jueves, mayo 14, 2009

¡follad, follad, malditas!

Con este fabuloso achado xa non podo aprazar máis este post eternamente adiado por unha morea de causas que tamén veñen a conto. Xa sabedes. O feisbú, que nos ten e nos entretén moito máis do que estamos dispostos a recoñecer. Un fenómeno do que aínda queda case todo por dicir e discutir. Novos conceptos que implicarán cambios cicais demasiado drásticos e a moi curto prazo que van mudar completamente o panorama. Novos conceptos, Identidade colectiva, redes sociais, sofware social, a teoría dos seis grao de separación? memes, douspuntocero, trespuntocero, web semántica, fenda dixital, etc. Estamos ollando directamente ao infinito, ao incomprensible, ao máximun do contradictorio: realidade virtual. Infinitas cuestións. Pero hoxe vin falar de sexo. Digamos que pacemos cómodamente nun deliberadísimo conformismo no que damos por boas as falacias máis absurdas. As mulleres temos que engulir páxinas de historia, literatura, arte, ciencia que falan da nosa absoluta incapacidade e o facemos seica con gusto, e vivimos o día a día disimulando ter tamén algún órgano que outro. Algunha acada que se lle recoñeza o cerebro e iso polo tema da cota, pero o do sexo seica é máis complexo, abofé que sí. Dende o poder sempre se botou man dos argumentos máis revirados para agochar a existencia do feminino e nestes tempos xa 3.0 o tema experimenta un grao de retroceso que me fai saltar á area aínda que só sexa como un exercicio de catarse que moi pouco ten que ber coa proposta polo estaxirita. Mais non abonda con cuspir sobre Hegel. Si, as mulleres temos uns organos sexuais deliciosamente desenvolvidos como amosan estas fermosísimas venus prehistóricas. Aínda se amosan nas aulas como símbolos da fecundidade e como tributos á natureza. Os falos non, os falos da Idade de Pedra xa nolos presentaron como órganos sexuais en plena procura da voluptuosidade. O home, comeza a distanciarse dos animais porque consciente da súa morte, comeza a fabricar utensilios e a fornicar por pracer. Pois a muller tamén. E esas venus esteatopíxicas (literalmente de culo gordo) son representacións dunha sexualidade feminina plenamente consciente. O virtual mundo feisbukeano co seu culto total á indivudualidade é un privilexiado observatorio do noso comportamento sexual. Os homes continúan a ser machos en competición pola femia, e nós seguimos agardando a chamada do "mellor dotado". A convivencia, ou mellor dito, a pervivencia do (ana)lóxico co dixital está amosando un estado da cuestión moi preocupante para a muller. De repende venme á cabeza unha Madame Bovary masturbándose con aquelas perigosas "novelas". Creo que F. tivo problemas para evitar a cadea por esto. Hoxe, as mulleres asomámonos á rede cos mesmos medos, seica temos que gardar as aparencias cos amigos virtuais, se cadra un cento de descoñecidxs que nos poden levar outra vez á fogueira. ¿e para eso tanto conto?. Pois digo eu, se temos que disimular un pouco máis, adiánte...ao titulo do post me remito!

16 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

ANA GRANDE.

Dra. Strangelove dijo...

éche a os..ia!!!

SurOeste dijo...

A min hoxe non me apetece, cariño, mañá, se lle cadra, é outro día. Vou acabar este ensaio e facerlle un comentario no feisbú, onde colguei unha foto do meu cerebro funcionando que está a causar sensación.

Ana Bande dijo...

a ver...a ver...segan apostando!!!

r.r. dijo...

(aplausos a rebentar)

Se vai volver así de precisa e inciso-contusa, feisbuquee o que lle pete.

Verificación de palabra: traci (¿mala/boa conciencia de cristián pornófilo vello?)

folerpa dijo...

Plas, pals, plas, plas!!!

De la Highway 61 dijo...

