miércoles, diciembre 03, 2008

La verdad de el caso Savolta, Eduardo Mendoza.

As nosas lecturas tampouco se sustraen á normalización empobrecedora que obriga a ler o mesmo libro a toda unha xeneración durante ¿cantos anos? Non nos preguntemos pola orixe misteriosa desta práctica pedagóxica que seguramente é un máis dos retorcidos productos das ociosas intelligentsias educativas que se multiplicaron logo dun pedagogo-boom dos anos 80. Podíamos atopar motivos tan prosaicos como contratos de edición ad personan, o que ademais convertiría o caso Savolta nunha revirada metáfora que confirmaría de paso, o valor de uso da literatura.

En fin, que eu opino que, lecturas obrigatorias volve ser un oxímoron intragable que habería que desbotar se o que se pretende e que os rapaces se acheguen ao marabilloso mundo da escrita. E se hai que facer que se lea a toda costa pois que haxa maior variedade.

E esta é a historia de como cheguei a esta lectura obrigatoria, que, todo hai que dicilo, merece un lugar de honra nos andeis da biblioteca ideal. Logo do máis de trinta anos da súa publicación confirmase o valor literario do caso Savolta, sobre todo no que á súa estructura narrativa se refire. A dificultade que supón a fragmentación, na primeira parte, deliberadamente excesiva do relato, obriga ao lector a participar moi activamente na reconstrucción dos feitos. O que non deixa de ser un recurso moi orixinal, aínda que non sei se premeditado por Mendoza, no caso dunha novela policíaca na que a intriga é o fío, a trabazón da historia, de principio a fin. Ese narrador en terceira persoa que o sabe todo e o que fala en primeira persoa manteñen unha dura competición con voces que chegan sempre doutros lugares e tempos. Comeza polo final e logo de case catrocentas páxinas precisamos as conclusións do inspector Vázquez para confirmar as nosas sospeitas. Unha gloria para os enamorados do xénero policíaco, dos que non pensaba eu que formaba parte. A novela é un monumento literario a Barcelona, e por monumento non me refiro a sólidas construccións que perpetúan as glorias de algo. Non, teríamos que falar de antimonumento, porque Claudedeu, Lepprince, María del Coral, Serramadriles, la Doloretas, Javier Miranda, Nemesio Díaz Cabrera, Savolta, Max e Parajito de Soto, son antiheroes. Son a cara cutre dos recoñecibles empresarios avarentos, executivos fachendosos, oficinistas murchos -¡peralejos esperta!-idealistas miserentos...tiveron nome e apelido naquel 1917 no que medrou a mediocridade que agroma neses períodos nos que unha crisis do sistema permite xuntar o lixo e mudalo nunha burbulla de riqueza que estoupará en canto o antibiótico do capital volva circular lixeiro. Tiveron nome tamén naquela transición onde o libro estivo condenado porque só lle faltaba eso, poñer os nomes. E teñen nome hoxendía, pero xa non importa porque agora están de moda os malandrines e os que viven do conto. Non fan piruetas en cabarets de mala morte (¿ou si?) nin se acompañan dunha parella de forzudos cutres que non poden agochar a súa miseria (¿ou si?) ero casi. Multitudes de voces, rexistros, matices, personaxes, fan desta "colmena" un libro imprescindible para estas noitiñas tan frías e húmidas. Máis información:Eduardo Mendoza,El caso Savolta 30 años después,wikipedia, Blogs de lengua y literatura

5 comentarios:

O primo de Gurb (EC) dijo...

Postazo. Xa llo dixen, pero eu recoméndolle deste home "La ciudad de los prodigios", toda a serie do toliño do que non lembro o nome pero moi especialmente "El misterio de la cripta embrujada" e a última, esa do "tocador de señoras" e, por suposto e en primeiro lugar, para ler dunha sentada tendo conta de non afogar con tanta gargallada, a aparentemente marcesible "Sin noticias de Gurb".

Qué postazo lle saiu, si.

la rata bastarda dijo...

HOOOOOOOOOOOOOLLLLLLLLLLLAAAAAAAAAAA!!!!!!
Tienes razon Anita,leer los libros obligatorios en el instituto eran un autentico coñazo,sobre todo si lo que se pretendia era fomentarnos el amor por la lectura...nunca olvidare los dos libros mas horrorosos que tuve que leer en C.O.U : la cruz de San Andres....y Tiempo de Silencio(que por cierto no pase de la primera pagina)
Por que no nos pondrian a Paul Auster como lectura obligada,por ejemplo??
Biquiños de retorno. ;)

Penelope Glamour dijo...

Pois o outro día díxome unha nena: "Mira que ter que chegar ata 2º de Bac para que che guste unha lectura" e falaba de Savolta, do Romancero Gitano...

É certo que na lectura non se debe conxugar o verbo "obligar" pero si non o fas, de todos eses adolescentes hormonados e acnéicos ¿quen leería?. O problema está nesa peste de literatura xuvenil que nos fan tragar os pedagogos. É unha literatura fácilona, que ten todas as respostas, é dicir, previsible,aburrida, correcta e con valores tan manoseados que non fan ningún efecto.

Este ano salteime á torera todas as normas e empecei por Cortázar. Berraron, babearon, insultárono, dixeron que estaba tolo e eu tamén. Pero non paran de falar del, de preguntar quén tomou a casa, quén é axolotl, qué lle pasou finalmente aos Cronopios... non entenden cal é a "moraleja" porque non a ten, e eso os descoloca.
Ás veces non se poden dar todas as respostas. Ás veces hai que "obligar" a leer, todo depende do camiño que abras diante deles.

Moitos bicos, tema interesante onde os haia, señora Bande. Seguiremos falando.

Ana Bande dijo...

Gurb, EC, RR, alias runrún,
Recomende, recomende que xa total ¿que mais da deitarse as 4 que ás 5 da mañá?. Agora estoulleo comendo dos frutos amargos do xardín das delicias disfrutanto do latricar do tio Pepín e perdéndome por esa Praga cuxo alento deixou atrapado para sempre o grandísimo Bohumil. Unha ledicia de libro este da Zgustova.

ratiña!
uf! coidado co que dis que hai moito antiauster por aquí, di que non, escribe vicio, e co guapísimo que é...mmmm....de vértigo. Vou con ese home na escuridade un pouco desconfiada logo do chasco do Martin Frost.

Lu,
Ai estamos. A literatura infantil, outra burbulla como a novela histórica. A. pasou de moby dick aos premios merlín no mesmo ano, cando deixamos de procurarlle nós as lecturas. Calquera se pon agora con Otero Pedraio, xa non digamos con Cortázar [et. al.]. Claro que hai que ler, pero dende antes y máis libros, e comentalos, e integrar aos rapaces nas bibliotecas, e a biblioteca escolar no centro, eso si, antes teñen que saír os pedagogos, os psicólogos e outros animais de compañía dos centros de decisión educativa.

Ana Bande dijo...

Perdoa Penélope, sen querer chameite por outro nome ¿en que estaría eu a pensar?