martes, febrero 03, 2009

Volubilidade

Non quero coñecer a Vila-Matas. Como tampouco a Vargas Llosa. Como ogallá non me tivera tropezado on Benet. O meigallo da súa escrita pode esvaecerse nun segundo. Teño unha cultivada tendencia a namorarme e adoito construir o meu obxecto de veneración empregando unha paleta de cores inexistentes que xeran magníficos retratos. Mais hai que saber que o teu modelo non existe e a beleza pola que perdes a razón só é un ready made que nun momento pode adobiarse outra vez con toda a súa vulgaridade. Mais mentras dura o feitizo e a paixón remexe o teu corpo, esquécete do autor e disfruta da súa obra. Transfórmate en vocal, sílaba ou advervio e déixate tinguir polo negro de fume para mergullarte no aquelarre do parágrafo. Con V.M. adoito pasear por cemiterios espectrais e rúas de cidades que poboaron outros misteriosos debuxantes. Ás veces amólame a súa volubilidade, gustaríame quedar máis tempo escoitando a Van Morrison ou as miñas propias pegadas nun decorado de cartón-pedra que fai de Nova Iorque. Das viaxes cara verbas malditas regresei cun libro de Alejandro Sawa. Dende Pitol ou Borges chegamos a textos rebeldes que permaneceron agochados demasiado tempo, ata case morrer dúas, tres veces. É gracioso V.M. A súa coquetería é deliciosamente voluble. Perdónolle por veces ese postureo impostado que disimula tan mal. Aprecio o seu pragmatismo. Non agardaba esa habilidade súa de atopar a cara máis útil dun mal momento. Estou a lembrar o seu golpe de gracia á propia autoría cando se autoplaxia na rede....

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero a quen si lle gustaría coñecer, e mesmo convidalo a cear, é a Galeano. EStou no certo? ;).

Ana Bande dijo...

Se non fose porque non o coñezo persoalmente (mágoa aquel proxecto de comida estragada) diría que está vostede ciumento amigo Apicultor...

Anónimo dijo...

Si, como o Perales... polo dos ciumes. ;).

Anónimo dijo...

O bó de Vila Matas é que da absolutamente igual que haxa cartón pedra, Matrix ou realidade, porque todo depende e é sempre relativo. A min o autoplaxio pareceme algo absolutamente xenial. Tanto como a literatura dos portátiles que VM glosa e que eu adoro.