Esto do sexo é un tema interesantisimo (nunca verdade máis grande dixen).
Estas venus esteatopixias levan no seu nome a semente do despiste e da aparente contradición: unha venus é unha figura claramente erótica e sensual, mentres que o esteatopíxeo marca coa mesma claridade o aspecto máis apegado á fecundidade, a nai terra, por dicilo doutro xeito. Digo aparente contradición porque en realidade é o mesmo: a voluptuosidade e a fecundidade son o mesmo. A moza máis atractiva é a que logra transmitir aos mozos unha clara mensaxe: o meu ADN é acojonante. O mozo máis atractivo é o que lanza esa mesma mensaxe ás mozas. Podemos eliminar a fecundidade (anticonceptivos, masturbación, relacións entre persoas do mesmo sexo ou entre persoas non fecundas,...) pero a mensaxe seguirá aí. Por qué? Porque somos xenes (Richard Dawkins)e a supervivencia destes depende diso.
A moza e o mozo máis atractivos: altos, fortes (cada un ao seu xeito), proporcionados, pelo mesto, brillante e san, dentadura completa, dentes brillantes e brancos, pel sen manchas, sen marcas, atributos sexuais (cada quen os seus) claramente marcados.
Repito: ADN potente e en condicións. Despois pódese negociar un ADN algo menos potente a cambio doutras garantías para os xenes descendentes (Richard Dawkins outra vez), pero a mensaxe sigue sendo a mesma: son atractivo porque son fecundo e moi moi capaz de reproducirme con éxito (sempre Richard Dawkins).

legnaresa dijo...

Eu debo ter a mente deformada e totalmente atrofiada. Quen se fía dos sesudos-as arqueólogos-as? Desconfiade malditas, desconfiade. Está claro que este obxecto non é unha representación simbólica da fecundidade, etc... sabemos como os prehistóricos gostaron tanto do realismo como da abstración. Iquilicua! Eureca! Hostias!Joder, joder, joder....! Si lle dades a volta a imáxe (como debían de ter feito no seu momento os eruditos-as do carbono 14) veredes con claridade que se trata dunha reproducción exacta dun polo asado ou como moito dun pequeno can de grandes orellas que tapa os ollos cas súas patiñas. Tanta leria. O importante desta peza sería logo a descuberta de que aqueles homes e mulleres xa coñecían o polo asado de Coren o fin de semana e a mascota-can. E que sempre estades a pensar no mesmo.Tendes unha ensalada de feromonas aliñada con testosterona que non vos lambedes.Bo fin de semana a todas-os.

cãosemdono dijo...

De qué cona falo cando falo do falo?

Carlos Bandeira dijo...

Telegrama a altas horas da madrugada despois de viño branco, licor café, gin tonic e tabaco a esgalla:

No Facebook, así como en tantas outras cousas da vida virtual (e mesmo real), o que predomina é a Lei de Rendementos Decrecentes, que tan ben ensinaba outrora don Antonio Eiras Roel.

Dixen.

Ana Bande dijo...

Arume,
filo(gogó), glande, glande vostede.

Dra. Strangelove...
¡ese pedidooooooo!

SurOeste,
Non o dubido, é vostede un celebro hight Tech, homenon...un S.U.C., que diría rurú a pleno rendemento, falaremos...

R.R.,
Co permiso do meu amado seguirei esculcanco nas procelosas augas do feis na procura dese peyote dixital que nos enlea...

folerpa,
onomatopéico amigo...e ¿vostede non ten un perfil feis co que lle gustas as historias?

De la Highway 61,
Máis que genes sómoslle xa un pouco "memes", haberá que revisar esas teorías, pouca vida lle auguro ao ritual puramente reproductivo. Interesante cuestión, haberá que seguir falando disto.

legnaresa,
Desmitificador incansable, nada de mente revirada, o seu é puro racionalismo, leva máis razón que un santo, e mire que os santos son da nosa devoción...

Canciño,
jajajaja...deixe de tomar o sol joé que se lle van fundir as neuronas e volte para a súa terriña. Bicazo ao lonxe!

Carlos Bandeira,
Non tives a sorte de asistir a esas clases maxistrais pero malia que leva máis razón que outro santo, tamén hai que ter en conta o concurso desa outra lei da competencia perfecta, o equilibrio que automáticamente reestablece o propio sistema. Mire que nos poñemos inciso-contusos, o rurú vainos matar a paus.

Lula Fortune dijo...

O que está claro é que poñendo a palabra máxica "follar, sexo etc" ten eiquí vostede máis comentarios que nos post dos últimos meses. Eureka! voume pasar o sexoblog.
Bicos chineses.

Anónimo dijo...

Qué decias da Lore?

Swan da Cuba dijo...

E non folledes mediante cópula frontal, que é como se namora unha. Calquera cousa, menos de frente

Anónimo dijo...

A vida e breve e a vida sexual moito máis. Aproveitade vós as que a eirexa non vos puido castrar. E, efectivamente non de cópula frontal

Anónimo dijo...

A min tamén me gusta máis por detrás, en plan cabalo. Iiiiiiiiii!