miércoles, febrero 04, 2009

A ola


Tódolxs profesorxs van empregar este filme nas súas clases. Semella un material extraordinario para explicar o perigoso e doado da manipulación ideológica dun grupo. E un filme salientable non tanto pola súa calidade estética como pola oportunidade do seu contido. Logo da IIGM e dos totalitarismos o cine xa se ocupou abondo de procurar explicacións para achegarse á comprensión de fenómenos tan aterradores coma o holocausto. Sen dúbida hai material abondo para profundar no estudo de dictaduras, corrupcións, xenocidios e en definitiva o angazo da banalidade do mal que extermina e mata sen entender de culturas e/ou desenvolvemento. Desde este ángulo, a autocracia que se examina no filme, é un máis dos modelos dentro du panorama moi variado no que ideoloxías, crenzas, nacionalidades, riqueza só proporcionan matices a un cadro casi idéntico onde se poden recoñecer os mesmos elementos nos que a intransixencia, fruto da incultura máis degradante como da máis sublime das civilizacións, da pé a actuacións que levan sempre ao exterminio do outro. Así pois, semellan casi idénticos cazas de bruxas, autos de fe, inquisicións, holocaustos, o xenocidio armenio, o congoleño, o paraguayo e o actual exterminio que estamos a presenciar en Gaza. As explicacións do terror no pasado goza de moito máis interese que o estudo e análise e ata diría a sensibilización con fenómenos semellantes que ocorren hoxe mesmo. O filme é un material didáctico interesante, sen dúbida, e os docentes que o van destripar nas súas aulas decataránse, para ben, do enorme poder que teñen dende o seu papel de docentes e polo tanto de líderes. Neste punto paréceme máis interesante o debate, nesta toma de conciencia da importancia do seu papel na "dirección da obra".

8 comentarios:

El que tuvo retuvo (líquidos) dijo...

Vexo que continúa as "retencións" ;-)

arume dos piñeiros dijo...

Nós fronte aos outros: como me soa? A tribu, a pertenza a un grupo... En fin.

Ana Bande dijo...

A teima dos profesores tiña que ser unha exposición moi clara das falacias que levan ao pensamento pseudocientífico que dan soporte "aparentemente rigoroso" a actuacións que doadamente desembocan en desequilibrios sociais graves. Pero claro, implica esto un profesorado motivado, entendendo por motivación unha continua posta ao día en temas de coñecemento, non nesa estúpida teima dos plans de calidade que mudan as aulas en atraccións de feria. O filme tamén fala do doado que é, demasiado neste caso, manter a atención e o interese dos alumnos.

miriño dijo...

Isto....

Non iría vostede á sesión do luns nos multicines norte, non?

Ana Bande dijo...

Non, miriño, fun onte á sesión das 11:00 e só estivemos cinco persoas...¿era vostede o que facía ruidiños por tras miña?...ja...ja...

Ana Bande dijo...

a ver...miriño..e ¿por que non me coñeces no feibuk?

Raposo dijo...

Xa levo uns días coa idea de ir ver a peli os Norte. Desta semana non pasa.

arume dos piñeiros dijo...

Eu mireina desde outro lado. Con homenaxe incluido no meu blog.