Down by Law de Jarmusch. Imposible esquecer calquera escea. O trío Benigni, Lurie e Waits, atrapoume dende o comezo...¿como non entrar en trance nese percorrido pola Nova Orleáns en b/n baixo a melodía de Jockey full of Bourbon? ¿que me dis princesa? Tres tipos das marxes que coinciden na cadea. Jack, Zack e Roberto. Os tipos duros contra ese exemplar que hoxe quedaría atrapado baixo o omnívoro frikismo. Roberto Benigni, lembroume a aqueles que o apuntaban todo nunha libretiña que sacaban do peto, unha frase, un debuxo, un pensamento, dos que fuxíamos coma do demo. Velaquí esta miña homenaxe a todos eles. Querida L., non sei como Jarmusch non te chamou a tí para Laurette no canto da Ellen Barkin. En canto veñas polos estados do Sul conxugamos ese complicado scream que case provoca unha revolución. ¡¡¡bicazo e feliz aniversario!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Queridísima Ana, non sei como coñeces tan ben o meu devocionario cinematográfico....sí, non me importaría nada ter sido a Laurette de Down by law pero tampouco é moco de pavo a Wynona Ryder en Night on earth...taxista en L.A....guau. O que importa, de todolos xeitos, e seguir aquí dándolle ó aturuxo revolucionario máis forte que nunca....aínda que non pidamos ice cream. I love you
Subscribo o convite para a celebración de aniversario en terras do sul (Deus, parece que vivimos no Señor dos Aneis).
Onde estiven eu? Paréceme un soño atopar despois de anos alguén que simplemente saia quen é Jarmush...
levo mil anos para ver esa peli
igual mil non
mais en fin...
Publicar un comentario