectura do servidor do rei inglés.

Desculpa a extensión.

Ana Bande dijo...

Toxomar,
Non sabía que tiñas unha toxiña, pois aproveita princesa que o que é fuxidío e ese tempo da infancia dos fillos que non deixan de crecer sen permiso.

Querido tío Pepín,
Moito lle agradezo a información pero non entendo a súa advertencia. "Unha soidade demasiado ruidosa" claro que non ten que ver con estoutro relato, que por certo, aínda non lin. Os trens rigurosamente vixiados son unha delicia, tanto na prosa de Hrabal como na adaptación cinematográfica do Menzel. E impresionande a capacidade de atopar situacións de humor neses momentos tan dramáticos que tivo que vivir Hrabala. Deixarei pasar un tempo antes de ler o resto da súa obra, xa sabe, como a comida, o máis rico para o final. Moitísimas grazas pola información deste meu deus literario e bico jordo.
[grazas a RR por presentarme a B.H. xa hai un tempiño]

tío Pepin dijo...

Mea culpa.
Sinto ter feito o comentario. Obviamente, tratouse dunha mala lectura do seu post.

Ana Bande dijo...

Tío Pepín,
Non oh, de culpa nada, só faltaría logo do magnífico comentario co que me agasallou. As recomendacións literarias desa calidade agochan sempre persoas xenerosísimas, pase e tome o que queira. Vémonos.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Paseino ben, pero regulín. Non acaba de gustarme completamente. A mistura de xéneros e formas de narración non me pareceu convincente: hai momentos excelentes e outros prescindibles. Haberá que ler o libro, por ver se mellora a cousa.

Zerovacas dijo...

Os Norte van sendo dos derradeiros das súa especie en Galicia. Eu tamén fun vendo como ía quedando só nas proxeccións dos Compostela (que tanto boto de menos). Espero que haxa máis sorte

E gracias polas recomendacions

Raquel López dijo...

Espléndida peli. La vi en Santander este verano. Hermosa manera de contar a través de la vida privada, la época tan azarosa de un país. El humor no está reñido con la gravedad de la Historia.

Sigrid dijo...

Outra coincidencia dona Ana. A teño preparada para ver en canto chegue hoxe a casa...No cine París de Lacoru vin eu moitas ,moitísimas pelis naquel tubiño que tiña por sala. Recordo o empacho de Palotes e maíz tostado despóis de ver "A guerra das galaxias" e flipar coas andanzas de Luke Skywalker e Han Solo...qué tempos. Un bico enorme

Ana Bande dijo...

Arume
Grazas á lembranza do tíopepín axiña teremos toda a obra de Hrabal da biblio, espero. Si, a peli ten momentos prescindibles, e tamén é complicado o xeito de contar, pero é que non é doado liberarse do mareo que produce a velocidade e o ritmo frenético á que nos empurra o cine de hoxe xa por non falar da tv. Mais aínda con todo recoñécese o personalísimo xeito de contar de Hrabal malia a mediación de Menzel. E logo a historia paréceme simplemente perfecta e actual. Unha persoa que se empeña en vivir segundo o manual de instruccións e que non acada nunca o seu propósito. Ditié quere facerse rico, e o consigue, mais os ricos non queren compartir un espazo con él nin na cadea. Cando por fin consigue "ser rico" ven o comunismo e lle menten tantos anos de cárcere como millóns ten na súa conta...só na idade adulta Ditié consigue "¿ser feliz?"...aí está Hrabal, ata físicamente é casi identico. Gustoume ese sonriso eterno do personaxe maduro vendo a vida a traverso do cristal, agora non tan deformante da xerra de cervexa. Por certo, A. apuntou un acertadísimo parecido das imaxes deformes que Ditié gostaba de ver por esas xerras coas obra do grande pintor expresionista Grosz. Sacto.
Zerovacas,
Xa que non podemos recuperar vellos cines travestidos en pulsandbirs fagamos o posible porque non desaparezas os escasos sobrevivintes da especie.
Raquel,
Benvida de novo, bico jordo.
Princesiña Sigrid,
¿como que que tempos? Pero si aínda están con Starguords en tódolos cines...eso sí, as palomitas vomitivas dende que lles puxeron cores. ¡muac!

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Xa lle botei un vistazo á traducción galega. Ten moi boa pinta e xa puiden ver que a narración, sen puntos e aparte, ten unha estructura completamente desbordante, como sen folgos. Ese modo de narrar gústame. E dame a impresión de que a traslación cinematográfica é máis ordenadiña. Non comentei, ademáis, que ese toque de cine cómico americano (con toques Tati) non creo que sexa o mellor: o actor acaba sendo un pouco cargante (ou moito, segundo as esceas). Por iso quero ler o libro: cando teña un pouco de tempo, métome con el.

Lula Fortune dijo...

E tanto que estás soa, ata medo sentín eu máis dunha vez, de que se lle fora a cachola ao que recolle as entradas na porta e entrara cun coitelo. Uf!
A peli gustoume, un pouco Amelie ¿non?, pero máis dura nalguhnas partes.
Bicos cinéfilos.